Wiki Winx Club
(Pagină nouă: {{subst:Galego |nome={{subst:PAGENAME}} |bgcolor = #FFFF80 |textcolor = #000000 |tempada = 3 |episodio = 15 |número = 67 |italia = 2 de marzo do 2007 |eua = 9 de decembro do 2011...)
 
m (1 revisión)
(Sin diferencias)

Revisión del 00:42 23 nov 2016

A illa dos dragóns é o episodio 15 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 67 en total. Estreouse o 2 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Alfea, onde Stella di a Flora que non pode durmir. Musa e Layla veñen, e o catro pensan en Bloom. En Pyros, Bloom é atacada por un monstro, e ela lanza outro ataque. Pero veñen máis monstros e Bloom ten que correr. Un monstro lanza a Bloom á auga e Bloom logra atacalo, pero cae nun precipicio.

En Fonte Vermella, Timmy di aos outros Especialistas que sabe onde está Tecna. Os outros cren que non está viva, e Riven e Brandon non queren ir con el. Pero Sky quere axudarlle e irá con Timmy.

En Torre de Nubes, Valtor e as Trix están a falar, e el di que non pode cambiar de forma, e se non puider, non poderá conquistar todo Magix. Darcy di a Valtor que roube a maxia doutro planeta para ser máis forte. Valtor vaise, e as outras Trix teñen celos.

En Pyros, Bloom ten un soño con Daphne, que lle di que ten que atopar o dragón que hai dentro dela. Entón Bloom esperta e atopa un pequeno dragón chamado Buddy. En Fonte Vermella, Timmy está a preparar o localizador de Tecna, e descríbea fisicamente. Sky recomenda que Timmy a describa emocionalmente.

Buddy leva a Bloom á súa casa, pero dálle medo ir só. Nun planeta de tranquilidade, Valtor aparece, ataca os gardas e destrúe a fonte do planeta, e logo rouba a súa maxia. Entón todo o planeta queda en caos.

Sky e Timmy piden ás Winx que axuden a describir Tecna emocionalmente, para transmitilo a unha máquina localizadora que a podería atopar. Timmy empeza a lembrar cousas de Tecna, e logo di que está totalmente namorado dela. Entón na pantalla aparece un sinal.

En Pyros, Buddy insignia a Bloom a ser un dragón. Entón Buddy di a Bloom que ande cara a uns animais. Logo Buddy di a Bloom que coma a comida dun dragón, que consiste en comer vermes. Bloom prefire comer unhas plantas, pero a opción é peor. Bloom faio, e agora ten que saber ruxir como un dragón.

Timmy cre que os seus localizadores atoparán Tecna, pero deben facelo todos xuntos. En Torre de Nubes, Valtor chega coas Trix, e coloca a Icy e Stormy uns traxes solares calmantes, e a Darcy un anel para protexerse da enerxía negativa. Valtor ponse a meditar, para saber como cambiar de forma.

En Pyron, Bloom quere levar a Buddy á súa casa, pero de súpeto atópanse sobre un monstro durmido. Bloom cae, e o monstro esperta. Entón colle Buddy, e Bloom non pode facer nada porque as súas ás están sucias. Ela logra limparse, e saca o seu poder do dragón co que o monstro libera Buddy e volve durmir.

En Fonte Vermella, as Winx cánsanse e queren volver a Alfea, e Timmy di que quedará buscando Tecna. Entón Timmy lembra as súas aventuras con Tecna. Timmy queda durmido, e entón o localizador atopa Tecna e ela transmite unha mensaxe desde a Dimensión Omega, pero ninguén o ouve.

En Pyros, Buddy e Bloom chegan á casa de Buddy, pero alí non hai ninguén. Buddy di que agora con Bloom sente como na súa casa. Entón veñen máis monstros, que se dispoñen a atacar Bloom e Buddy.

Feitos importantes

  • Bloom chega a Pyron.
  • Timmy comeza a buscar Tecna.
  • Bloom encontra Buddy.
  • Bloom encontra o seu dragón interior.

Curiosidades

  • Neste episodio Tecna só aparece nos recordos e óuvese a súa voz.

Galería