Wiki Winx Club
Advertisement

A inspiración do Sirenix é o episodio 1 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 131 en total. Estreouse o 6 de xaneiro do 2014 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza nun océano, onde as Trix están a nadar nos mares cristalinos de Domino a planear o seu próximo movemento para derrotaren as Winx, especialmente Daphne. Icy leva Darcy e Stormy ata unha caverna na que hai algo que poderían usar.

No castelo de Domino, Bloom está a tomar o almorzo cos seus pais biolóxicos, Oritel e Marion, e están a planear a festa para o agardado regreso de Daphne á vida. Entón, Daphne bate á porta e cae, e axúdaa Bloom. Ela levántase e accidentalmente esbarra na cadeira antes de sentarse. É evidente que Daphne non se acostumou ao seu novo corpo físico, pasando case 20 anos como un espírito sen corpo insubstancial transparente e era capaz de pasar libremente por tódalas cousas sólidas.

Mentres Bloom e os seus pais falan con Daphne sobre a súa festa, Daphne séntese un pouco estraña, sentindo que o seu renacemento destruíu unha parte dela. Ela rapidamente marcha despois de tropezar coa mesa e a cadeira, e ten dificultades para abrir e fechar a porta. De volta no océano, as Trix chegan ata unha caverna subacuática, onde se atopa a Besta das Profundidades. As Trix usarán os seus poderes para controlala e enviala a Domino.

No castelo, Bloom irá falar coa súa irmá máis vella, que está triste. Daphne sente que perdeu os seus poderes de ninfa dende que adquiriu o seu corpo físico e sólido, e sente que se cadra non será capaz de vivir de acordo coa súa responsabilidade como gardiá de Domino. Bloom tenta tranquilizala de que Daphne aínda ten tódolos seus poderes do Sirenix. É entón cando os Especialistas chegan coas outras Winx nunha nave.

Bloom vai ata eles, feliz de ver Sky. Cando ámbolos dous estaban a piques de ter un momento, Daphne vén e cae cara ao grupo. Tenta recuperar o equilibrio, pero comicamente písalle o pé a Riven, envolve Brandon na súa propia capa, e bate no estómago de Timmy antes de caer ao chan. Outro incidente sucede cando Bloom colle accidentalmente co seu pé a roupa de Daphne cando ela se estaba a ir, facéndoa bater contra as Winx. Stella inmediatamente di que é hora dun cambio.

No cuarto de Daphne, as Winx tentan readaptar Daphne ao seu corpo sólido de novo. Musa comeza a facer música mentres Layla tenta ensinarlle a bailar. Mentres Daphne balancea, Tecna dálle a Daphne un novo móbil duna cor violeta brillante, e Stella faille un novo vestido e un novo peiteado para Daphne. Despois disto, as Winx van cara á sala principal do castelo para a festa dos pais de Bloom e mais Daphne.

Na hora da festa, os nobres de Domino e a xente de todo o planeta reúnense para recibiren Daphne de volta ao castelo. Desgraciadamente, as Trix invaden a festa e liberan a Besta das Profundidades para coller Daphne. As Winx e os Especialistas tentan loitar contra o monstro, pero non funciona nada. Toda a xente rapidamente entra no palacio mentres o monstro queda fóra temporalmente.

Daphne comeza a chorar porque se sente inútil e di que foi incapaz de facer nada. Ela dille a Bloom e aos outros que a Besta das Profundidades non se pode derrotar, só poderá controlarse. As Winx, axiña, convocan as súas gardiás do Sirenix como axuda, e elas din que a “Inspiración do Sirenix” será capaz de restaurar a auto-confianza de Daphne e maila súa forza total e os seus poderes como unha fada Sirenix, e que a localización é na “fonte”.

Tecna deduce que a fonte é no Lago Rocha Luz, onde conseguiron o Sirenix. Van rapidamente cara ao lago, sen saberen que as Trix están a seguir secretamente as Winx. No Lago Rocha Luz, as Winx entran na cova onde obtiveron os seus poderes Sirenix e comezan a procurar a “Inspiración do Sirenix”. As Winx divídense para procuraren mellor.

Tódalas Winx veñen cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha, pero cren que o poden atopar xuntas. É entón cando as Winx entenden que a “fonte” non é un obxecto senón elas mesmas, e que son a “Inspiración do Sirenix”. Rapidamente saen da cova, pero quedan bloqueadas polas Trix. Sen quereren perder tempo loitando contra as tres bruxas, as Winx fan unha converxencia para derrotaren as Trix.

En Domino, o monstro está lentamente a romper as portas. Daphne retírase ao balcón para sacrificarse para salvar a todos. Bloom e as Winx chegan xusto a tempo de detela e usan a converxencia para poñérenlle auto-confianza a Daphne. O monstro, axiña, tira Stella, Flora, Musa, Tecna e Layla ao chan antes de capturar Bloom.

Daphne atopa a súa irmá e as súas amigas en perigo, e entón consegue transformarse na súa forma Sirenix. Transformada, Daphne facilmente asume o control da besta e ordénalle que deixe Bloom e despois que volva por onde veu, ordenándolle que non volva ameazar Domino e o seu pobo. A festa do regreso de Daphne á vida comeza de novo, e axiña, as Winx comezan a voar no ceo de Domino.

Feitos importantes[]

  • Daphne transfórmase en Sirenix por primeira vez.
  • Daphne usa os seus poderes do Sirenix.

Curiosidades[]

  • A pesar de que o tridente de Tritannus foi destruído, as Trix aínda teñen o Sirenix Negro.
  • Roy converteuse nun Especialista.
  • As Winx fan varias referencias á tempada anterior.
  • A escena final, onde as Winx están a voar ao redor de Domino nas súas formas Sirenix e cantan unha canción, é semellante ao episodio 5 da tempada 5 (A lila máxica), onde voaron en torno a Gardenia nas súas formas Believix.
  • Na escena en que Bloom está a levar Daphne dentro do castelo, ela está co cabelo colorado fóra da auga.
  • Neste episodio as Gardiás do Sirenix aparecen por última vez.

Galería[]

Advertisement