A fonte da Chama do Dragón | |
---|---|
Tempada 1, episodio 18 | |
![]() | |
Información do episodio | |
Número de episodio total | 18 |
Data do trinque (Italia) | 8 de marzo do 2004 |
Data do trinque (EUA) | 16 de outubro do 2004 |
Nomes originais | |
Nome en italiano | Addio Magix! |
Nome en inglés (EUA) | The Font of Dragon Fire |
Sucesión de episodios | |
anterior Segredos e máis segredos | seguinte A caída de Magix |
Lista de episodios |
A fonte da Chama do Dragón é o episodio 18 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 18 en total. Estreouse o 8 de marzo do 2004 en Italia.
Argumento
Editar
O episodio empeza en Alfea, onde Bloom informa ás demais Winx que despois do que aconteceu en Fonte Vermella, deixará a escola e Magix. As demais tentan convencela de quedar, pero ela di que o pensou ben e irase. Na habitación de Bloom, ela está a recoller as súas cousas e pensando no que pasou con Sky.
Bloom constrúe con maxia unhas ramas paira baixar, e ela e Kiko baixan ata a entrada a Alfea. Salgue pola porta e sóbese nun autobús que a leva á cidade de Magix. Lembra ás súas amigas, e logo pasa por un restaurante e Stormy aparece e ve Bloom, sorprendida. Bloom crea un portal e deixa a dimensión máxica.
Stormy comunícalle a Icy e Darcy o que aconteceu, e Icy di que é a oportunidade que esperaban para roubar a Chama do Dragón. Despois de conxelar Peppe unha vez máis, decide que irán á Terra. En Gardenia, Mike e Vanessa din a Bloom que non lles preocupa o que fixo, e respéctana. Bloom ve cos seus poderes que en realidade están tristes.
Bloom sae á rúa, e atópase con Mitzi nun coche. Ela pregúntalle si foi expulsada, e Bloom di que se foi ela. Pero Mitzi di que á fin e ao cabo fracasou. Bloom, na súa habitación, empeza a lembrar todo o de Magix e todas as súas aventuras que tivo na dimensión máxica.
En Alfea, Faragonda rifa ás outras Winx por non avisala que Bloom se foi. Cando volven á súa habitación, as Winx que quedan enfádanse, e Stella di que a irá buscar. En Gardenia, unha señora pide unhas flores que Vanessa non ten, e Bloom fai maxia paira crear esas flores. Mentres tanto, as Trix están a vixiar o que Bloom fai.
Nunha esquina pola noite, Bloom está a falar con Kiko, e nese momento aparece Mitzi que se burla dela. Entón, lánzalle un feitizo á moto e convértea nun porco. Cando Bloom volve a casa, descobre que as Trix atacaron os seus pais, e tamén está Knut. Están dispostas a roubar os poderes de Bloom.
Knut quere atacar Bloom, pero ela transfórmase en fada. As Trix saen a loitar, e empeza unha batalla no ceo de Gardenia. Bloom case gaña, pero as Trix din que xogarán unha última carta. Bloom dáse conta que atacará os seus pais, e volve rapidamente á súa casa.
Na casa de Bloom, as Trix capturaron os seus pais, e lánzanos nun remoíno. Bloom métese no remoíno para salvalos, e logra sacalos. Entón, as Trix atacan Bloom, e din que as súas antepasadas destruíron Domino, e logo revelan que Daphne é a súa irmá máis vella e enviou Bloom cando era bebé á Terra.
As Trix conxelan Bloom, e chámana Princesa. Logo revelan que ela é a filla dos reis de Domino e a herdeira ao trono, e tamén ela é a única sobrevivente do planeta. Por iso ten todo o poder do Dragón. Daquela as Trix déixana inconsciente e róubanlle os seus poderes conxurando os seus obxectos máxicos. Mentres tanto, Mitzi quéixase que a súa moto agora é un porco.
Despois que as Trix se foron, Bloom esperta, e nese momento aparece Stella. Bloom explica o que pasou coas Trix, e os seus pais din que volva a Alfea para recuperar os seus poderes e gañar ás Trix. Os pais de Bloom din que a apoiarán en todo, e termina o episodio.
Feitos importantes
Editar
- Bloom deixa Alfea porque ela se sente mal.
- Bloom descobre que ela é a princesa de Domino por Icy.
- Bloom descobre que a propietaria da Chama do Dragón.
- Bloom descobre que Daphne é a súa irmá máis vella.
- Os poderes de Bloom son roubados polas Trix.
Curiosidades
Editar
- Este episodio marca a derrota de Bloom polas Trix, un dos episodios destacados da serie.
- Peppe só aparece cando é conxelado por Icy, pero despois non aparece máis.
- É a última vez que Knut ataca Bloom, antes de pasar ao lado das fadas.
- Non se sabe se Mike e Vanessa refuxiáronse ou fóronse, antes que as Trix atacaron Bloom.