Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

A canción de Musa é o episodio 10 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 88 en total. Estreouse o 6 de maio do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na casa de Roxy, onde ela está preocupada polo que lle pasou co Círculo Branco e Nébula. Roxy non quere ser unha fada, e as Bloom e Flora din que sempre poderá contar con elas.

As Winx reúnense e pensan na súa loita contra os Feiticeiros do Círculo Negro, e que co poder Believix poden convencer á xente que a maxia existe. Tecna di que axudarán as persoas con problemas, e Bloom colócase o Círculo Branco como anel. Bloom converte un animal nun dobre dela para que coide da tenda.

Roxy atópase as Winx, e elas din que farán que a xente crea nas fadas. Roxy acompañaraas. Musa non pode ir porque ten unha audición con Jason Queen, e irá con Riven. Nunha tenda, Riven, Sky e Nabu queren comprar roupa con pedras preciosas, pero só aceptan diñeiro. Riven vaise á cita con Musa.

Dúas raparigas están a pelexarse por un vestido, e Tecna usa a súa maxia para que deixen de pelexarse. Cando se acougan, Tecna di que é unha fada, pero non a cren. Un home está a discutir con alguén por teléfono, e Stella fai que se relaxe. Stella di que é unha fada, pero o home vaise. E Gantlos está a ollalas.

Riven está con Musa, e ten celos de Jason. Os dous chegan ao edificio onde farán a audición, e aparece Jason. Riven ponse celoso. Mentres tanto, as Winx pensan que se equivocan en facer que os humanos crean na maxia, e Roxy di que teñen que establecer unha conexión co corazón da xente.

Tecna atopa unha emerxencia, e as Winx transfórmanse para axudar. As Winx usan as ás Zoomix de teletransporte, e van ata o lugar da emerxencia. Musa empeza a gravar unha canción, mentres as Winx entran nun incendio que hai nunha casa.

As Winx salvan unha familia, pero unha nena queda atrapada. Layla fai que a nena non teña medo, e devólvea cos seus pais. A familia baixa pola xanela. Na rúa, a nena di que foi maxia de fadas. As Winx descobren que non é un incendio normal, e entón aparecen os Feiticeiros do Círculo Negro. Resulta que eles causaron o incendio.

Bloom loita contra Ogron, mentres as outras Winx loitan contra Duman, Gantlos e Anagan. Entón Bloom atopa que hai unha persoa que pide axuda, e logran derrotar os Feiticeiros. Pero Bloom descobre que é o seu pai adoptivo, Mike, quen está atrapado. Bloom sálvao. Mentres tanto, Jason di que Musa o fixo moi ben, e Riven vaise enfadado.

Os humanos dan as grazas ás Winx, e empezan a crer na maxia e as fadas. Riven di que Musa podía facelo mellor, e Musa di que está farta porque el a critica sempre. Musa ponse triste, e Jason di que cre nela. Musa di que está mellor con Jason, porque se sente protexida.

As Winx chegan á súa casa, pero as mascotas esnaquizaron todo e ataron Kiko. As Winx limpan todo, e entón vén Musa chorando. Ela explica que rompeu con Riven, porque el estragou un día importante para ela. Musa di que agora está segura que todo terminou entre Riven e ela.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Esta é a terceira vez que Riven e Musa rompen a súa relación na serie, e esta vez é totalmente.
  • Kiko envólvese nun triángulo amoroso con Milly o coello e Ginger o can, que loitan para chamar a atención del.
  • Aínda que Musa non está coas Winx, ela aparece na secuencia de transformación.

Galería[]

Advertisement