Wiki Winx Club
(Pagină nouă: {{subst:Galego |nome = {{subst:PAGENAME}} |bgcolor = #808080 |tempada = 7 |episodio = 24 |número = 180 |italia = 2 de outubro do 2015 |eua = 27 de marzo do 2016 |italiano = La far...)
 
m (1 revisión)
(Sin diferencias)

Revisión del 00:43 23 nov 2016

A bolboreta dourada é o episodio 24 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 180 en total. Estreouse o 2 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza no Mini-Mundo Diamante, onde as Winx teñen que quitar a escuridade máxica e restaurar a luz. E as Trix tamén están no Mini-Mundo. Mentres tanto en Alfea, Faragonda e os profesores adestran as alumnas para a batalla, e Daphne di que chamou reforzos.

As Trix veñen, e as alumnas de Alfea lideradas por Roxy comezan a loitar contra as Trix e os seus animais máxicos. WizGiz transfórmase nun animal, pero é derrotado. As Trix están a gañar, pero unha nave de Fonte Vermella tamén vén axudarlles. Daphne saúda o seu marido Thoren.

Os Especialistas saltan da nave para loitar, e as Trix absorben enerxía de Brafilius para obteren máis forza, e parece que as Trix por agora son máis fortes. Mentres tanto, no Mini-Mundo Diamante, a luz do corazón de Alfea acaba, e Bloom di que irán pedir axuda á directora Mavila no pasado.

As Winx utilizan as súas Pedras das Lembranzas e viaxan ao pasado. No pasado, Mavila está a prepararse para lanzar un feitizo que borrará os recordos dos animais máxicos de Alfea, cando as Winx aparecen para falar con Mavila. Faragonda tamén chega.

Bloom presenta a Faragonda os animais máxicos das Winx, e Mavila di a Faragonda que acompañe as Winx ao Xardín Secreto, e as Winx van con Faragonda. No presente, os Especialistas están a loitar contra as Trix, e elas teñen máis poderes porque llos están a absorber a Brafilius.

As Trix atacan os Especialistas, e caen ao chan, pero antes Daphne sálvaos. Brafilius sen querer deixa caer a súa Pedra das Lembranzas, e di a Icy que esta pedra serve para viaxar ao pasado xunto coas outras pedras, que teñen as Winx. No pasado, Faragonda nova está a ensinarlles ás Winx o Xardín Secreto.

Stella di a Faragonda que non terá que dura cando for directora, e Bloom di que non ten que dicir nada a Faragonda do seu futuro e tenta facer que cale a boca, e enfádase. No Xardín Secreto, Stella continúa a falar demasiado. Faragonda continúa a ser infame no pasado.

Faragonda di que ninguén viu nunca a bolboreta dourada, pero pensa que está nun campo de flores de ouro. As Winx transfórmanse en Tynix para entrar no Mini-Mundo Flor. Neste Mini-Mundo, as Winx atópanse cuns animais moi alegres, e Flora decátase que a bolboreta dourada está durmida.

De súpeto aparecen as Trix, e as Winx sorpréndense porque están no pasado, e Brafilius mostra a súa Pedra das Lembranzas, e entón as Winx descobren que o can é Brafilius. As Trix atacan ás Winx cos seus poderes, e Bloom e Elas collen a bolboreta para estar segura. Pero Bloom e a bolboreta caen delas por un ataque de Icy, e termina o episodio.

Feitos importantes

  • Primeira aparición da bolboreta dourada.

Curiosidades

  • Esta é a última aparición da directora Mavila.
  • Esta é a última aparición da secuencia de transformación Tynix.
  • A bolboreta dourada, só ten ás. Falta o insecto.

Galería