Wiki Winx Club

A biblioteca perdida é o episodio 7 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 137 en total. Estreouse o 17 de febreiro do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Stella está no seu cuarto ocupada, e está a proxectar as súas roupas mentres algúns insectos entran no seu cuarto. Ela grita e quere saír pola porta. Bloom, Musa, Tecna e Layla tamén están incomodadas cos insectos, pero descobren que pertencen a Flora. Flora chama unha orquídea para atraer os insectos de volta ás súas casas.

Roxy entra no cuarto e pídelles ás Winx que a axuden a transformar Griffin de volta á súa forma real humana. Flora dille a Roxy e ás Winx que veñan ao seu cuarto, onde ela lle dá a Griffin unha poción que fixo ela usando extraccións do sistema inmunolóxico das súas plantas. A poción parece que está a funcionar, pero falla e Flora suxírelle a Roxy que lle poderían pedir axuda ao profesor Palladium. Entón chega Griselda e dilles ás Winx que Faragonda as convocou para unha clase de Historia da Maxia.

Alí, Daphne e Faragonda infórmanlles ás Winx sobre o Legendarium, un libro que non pode destruírse e por iso o teñen que fechar para sempre. Entón Daphne infórmalles ás Winx sobre Eldora, unha fada madriña que era a gardiá da biblioteca de Alexandría, ata que foi perdida. Esta biblioteca está localizada en Exipto, na Terra. Daphne di que Eldora mantivo un diario, onde poden atoparse escritos tódolos segredos do Legendarium. Debido a isto, Daphne, Faragonda e as Winx pretenden ir á biblioteca perdida de Alexandría e empezan a planear unha viaxe de exploración á Terra.

En Torre de Nubes, as Trix descobren polos seus espías o que están a planear as Winx, e planean facer un ataque sorpresa. Selina quere seguir as Trix, pero elas ordénanlle a Selina que quede e use o Ollo Máxico de Griffin para que estea a vixialo todo. Selina abre o seu Legendarium e empeza a falar con Acheron, que está preso no libro, e ela dille que o liberará. En Alfea, Stella dálles ás outras Winx roupas novas, e colle un mini-ventilador pero que empeza a perder o control e as Winx dinlle que o desconecte. Entón veñen os Especialistas e os Paladinos. Roy e Nex aínda loitan pola atención de Layla, e para impresionala Roy dálle un agasallo a Layla.

Na súa viaxe na Terra as Winx serán acompañadas por tres alumnas de Alfea, chamadas Lori, Evie e Carol. Elas están prontas para acompañar as Winx mentres as Trix chegan e Darcy transforma estas alumnas en sapos. Entón, as Trix disfrázanse das tres raparigas e róubanlles a identidade.

Cando as Trix chegan, Tecna rífaas por chegaren tarde, e entón Stormy enfádase e tenta atacala, pero Icy calma a súa irmá para que non as descubran. As Winx, Daphne e as Trix (disfrazadas como Lori, Evie e Carol) están a piques de saír, cando aparecen as Pixies. As Winx despídense dos mozos, e teletranspórtanse a Alexandría.

En Exipto, na Terra, Daphne dálles máis información sobre a biblioteca. As Pixies descobren que agora os humanos as poden ver, e as Winx e todo o equipo continúan a procurar a biblioteca. As Winx empezan a cansarse, e propoñen transformarse. Pero Layla atopa catro globos de ar quente, e pensa que sería unha boa idea usalos para atoparen a biblioteca máis facilmente. Cando os globos engalan do chan, as Trix queren “divertirse” e Stormy crea unha tormenta de area, que pon en perigo os catro globos, que son atraídos cara ao centro deste fenómeno e que poden ser destruídos en calquera momento.

Bloom usa a súa maxia para salvar as Winx en dous globos. Pero Daphne, as Pixies e as Trix aínda quedaron na tormenta, e entón Cherie detén a tormenta cos seus poderes e os outros dous globos son tamén salvados, para decepción de Darcy que pensa que é ridículo.

Dando chegado ao destino, Flora usa a súa maxia para sentir as plantas e detecta unha cova subterránea. Alí, o equipo empeza a procura. Stella está cansada, pero Tecna di que ten que continuar. As Trix paran nun sitio, e contactan con Selina, que as está a observar. As Trix dinlle que lea algo do Legendarium e que esperte algún monstro lendario para atacar as Winx. Mentres tanto, Flora destrúe unha pedra grande e toda a xente entra.

Stella ten medo, e asústase. Só que daquela ela pon a súa man nunha parede, e de súpeto así descobre a entrada e as outras felicitan Stella. As Winx entran na biblioteca, e quedan atónitas da biblioteca. No centro desta atópase un xardín e palmeiras, e Daphne di que o Legendarium estaba entre as paredes da biblioteca, pero non saben onde teñen que procurar o diario de Eldora, porque a biblioteca é moi grande. As Winx empezan a procurar, pero hai moitos libros.

Mentres tanto, Selina esperta unhas momias e ordénalles atacaren a biblioteca. As momias empezan a atacar o equipo, e as Winx transfórmanse no Bloomix e Daphne no Sirenix. As Pixies axudan as Winx, e unha momia ataca as Trix pero Tecna ponas nunha gaiola para protexelas. Na gaiola, as Trix din que dende alí observarán toda a loita e póñense a rir, e deste xeito remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • Faragonda e Daphne infórmanlles ás Winx sobre o Legendarium e Eldora.
  • As Winx, Daphne e as Trix disfrazadas de tres estudantes de Alfea, Evie, Lori e Carol, viaxan a Exipto (a Terra) para atoparen o diario de Eldora, e chegan á biblioteca de Alexandría.
  • É a primeira vez que os humanos ven as Pixies na Terra.

Curiosidades[]

  • Esta é a segunda vez que as Trix se transforman en tres estudantes de Alfea, a primeira vez foi no episodio 8 da tempada 2 (Desfai-praceres). No entanto, esta vez non usan disfraces.
  • Este é o primeiro episodio no que Roy lle dá un agasallo a Layla.
  • Parece que Daphne e Faragonda coñecen o Legendarium pero non se explica por que saben que as Trix teñen este libro.
  • A botella da poción de Flora parécese á súa fórmula de crecemento rápido do episodio 12 da tempada 3 (As bágoas do salgueiro negro).
  • Esta é a primeira vez na tempada 6 onde tódalas Winx se transforman en fadas Bloomix.

Galería[]