FANDOM


A festa do Sparx
Tempada 8, episodio 16
Winx198
Información do episodio
Número de episodio total 198
Data do trinque (Italia) 31 de xullo do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano La festa dello Sparx
Nome en inglés (EUA) The Sparx Festival
Sucesión de episodios
anterior
Unha nova misión
seguinte
O vestido da raíña
Lista de episodios

A festa do Sparx é o episodio 16 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 198 en total. Estreouse o 31 de xullo do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza con Bloom que está moi preocupada con Sky, xa que o mozo non lle contesta as súas mensaxes no teléfono móbil e non sabe absolutamente nada sobre onde se atopa o seu noivo neste momento, e debido ao seu mal humor, a moza arruína o pequeno espectáculo que fora preparado no cuarto das outras Winx.

Mentres tanto, en Alfea celebrarase a festa do Sparx, á que asistirán todas as alumnas da escola, a directora Griffin e as bruxas de Torre de Nubes. Á festa mesmo as Trix conseguen introducirse, disfrazadas grazas a un feitizo de Darcy para pareceren simples estudantes novas. Antes de interferiren nos plans das Winx, no entanto, as tres bruxas están totalmente determinadas a arruinar as exhibicións máxicas das estudantes de Alfea.

A directora Faragonda e a directora Griffin explican ás súas alumnas que cada elemento no universo ten o seu elemento oposto, como a luz e a sombra ou as fadas e as bruxas. Pero todas estas cousas están unidas por unha única cousa: o Sparx, a enerxía máxica que creou todo o universo. Para esta ocasión, as estudantes uniranse en grupos e exhibiranse diante de todos, formando parte da festa.

As Winx deciden organizar un concerto cando, diante dos seus ollos, aparece o Cofre das Estrelas. A primeira Estrela Primaria atópase precisamente en Alfea, nun cuarto oculto, escondido nas profundidades do pozo no que as Winx se atopan cara a cara cun portal, imposible de superar sen poderes máxicos. Seguindo a idea de Bloom, as Winx utilizarán entón unha maxia luminosa e potente, transformándose en fadas Cosmix.

Nunha misión oculta, á procura do Medallón Perdido de Eraklyon, Diaspro tenta facer todo o que for posible para chamar a atención de Sky, mesmo facendo que o mozo non conteste as mensaxes de Bloom, creando barullo entre ambos. Despois de escalar unha montaña, Sky e Diaspro chegan a un edificio que parece unha construción antiga, na que entran para investigar.

Escoitando a conversación das Winx, as Trix seguen as seis fadas polo pozo e máis aló do portal, recobran as súas verdadeiras formas. Tecna e Flora descobren seis misteriosas fechaduras e seis chaves escondidas entre a vexetación; só colaborando, seguindo a idea de Stella de inserir cada chave na fechadura da cor correcta, as Winx conseguen acceder así ao cuarto seguinte. Pero as Trix, afrontando probas diferentes, non queren traballar en equipo, complicándose as cousas.

Layla consegue atopar a Estrela Primaria, pero a esfera que a contén empeza a multiplicarse en máis e máis copias, empezando a encher o cuarto. Despois de atopar a primeira estrela, as raparigas insérena no cofre, mentres que as Trix quedan atrapadas entre as multitudes de copias que agora inundan todo o cuarto.

As Winx volven a Alfea, e fan o concerto que organizaran. Mentres tanto en Eraklyon, dentro do edificio que atoparon, Sky pregunta a Diaspro que lle indica o seu mapa, pero entón descóbrese que toda a misión foi só unha farsa, xa que o mapa é só un debuxo de Sky e Diaspro nun corazón.

Feitos importantes Editar

  • As Winx obteñen a primeira Estrela Primaria.
  • Revélase que a misión de Sky con Diaspro é falsa, inventada pola rapariga para estar máis tempo co príncipe.

Curiosidades Editar

  • Os antagonistas centrais deste episodio son as Trix: Valtor está misteriosamente ausente durante o episodio.
  • Neste episodio regresa a directora Griffin á serie despois do final da tempada 6.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.