Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

A árbore da vida é o episodio 2 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 80 en total. Estreouse o 17 de abril do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Alfea, onde Faragonda e Palladium explican ás Winx máis informacións dos Feiticeiros do Círculo Negro, e que hai tempo a enerxía da Terra estaba nas mans das fadas, ata que chegaron os Feiticeiros e capturaron as fadas. A raíña das fadas da Terra, Morgana, tentou loitar contra os feiticeiros, pero foi derrotada, e todos os seres humanos deixaron de crer na maxia.

Faragonda di ás Winx que teñen que facer que os seres humanos volvan crer na maxia e os Feiticeiros do Círculo Negro serán derrotados. E teñen que facelo antes que os feiticeiros capturen a última fada da Terra. Bloom quere ir á Terra e atopala. Faragonda di as Winx que chegaron os Especialistas.

Os Especialistas van coas Winx, e preocúpanse coa súa loita contra os Feiticeiros do Círculo Negro. Bloom está preocupada porque pensa que Sky está en Eraklyon coas súas obrigacións de rei. Pero o propio Sky aparece, e Bloom está feliz.

Faragonda aparece e informa as Winx que teñen que comezar a súa misión. Os especialistas din adeus ás Winx, e van. Entón Faragonda di aos Especialistas que teñen que axudar as Winx, pero sen que elas saiban disto.

As Winx continúan a pensar nos Feiticeiros do Círculo Negro, e Tecna ensina que ela baixou os libros da biblioteca de Alfea. Entón, fala sobre a Árbore da Vida, e Flora explica que esta árbore ten a enerxía de todas as fadas, e tamén a enerxía da última fada da Terra.

As Winx van cara á aldea das Pixies, onde está a árbore, pero a aldea está deserta. As Winx atopan unha casa onde hai alguén, e son transformadas nun tamaño pequeno para entrar naquela casa. Axiña, elas ouven un barullo, e comezan a ter medo. Pero Stella di que todo está ben, e atopan que o barullo vén de Piff e está a durmir. Pero está a ter un pesadelo.

As Winx ouven outro barullo fóra da casa, e atopan un monstro. As Winx regresan ao seu tamaño normal, e loitan contra o monstro. Stella entretén o monstro e Bloom e Musa fan que fuxa. As Winx fan un campamento no bosque, mentres Piff soña que as Pixies son atacadas. Axiña, o monstro aparece de novo, e as Winx son transformadas.

As Winx continúan a loitar, mentres Layla protexe Piff. O monstro colle Stella, e as Winx tentan liberar a súa amiga. Pero o monstro engole Stella, e tenta atacar Flora. Entón Stella ataca o monstro de dentro, e dilles que as Pixies están con ela. Layla percebe algo con Piff.

As Winx fan unha converxencia, pero o monstro continúa a atacar. De súpeto, Layla quita algunha cousa de Piff, e o monstro desaparece e as Pixies e Stella son liberadas. Layla explica ás outras Winx que era unha bolboreta de pesadelos que creou un monstro polo pesadelo de Piff.

As Winx van coa Árbore da Vida, e a Pixie da aldea explica que cada folla da Árbore da Vida representa cada unha das fadas, e unha folla ten a enerxía da fada da Terra. Axiña, a árbore revela que a fada está en Gardenia.

As outras Winx pensan que é moita coincidencia, e as Pixies queren acompañar as Winx. Pero as Winx din ás Pixies que teñen que quedar, e cando terminen a misión volverán con outra fada. As Pixies queren saber cal será a Pixie que se ligará coa fada da Terra.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Última aparición de Palladium e WizGiz, ata a tempada 5.
  • Neste episodio é a primeira vez que Bloom é miniaturizada no modo Enchantix.
  • Esta é a última vez que as Winx levan as roupas das tempadas 1-3.
  • Cando Stella foi capturada polo monstro, a súa saia era toda rosa, cando os lados da saia foron feitos para ser laranxas.
  • Cando Flora estaba a lanzar un feitizo, unha parte da súa roupa Enchantix falta.

Galería[]

Advertisement