Wiki Winx Club
Advertisement

A caída de Magix é o episodio 19 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 19 en total. Estreouse o 10 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom e Stella entran na escola tristes pola perda dos poderes de Bloom. As outras Winx preguntan que lle pasou, e logo Griselda aparece e leva Bloom con Faragonda. Bloom explica á directora todo o que agora sabe do seu pasado, e Faragonda revela que xa o sabía. Bloom enfádase, e logo di que as Trix foron quen llo contaron e roubáronlle os seus poderes. Faragonda preocúpase.

En Torre de Nubes, aparecen as Trix a pesar de estar expulsadas. Griffin tenta detelas, pero as Trix atácana. Stormy lanza unha tormenta que fai caer ás outras bruxas, e Griffin déixaas ao chan e lanza unha burbulla ás Trix. Pero Darcy captura a burbulla e destrúea. Logo Icy conxela Griffin e di a ela e ás bruxas que agora as Trix están ao mando, e captura a Griffin e as profesoras paira envialas aos calabozos da escola.

As Trix fan que o Exército da Escuridade de Torre de Nubes se poña ás súas ordes. Mentres tanto, Faragonda contacta con Saladino para pór en alerta Fonte Vermella, e logo di que non pode contactar con Torre de Nubes. Na habitación das Winx, Bloom di que foi unha inútil porque non puido usar os seus poderes cando realmente precisaba deles.

En Fonte Vermella, Sky chama a Bloom, e Stella dille que non pode pórse. Riven óuveo, e vaise a Torre de Nubes con Darcy. Alí atopa que as Trix están no despacho de Griffin, e Riven sorpréndese. Entón el descobre que Darcy o hipnotizara, e esperta. Pero as Trix deixan Riven fóra de combate. As Trix prepáranse para conquistar Magix e fan aparecer o Exército da Escuridade.

En Alfea, as Winx ven que hai nubes negras no ceo, e empeza a chover con pingas negras que se transforman nuns monstros do Exército da Escuridade que entran na escola. O profesor Palladium evacúa a escola, pero as criaturas continúan a atacar. As Winx menos Bloom transfórmanse, e tamén as outras fadas. Pero de momento está a gañar o exército das Trix.

Uns monstros empezan a perseguir Bloom, e cando queda atrapada, Palladium lanza unha espada de luz e destrúeo, unha técnica que ensinará no segundo curso. WizGiz tamén ataca con transformacións. Faragonda di a Saladino que a situación está moi mal, e el di que en Fonte Vermella está igual e que se non fixeren algo, todo Magix caerá.

En Fonte Vermella, os Especialistas están a combater ao exército das Trix, pero os monstros gáñanlles en número por agora. Codatorta tamén destrúe algúns monstros. Un autobús voador con Diaspro aparece e axuda os Especialistas, e Diaspro di que viñeron buscar Sky. Ela dille que o seu deber é ir con ela e lánzalle unha corda, pero Sky corta a corda indicando que quedará. O autobús de Eraklyon vaise.

As Trix deciden facer unha pausa, para que todas as escolas se rendan a elas, e fai traer a todos os monstros do Exército da Escuridade outra vez a Torre de Nubes.

Feitos importantes

  • As Trix toman o control de Magix co seu Exército da Escuridade.
  • Riven entendeu que Darcy e as súas irmás o manipularon.
  • Sky rompe con Diaspro.

Curiosidades

  • Bloom explícalle toda a verdade a Faragonda, mais a directora xa o sabía todo.
  • Aínda que Bloom perdeu os seus poderes, é capaz de pasar a través da barreira máxica. Isto é explicado no episodio 25 (O desafío final).
  • Alfea e despois Fonte Vermella son atacados.
  • Primeira aparición da choiva negra, que ten capacidade de espertar as criaturas.

Galería

Advertisement