Wiki Winx Club
(Pagină nouă: {{subst:Galego |nome = {{subst:PAGENAME}} |bgcolor = #008080 |tempada = 4 |episodio = 17 |número = 95 |italia = 21 de outubro do 2009 |eua = 1 de xullo do 2012 |italiano = Ľisol...)
 
m (1 revisión)
(Sin diferencias)

Revisión del 00:43 23 nov 2016

A illa encantada é o episodio 17 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 95 en total. Estreouse o 21 de outubro do 2009 en Italia.

Argumento

O episodio empeza nunha rúa de Gardenia, onde dous nenos están a discutir polos seus animais. Chegan á tenda Amor e Peluches, e Bloom di que a tenda está pechada, pero fará unha excepción. Bloom cúraos, e di que teñen que coidar máis aos peluches.

Bloom chega coas outras Winx, e falan con Faragonda. Ela explica que teñen que ir a Tir Nan Og e rescatar a raíña Morgana, porque os Feiticeiros do Círculo Negro as encerraron nesa illa. Faragonda di a Roxy que poderá controlar o poder do Círculo Branco, e as Winx disponse a ir á illa Tir Nan Og.

En Tir Nan Og, as Winx chegan, pero non saben nada da illa. Tecna atopa un camiño, pero entón Roxy desmáiase. Ela ten unha visión con Morgana, e logo esperta dicindo que ten qur salvar as fadas, pero non sabe como. As Winx pon Roxy nunha tenda de campaña, e Layla protexe a tenda cun muro protector.

As Winx divídense en dous grupos para buscar a porta. Roxy ten outra visión, e entón algo empeza a atacar Roxy. E unha rama captura Flora, mentres o outro grupo ten que escalar. Layla ve unhas sereas, pero é un truco e captúrana. Stella atopa un centauro, que tamén é un truco. Bloom e Musa atopan un unicornio e tamén son capturadas.

Nunha cova, as Winx e Roxy están encerradas. As Winx transfórmanse e usan a converxencia, e logran escapar. Pero Roxy ten dores de cabeza, e di que coñece este lugar. Roxy descobre que o monstro que as capturou foi creado polos Feiticeiros do Círculo Negro.

O monstro ataca ás Winx cos seres das súas visións, e buscan Roxy. As Winx atacan aos seres do monstro, e Bloom e Roxy chegan á porta das fadas. Roxy descobre que o Círculo Branco é a única chave, e as Winx usan as ás Speedix para ir máis rápido.

Roxy coloca o Círculo Branco na porta, e despréndese unha enerxía que destrúe o monstro e libera as fadas da Terra. E a enerxía sae da illa. A raíña Morgana sae e di que agora é libre, e dá as grazas a Roxy. Pero Roxy atopa Nébula, e Morgana di ás Winx que agora empezará unha vinganza contra os Feiticeiros do Círculo Negro e os seres humanos.

Bloom di que os humanos son inocentes, e Morgana di ás Winx que teñen que unirse a elas. As Winx rexeitan a vinganza, pero Morgana di que se interromperen a súa vinganza, serán tratadas como inimigas. Ao final, Roxy preocúpase porque liberou unhas fadas que queren vinganza, e queda triste porque nos seus soños, Morgana era doce. Bloom di que ao final, Morgana volverá ser doce como nos seus soños.

Feitos importantes

Curiosidades

  • As ás externas de Stella son azuis en vez de rosas.

Galería