Wiki Winx Club
Advertisement

7: O número perfecto é o episodio 14 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 92 en total. Estreouse o 14 de outubro do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na casa das Winx, onde Musa pensa en Jason Queen, e que Riven pertence ao seu pasado. Roxy está a pensar nos seus poderes e o seu futuro, e Bloom di que se afará.

Faragonda chama ás Winx, e ela di que teñen que facer que os humanos crean na maxia, e di a Bloom que ela gardará o Círculo Branco. Faragonda di a Roxy que estará tres anos en Alfea, pero Roxy non quere abandonar a Terra.

No ceo de Gardenia, un helicóptero grava as Winx voando, e moitos xornalistas fan preguntas ás Winx sobre as fadas. No bar Frutti Music, Brandon fala cunhas raparigas. Riven está triste porque rompeu con Musa, e Nabu di que ten que apoiala en todo, e non ter celos. Entón aparecen as Winx na televisión.

Bloom sente enerxía de Roxy no porto, e podería estar en perigo. As Winx chegan ao porto, e usan as ás Tracix para saber que pasou alí. Entón atopan a Roxy, e pide perdón por enfadarse con Faragonda. Un cachorro tigre di que secuestraron outros animais nun barco.

Roxy leva o cachorro tigre cos outros animais, e Bloom queda con Roxy. As Winx van cos Especialistas, e eles explican que as viron na televisión. Andy e a súa banda empezan a tocar. Roxy chega co seu cachorro tigre, e vai co seu pai, Klaus. Andy di a Musa que cante con el.

Riven chega, e Musa di a Riven que non poden seguir así. Entón aparece Jason Queen, e dá un sobre a Musa. Riven vaise. Klaus chega e di que o cachorro tigre non está, e as Winx transfórmanse. Coas ás Speedix, chegan até o barco onde os outros animais foron secuestrados.

No barco, uns homes teñen o tigre, e Roxy quere que solten ao tigre. Entón os homes lanzan unha rede ás Winx e lanzan un gas, e as Winx quedan inconsciente. Cando espertan, atópanse nunhas gaiolas. Roxy tenta facer unha conexión cos animais, e entón o tigre chega e rescata as Winx.

Os homes chegan, e as Winx usan os seus Believix para que liberen aos animais. As Winx están esgotadas, e vanse ás súas casas. E os Feiticeiros do Círculo Negro obsérvanas. Na casa das Winx, Musa abre o sobre e resulta que Jason Queen vai casar cunha moza, e quere que Musa cante na súa voda.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • O nome 7: O número perfecto referiuse ás Winx e Roxy, que agora son un equipo.

Galería[]

Advertisement