Wiki Winx Club

A elección de Layla é o episodio 6 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 58 en total. Estreouse o 9 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Stella está preocupada polas outras Winx. Griselda aparece na porta e quere saber como están as Winx, e Stella transforma as Pixies nas Winx. Stella logra enganar Griselda.

As Winx non saben como romper o feitizo de Layla que a volveu cega. Musa ve que unha serea non foi afectada, e ela di que vén informar algo ás Winx.

Layla recoñece que é Tressa, e Layla di que Valtor a deixou cega. Tressa informa que Valtor destruíu o mundo submarino de Andros, as sereas foron transformadas e a súa nai, a raíña Ligea, está prisioneira.

As Winx transfórmanse cun feitizo de Layla para que poidan respirar baixa a auga. As Winx se mergullan na auga. En Alfea, Nova entra con Stella e informa que Stella non terá o título de raíña e terao Quimera.

En Solaria, Cassandra está a falar e o rei Radius non fala nada, e un home di a Cassandra que a verdadeira filla do rei é Stella e é princesa por nacemento, pero Cassandra di que se vaia. O rei Radius afirma o que di Cassandra cun feitizo.

Tressa informa que a cidade está baleira polo ataque, e entón as sereas transformadas veñen atacar as Winx. Stella quere ir a Solaria, e transforma as Pixies nas Winx e Piff nela mesma. Pero Piff escápase.

As Winx continúan a ser perseguidas polas sereas transformadas, mentres que as Winx buscan a Piff. Griselda atopouna antes, e dáse conta que as Winx non están e Stella e as Pixies enganárona.

As Winx continúan a nadar, e Flora e Tecna atopan un coral que está vivo. Entón o coral persegue as Winx, e as Winx entran nunha cova. Pero resulta ser a gorida dun monstro.

Alí Tressa atopa a coroa da raíña Ligea, e resulta que a raíña está nesa gorida. Pero o monstro esperta e sae a atacar ás Winx, e captura Layla. As Winx van buscar Layla, e atopan a raíña Ligea.

Tressa queda coa súa nai, mentres as Winx buscan Layla. Tressa logra liberar a súa nai, dálle a coroa e vólvese coas outras Winx mentres a súa nai sae da cova.

Lasya está a ser atacada polo monstro, cando Tressa vén e libera Layla do monstro. Entón as Winx e Tressa reúnense con Ligea, e a raíña Ligea di que o seu cetro pode devolver a súa vista xunto a un raio de sol.

O monstro volve, e as Winx logran que a cova se derrube atrapando o monstro. Pero o monstro escapa e captura a raíña Ligea, e férea. Entón teñen que subir á superficie para que o cetro a cure.

Bloom fai que todos suban á superficie, e usan o raio no cetro en Ligea. Pero só hai unha oportunidade, e Layla fixo que o raio fose usado en Ligea e non nela. Entón, polo sacrificio, Layla obtén o seu Enchantix.

Todas dan os parabéns a Layla porque ela conseguiu o Enchantix, a transformación final dunha fada, pero Layla di que aínda ten un problema: continúa a estar cega.

Feitos importantes[]

  • Stella recibe más noticias de Solaria.
  • As Winx coñecen a serea Tressa.
  • As Winx coñecen a raíña Ligea.
  • Grazas ao sacrificio de Layla para salvar a raíña Ligea, consegue o seu Enchantix.

Curiosidades[]

  • Este episodio introduce Ligea, personaxe importante na tempada 5.

Galería[]