Josep Maria Roca Peña (discusión | contribs.) m (Bot: Engado: it:Battaglia Finale) |
Josep Maria Roca Peña (discusión | contribs.) m (Bot: Engado: fr:La bataille finale, pl:Upadek czarownic, ru:Падение ведьм) |
||
Línea 73: | Línea 73: | ||
[[en:Winx Club - Episode 126]] |
[[en:Winx Club - Episode 126]] |
||
[[es:Winx Club - Episodio 126]] |
[[es:Winx Club - Episodio 126]] |
||
+ | [[fr:La bataille finale]] |
||
[[it:Battaglia Finale]] |
[[it:Battaglia Finale]] |
||
+ | [[pl:Upadek czarownic]] |
||
[[pt:A queda das bruxas]] |
[[pt:A queda das bruxas]] |
||
[[pt-br:A Queda das Bruxas]] |
[[pt-br:A Queda das Bruxas]] |
||
[[ro:Bătălia finală]] |
[[ro:Bătălia finală]] |
||
+ | [[ru:Падение ведьм]] |
Revisión del 23:01 18 sep 2019
A caída das bruxas é o episodio 26 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 26 en total. Estreouse o 26 de marzo do 2004 en Italia.
Argumento
O episodio comeza en Alfea, onde as fadas e os especialistas prepáranse para a batalla. Entón, o Exército da Escuridade coas Trix chegan a Alfea, e empezan a atacar. Faragonda e Griffin fan unha barreira para protexer Alfea do ataque, pero as Trix rómpena e continúan a atacar.
O ataque das fadas e os especialistas parece que é inútil contra as Trix, pero entón aparece Bloom e os seus poderes da Chama do Dragón. Sky tamén volve. As Trix non entenden o que pasa. Bloom ataca Icy, pero ela evita o ataque. Entón todas as Winx únense a Bloom, e comeza unha batalla entre as Trix e as Winx.
O Exército da Escuridade continúa a atacar, mentres Sky e Riven falan do que aconteceu na cidade de Magix. E Brandon axuda Sky e Riven no ataque. Mentres tanto, Bloom e Icy continúan a loitar no ceo de Magix, e as outras Trix loitan contra as outras Winx.
A batalla en Alfea está a ser cada vez máis intensa. As fadas, os especialistas e o tres directores están a loitar contra o Exército da Escuridade. Logo aparece Fonte Vermella destruído, e máis tarde a cidade de Magix. No ceo de Magix, Icy conxela Bloom. E Darcy e Stormy loitan contra as outras Winx.
Un tornado absorbe as Winx, pero as mozas logran que o tornado ataque Darcy e Stormy. Entón Faragonda e Griffin encerran Darcy e Stormy nunha bóla, co que desaparecen algúns monstros do Exército da Escuridade. No bosque de Magix, Bloom consegue liberarse do iceberg e ataca Icy, co que o resto de monstros tamén desaparecen.
Stella vai con Brandon, Tecna con Timmy e Musa con Riven. Entón sae unha luz no ceo, e sae Bloom con Icy inconsciente. Sky achégase a Bloom e os dous bícanse. Na cidade de Magix, todos os habitantes volven á vida. O sol volve saír en toda a dimensión máxica.
Griffin decide que ela e as súas alumnas bruxas teñen que volver a Torre de Nubes, aínda que será difícil que todas as cousas volvan á normalidade. Griffin tamén di que as Trix serán enviadas á prisión que hai no lago Rocha Luz. Knut quere dicir algo a Faragonda, e non se atreve pero logo dio: quere quedar en Alfea. Faragonda e Griffin aceptan.
As Winx din que haberá unha festa. Mirta dille a Lucy que quede con ela en Alfea, pero Lucy non quere. Flora vaise con Mirta. Griffin e Faragonda despídense, e Griffin vaise coas bruxas por un portal cara a Torre de Nubes. As Trix aparecen detidas para seren enviadas á prisión que hai no lago Rocha Luz. Stella di adeus, e entón Peppe vaise con Icy e deixa Kiko.
Pola noite, Faragonda anuncia que haberá unha festa para lembrar a súa vitoria. Logo di que cambiará o concepto de Fada Moderna, e agora esta transformación chamarase “Winx”. Na festa, todos están a celebrar a vitoria. Faragonda di a Saladino que beba unha cervexa, aínda que el non o fixo nunca.
Stella di que vai celebrar “Brandon e Stella”, e di que Brandon non é un príncipe pero a ela non lle importa. Flora di que volverán celebrar algo con Tecna e Timmy. Entón aparecen as ninfas de auga que deixan a escola. Bloom segue preocupada porque continúa a pensar no seu pasado e os seus pais biolóxicos, e Sky di que a apoiará en todo.
Feitos importantes
- Bloom e Sky chegan á batalla final.
- Bloom loita contra Icy.
- Stella, Flora, Tecna e Musa loitan cara a cara contra Darcy e Stormy.
- Stella, Flora, Tecna e Musa gañan Darcy e Stormy.
- Bloom gaña Icy.
- Bloom e Sky bícanse.
- A cidade de Magix é revivida.
- Griffin e as súas alumnas bruxas volven a Torre de Nubes.
- Saladino e os especialistas volven a Fonte Vermella e restaurarán a escola.
- Knut queda en Alfea como asistente.
- Mirta irá estudar en Alfea.
- Icy, Darcy e Stormy son enviadas ao lago Rocha Luz e Peppe vai con Icy.
- Esta é a última aparición de Peppe e das ninfas.
- Stella e Brandon comezan a ser unha parella.
- Bloom e Sky comezan a ser unha parella.
- Tecna e Timmy comezan a ser unha parella.
Curiosidades
- Neste episodio revélase que Kiko pasou a barreira máxica porque ten poderes, e que el é un animal que ten unha relación coa natureza, e é por iso polo que nunha escena aparece el a voar con Peppe.
- Este é o último episodio da tempada 1.