FANDOM


A estrela dos desexos
Tempada 8, episodio 14
Winx196
Información do episodio
Número de episodio total 196
Data do trinque (Italia) 29 de xullo do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano La stella dei desideri
Nome en inglés (EUA) The Wishing Star
Sucesión de episodios
anterior
A sombra de Valtor
seguinte
Unha nova misión
Lista de episodios

A estrela dos desexos é o episodio 14 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 196 en total. Estreouse o 29 de xullo do 2019 en Italia.

Argumento Editar

As Winx fan un novo concerto en Alfea, ao que asisten parte das estudantes e o corpo de profesores da escola. Bloom está un pouco nerviosa e dubidosa ao principio do espectáculo, xa que, observando entre o público, non consegue localizar o seu noivo, Sky. Entón Brandon e Riven infórmana que o mozo foi convocado polo seu pai, o rei Erendor, a volver ao seu planeta Eraklyon para cumprir coas súas tarefas de príncipe hereditario.

No palacio real de Eraklyon, Sky está a ter unha discusión co seu pai, afirmando que quere continuar a ser un Especialista de Fonte Vermella, a pesar das oposicións do rei, e Sky dille que ten que pensar no ben de todos, non exclusivamente no ben dos habitantes do seu propio reino. Escondida detrás dunha columna a escoitar a discusión está Diaspro, xa que ela está decidida a aproveitarse da situación da mellor maneira para recuperar o corazón do príncipe.

No seu cuarto, as Winx e Kiko tentan consolar Bloom cos seus problemas na relación con Sky. Os dous non teñen moito tempo para verse e estar xuntos, e ultimamente falan pouco. Flora opina que xeralmente os mozos son remisos na confianza, mentres que Musa lle conta que infelizmente, cando ela e Riven deixaron de falarse, a súa relación terminou. Tecna, en cambio, explícalle que non é unha cousa tan insólita para ela que Timmy non a chame ou non lle envíe mensaxes porque está demasiado ocupado traballando nos seus proxectos, pero non significa que el non continúe a pensar nela. Layla aconséllalle entón que desexe volver velo cando pasar unha estrela fugaz.

Despois de ir ao xardín para observar o ceo, Bloom expresa o desexo de volver ver Sky e enseguida, o mozo aparece. No entanto, el está un pouco nervioso e tenta esconder á súa noiva que está a recibir decenas e decenas de mensaxes de Diaspro, a pesar de que Bloom empeza a sospeitar. Tras volver á súa nave, Sky contacta con Diaspro, descubrindo da rapariga que o seu pai lles encargou recuperar o Medallón Perdido de Eraklyon, un dos obxectos máxicos máis poderosos do seu reino, e a parte peor é que terán que buscalo eles dous xuntos. Subindo á nave, Brandon pregúntase se o seu mellor amigo nunca conseguirá librarse dunha pesada que aínda non se rendeu a querer conquistar o corazón de Sky.

Icy pretende saber por que Valtor liberou ela e as súas irmás do limbo espazo-temporal, e o feiticeiro revélalle que precisa da súa axuda para conseguir capturar a Estrela dos Desexos, a gran estrela cometa que pode realizar o desexo máis grande de quen conseguir apoderarse dela. A Dimensión da Luz é o seu fogar, pero unha vez cada mil anos esta déixaa para atravesar todo o Universo Máxico e Icy sabe perfectamente que os poderes da estrela non teñen límites xa que están formados polo Sparx, a faísca máxica que creou o enteiro universo, comprendendo as estrelas, a maxia das fadas e a das bruxas, razón pola que as Trix son as únicas que lla poden levar.

Valtor conta que cando tentou capturar a estrela utilizando os seus poderes escuros, esta rexeitouno. Entón, Icy pregúntalle por que elas teñen que axudalo e xusto naquel instante, e Valtor revélalles que as maldixo coa súa propia marca: se non o axudaren, el enviaraas enseguida de novo ao limbo espazo-temporal no que as Winx as encarceraron, negándolles a liberdade. Entón as Trix aceptan o intercambio, a estrela a cambio da liberdade e grandes poderes.

Naquel preciso instante, a Estrela dos Desexos atravesa o ceo sobre as súas testas e Valtor manda enseguida ás Trix que a persigan. Darcy e Stormy conseguen distraer a criatura de luz permitindo a Icy encarcerala na súa gaiola de xeo. Sen máis opcións de fuga, a estrela vese obrigada a descompoñerse en sete Estrelas Primarias que se dispersan pola Dimensión Máxica e nun Cofre das Estrelas que serve para conter todo. O Cofre chega voluntariamente a Lumenia e tras atopalo, Twinkly lévallo enseguida á raíña Dorona. Recoñecendo o obxecto máxico, Dorona ordénalle a Twinkly que convoque urxentemente as Winx.

Despois de chegar ao castelo de Dorona, as Winx coñecen Argen, o irmán perdido de Dorona, que resulta ser Obscurum, o vello aliado de Valtor que agora volveu á beira dos bos. Dorona entrega ás Winx o Cofre das Estrelas, e dentro del é custodiada a esencia da Estrela dos Desexos. Cando as sete Estrelas Primarias foren repostas no cofre, a Estrela dos Desexos poderá volver vivir. Pero para atopar as estrelas, as Winx terán que atopar o Compás Astral custodiado dentro do cofre. Entón Bloom suxire recorrer á miniaturización, transformándose en fadas Enchantix. Pero no interior do cofre, as seis fadas atopan que teñen que combater contra as Trix.

Feitos importantes Editar

  • Neste episodio regresa a transformación Enchantix á serie, redeseñada para a oitava tempada.

Curiosidades Editar

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.