Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

A aldea das Pixies é o episodio 20 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 46 en total. Estreouse o 23 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Faragonda chamou ás Winx. Ela informa que Lord Darkar cada vez ten máis poder e ten tres do catro partes do Códice. No bosque, Palladium está con Avalon a buscar flores. Eles dous divídense, unha flor ataca a Avalon e cae ao chan, aínda que sen saber por que, el ri.

Faragonda explica que mandará ás Winx de vacacións ás Terras Salvaxes. No bosque, Palladium atopa Avalon no chan inconsciente, e quere avisar alguén. Faragonda di ás Winx que nas Terras Salvaxes a enerxía máxica se anula e elas non poderán usar maxia, pero para compensar os Especialistas acompañarán ás Winx.

Livy, a Pixie mensaxeira, recibe a alerta de Palladium. Cando chega, Palladium explica que Avalon foi envelenado, e Livy di que hai unha flor que pode servir de antídoto na aldea das Pixies, pero Palladium di que Lord Darkar podería velos. Palladium di que como que o Fénix está a ollar ás Winx, ten que ir rápido á aldea e volver con el.

Pero Lord Darkar está a ollar Livy e di que o do veleno está planeado. Lord Darkar chama a Icy para que siga a Livy ata a aldea e roube o Códice. E entón Icy vai cara á aldea cuns monstros de Lord Darkar.

Os Especialistas chegan a Alfea, e as Winx entran na nave. Layla sente que as outras non se dan conta dela. Tecna atópase con Timmy e Musa con Riven, pero os mozos non fan moito caso nelas. Livy continúa a ir cara á aldea, e Icy está a seguila con monstros. Palladium disponse a levar Avalon cara a Alfea.

Timmy di a Brandon que hai outra nave, pero é unha ave. Sky pregunta se Bloom está ben, pero ela enfádase. Livy continúa a voar, pero chócase cunha rama e cae ao chan. Icy e Lord Darkar veno, e Icy ten que axudar á Pixie a espertar porque teñen que saber onde está o Códice.

Na cidade das Terras Salvaxes, as mozas están a comprar, e Sky está preocupado porque Bloom contestou enfadada. Musa pregunta a Riven sobre o seu vestido, pero Riven non fai moito caso. Livy continúa a voar, e Lord Darkar di que por fin terá a última parte do Códice.

Na aldea das Pixies, todas as Pixies alégranse da súa chegada. Livy busca a flor do antídoto, pero aparece Icy. Nas Terras Salvaxes, teñen que coller un teleférico para subir ata a cima da montaña. Pero algo pasa á corda. Na aldea, Icy ataca ás Pixies, e quere o Códice. Na montaña, os Especialistas e as Winx empezan a esquiar.

Na aldea, Icy continúa a atacar as Pixies e conxela toda a aldea e as Pixies. Entón Icy di aos monstros que esnaquicen a aldea. Entón a Pixie que se encarga da aldea decide dar o Códice a Icy, pero Livy cólleo e foxe. Icy ponse a perseguir Livy.

Na montaña, Sky di a Riven que hai un oso, pero non é certo e Riven párase. Entón Riven di a Sky que diante hai unha árbore e Sky non llo cre, pero é verdade e chócase. Na aldea, Icy continúa a perseguir Livy e achégase. Sky e Riven continúan a competer para ver quen vai primeiro, e atópanse con Layla que chegou antes.

Livy e Icy chegan ata Grutas Profundas, e a princesa Amentia esixe respostas. Flora di aos outros que se fará de noite pronto. Brandon cre que Bloom se comporta dunha maneira estraña, e di que podería ser por Avalon. Livy di á princesa Amentia que Icy quere roubarlle o Códice, e Amentia di a Icy que saia da súa cidade.

Os Especialistas e as Winx están a baixar co teleférico, pero de súpeto párase. Timmy atopa que o cable está a piques de romperse. As Winx non se poden transformar nas Terras Salvaxes. Palladium tenta buscar un antídoto el mesmo porque Livy non volveu.

As Winx e os Especialistas empezan a pórse nerviosos, pero Bloom di que teñen que manter a calma e pensar xuntos. Icy empeza a loitar contra Amentia, e Palladium non atopa nada. Bloom di que todos se quiten os abrigos para facer unha corda. Icy continúa a loitar contra Amentia, pero aparecen Darcy e Stormy.

Amentia di aos gardas que ataquen as Trix. As Winx e os Especialistas fixeron un paracaídas, e xusto cando o teleférico se cae, elas saen voando. As Trix rouban o Códice, pero Amentia di que se vingará delas. Palladium logra curar Avalon.

O equipo cae no xeo, e entón Bloom recoñece que perdera a fe no equipo, e entón Bloom obtén un novo poder: o Charmix. As Trix traen a Lord Darkar o Códice, e o Fénix di que agora é máis forte que nunca.

Feitos importantes[]

  • As Winx teñen vacacións a partir deste episodio.
  • Lord Darkar envía unha misión para Icy para roubar a última parte do Códice.
  • Bloom recibe o seu Charmix.
  • Lord Darkar ten todas as catro partes do Códice.

Curiosidades[]

  • Excepto cando Darcy e Stormy axudan Icy, esta era a misión de Icy soa.

Galería[]

Advertisement