Wiki Winx Club
Advertisement

A lila máxica é o episodio 5 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 109 en total. Estreouse o 22 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Torre de Nubes, onde as Trix buscan poder para derrotar as Winx. Mentres tanto, as Winx están a ser adestradas por Palladium. Flora adéstrase, e ao principio faio ben pero logo falla. Griselda vén porque Faragonda quere falar coas Winx.

Faragonda explica ás Winx que unha planta máxica, a lila máxica, florecerá na Terra por primeira vez en séculos. Faragonda di que a planta é moi poderosa, e as Winx teñen que atopala e plantala antes que caia en mans das Trix. Pero as Trix óuveno todo, e conxuran os seus obxectos máxicos especiais para saber onde está a lila máxica.

En Gardenia a irmá de Mitzi, Macy, ten a lila máxica. Mitzi ten que coidar da súa irmá máis nova todo o día, e non lle dá importancia á lila máxica. Mitzi di que levará Macy ao parque para que plante a lila máxica, pero antes fará unhas compras. As Winx aparecen na Terra, e están en Gardenia porque foi onde conseguiron o Believix.

Flora atopa a lila máxica na tenda da nai adoptiva de Bloom, Vanessa, pero en realidade está na moto de Mitzi. As Trix aparecen en Gardenia cos seus obxectos máxicos, e empezan a buscar a lila máxica. As Trix atopan as Winx, e escóndense. As Winx falan con Vanessa, mentres que as Trix planean seguir as Winx e atopar a lila máxica.

Vanessa explica que é o día de plantar diferentes plantas no parque de Gardenia, e Flora indica ás outras Winx a localización da lila máxica. As Winx empezan a seguir a lila máxica, mentres as Trix seguen as Winx. Mitzi fala cunhas amigas e logo continúa a conducir a súa moto.

Mitzi e Macy entran no centro comercial para facer compras, e as Winx tamén entran. Bloom estráñase porque están no centro comercial e todas as plantas son de plástico, pero Flora sabe que a lila máxica está alí. As Winx atopan Mitzi, e descobren que a súa irmá pequena ten a lila máxica. Entón aparecen as Trix.

Icy ordena a Macy que lle dea a lila máxica, pero Macy négase. Darcy e Stormy veñen roubarlle a lila máxica, e Macy sae correndo. As Trix empezan a voar e séguena, e as Winx transfórmanse. Macy escóndese, pero as Trix atopan Macy. Entón as Winx aparecen, e Macy logra escapar na moto de Mitzi.

As Winx empezan a atacar ás Trix, pero as Trix son máis fortes. Darcy e Stormy quedan a loitar contra as Winx, e Icy persegue Macy para roubar a lila máxica. Darcy crea clons dela, pero as Winx non saben cal é a verdadeira. Stormy crea un tornado que lanza raios ás Winx, e Flora é ferida. Entón Flora ve que Icy está a perseguir Macy. No parque de Gardenia, Mizti e Macy chegan coa moto.

Mitzi di a Macy que plante a lila máxica, e entón Macy dá a lila máxica a Vanessa. Icy tenta coller a lila máxica, pero Flora ataca Icy. No centro comercial, Darcy e Stormy deciden que xa fixeron suficiente distracción e vanse con Icy. No parque de Gardenia, Flora loita contra Icy, e Macy tenta escapar. Pero Darcy e Stormy collen Macy.

As outras Winx aparecen, pero Darcy e Stormy colleron Macy. Entón Macy lanza a lila máxica ao chan. As Winx atacan as Trix, e Darcy e Stormy deixan de aguantar Macy e ela empeza a caer. Pero Flora evita que Macy chegue ao chan.

A lila máxica cae ao chan, pero entón empeza a florecer. Unhas persoas veñen ver a lila máxica. As Trix empezan a absorber o poder da lila máxica, e fanse máis fortes cás Winx. As Winx son derrotadas, pero os humanos empezan a dicir que cren nas Winx. E cunha converxencia Believix logran derrotar as Trix.

Os humanos felicitan ás Winx, e as Winx dan as grazas á xente por crer nelas. A lila máxica empeza a florecer, e as Winx empezan a voar sobre o ceo de Gardenia facendo un arco iris das súas cores. Toda a xente empeza a saudar as Winx, e ao final as Winx volven cara a Magix para encargarse do Sirenix.

Feitos importantes[]

  • Faragonda fala ás Winx da lila máxica.
  • A lila máxica florece por primeira vez despois de séculos en Gardenia, na Terra.

Curiosidades[]

  • Torre de Nubes aparece de novo dende a tempada 3.
  • Os obxectos máxicos especiais das Trix fan a súa última aparición.
  • Este episodio foi producido orixinalmente como o quinto episodio, mais máis tarde foi escollido nalgúns países para ser o episodio de estrea da tempada 5.
  • Este é un episodio especial, como o episodio 10 desta tempada, Nadal en Alfea.
  • Aínda que Mitzi nunca encontrou as Trix antes deste episodio, ela parece ser unha fan das Trix.

Galería[]

Advertisement