Wiki Winx Club
Advertisement

A luz de Gorgol é o episodio 9 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 191 en total. Estreouse o 24 de abril do 2019 en Italia.

Argumento

O episodio empeza nas profundidades de Andros, na cova na que se atopa o núcleo de Gorgol. Obscurum causou un derrubamento nas paredes da cova que empezaron a caer sobre Nex e collerano. Mentres que Layla tenta salvar Nex antes de que sexa demasiado tarde, as outras Winx tentan impedir que Obscurum e os seus Staryummys rouben a luz de Gorgol.

Layla finalmente salva Nex, pero mentres tanto, os Staryummys están a absorber toda a enerxía do núcleo de Gorgol, e as Winx non poden facer nada porque os feitizos do Sirenix non son tan fortes. Os Staryummys foxen polos portais coa luz de Gorgol, e finalmente o núcleo de Gorgol apágase. Layla enfádase porque non pode salvar o seu planeta, e as súas amigas tranquilízana. E os Lumens están a ver todo e vanse, asustados.

Na gorida escura de Valtor, os Staryummys veñen polos portais e cospen toda a luz do núcleo de Gorgol no pozo que leva ao trono de Valtor, onde Valtor absorbe a enerxía roubada e obtén máis forza e máis poder. Na cova do núcleo de Gorgol, as Winx din que se usasen o Cosmix poderían devolverlle a luz, pero Musa di que co Cosmix non poderían respirar baixo a auga. Entón Obscurum empeza a atacar as Winx, pero cos ataques, unhas anemones máxicas empezan a espertar. Obscurum vaise.

A cova péchase, e ningún ataque funciona para abrila de novo. As Winx quedaron colleitas, e as anemones máxicas empezan a atacar as Winx inxectando un veleno de sono en Stella e Flora. Layla ataca as anemones, pero estas lanzan burbullas de sono. Nex dille que non ataque as anemones, pero as anemones conseguen durmir tamén Bloom, Musa e Tecna. Entón as anemones atan as cinco Winx. Layla enfádase e grita porque non sabe que pode facer, e Nex dille que ten que existir outro xeito.

Os Lumens do lugar deciden irse, e descóbrese que cando elas cantan, as anemones retíranse. Layla e Nex seguen os Lumens ata a súa cova na que viven, e nesta cova os Lumens de Gorgol explican que as anemones só se defendían dos ataques e non son malas, por iso non as teñen que atacar ou se volverán máis agresivas. Layla decátase que cada vez que atacaron o lugar, as anemones volvíanse máis agresivas.

Layla e Nex volven coas anemones para salvar as súas amigas, pero alí as anemones dormen Nex e tamén o atan. Layla ataca as anemones pero os seus ataques non fan efecto. Entón Layla lembra que o canto dos Lumens fai que as anemones se retiren, polo tanto Layla convence os Lumens a cantar a melodía máis bonita, e a continuación as anemones retíranse e as Winx e Nex espértanse. Entón as anemones bailan coas Winx.

As Winx din que teñen que devolver a luz do núcleo de Gorgol cos seus poderes Cosmix, pero sen o Sirenix non poderán respirar baixo a auga. Pero Layla crea unha burbulla de aire co Morphix, e dentro da burbulla as Winx transfórmanse no Cosmix e usan os seus poderes para restaurar o núcleo de Gorgol. As Winx teñen éxito, e os Lumens agradecen ás Winx porque o núcleo ten luz de novo. As Winx falan con Ligea e comunícanlle que Gorgol recuperou a súa luz. O monstro que enfeitizou Valtor tamén volveu á normalidade.

No palacio de Andros, finalmente Layla dá o seu discurso correctamente, e empeza unha festa. Twinkly ponse contenta, e todos empezan a bailar. Layla e Nex saen do palacio e teñen un momento romántico, mentres que Valtor e Obscurum están a velos desde a súa gorida escura. Valtor castiga Obscurum por fracasar, e logo di que atacará Ipsos, unha estrela situada na constelación da Hidra. Valtor envía Obscurum a roubar a luz de Ipsos, pero prepara unha trampa para as Winx cando viñeren protexer a luz desta estrela.

Feitos importantes

  • Neste episodio revélase que a única transformación coa que as Winx poden respirar baixo a auga é o Sirenix, e que co Cosmix non poden.

Curiosidades

  • Neste episodio aparecen dúas transformacións: o Sirenix e o Cosmix.
  • Neste episodio aparecen os mesmos personaxes que apareceron no episodio anterior.
  • Esta é, posiblemente, a última aparición do Sirenix.

Galería

Advertisement