FANDOM


A noite das estrelas
Tempada 8, episodio 1
Winx183
Información do episodio
Número de episodio total 183
Data do trinque (Italia) 15 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano La notte delle stelle
Nome en inglés (EUA) Night of the Stars
Sucesión de episodios
anterior
O poder dos animais máxicos
seguinte
O reino dos Lumens
Lista de episodios

A noite das estrelas é o episodio 1 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 183 en total. Estreouse o 15 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Magix, onde se está a celebrar a noite das estrelas fugaces e na escola para fadas Alfea, as estudantes observan o ceo mentres que están a ver as estrelas a cruzar o firmamento. No observatorio escolar, as Winx tamén están a observar as estrelas fugaces en busca de inspiración para a nova canción do seu grupo musical.

Mentres tanto, na galaxia da Dimensión Máxica, un pequeno exemplar de Lumen é seguido por un exército de Staryummys, determinados a impedir que a criatura pequena alcance a escola Alfea. A Lumen consegue fuxir xusto a tempo do seu inimigo que a está a perseguir, acabando por perder o control e precipitándose nos bosques de Magix. As Winx cren que ela é unha estrela fugaz, pero descobren que non o é e enseguida van ver que caeu no bosque.

Despois de vela, Stella explica ás Winx e a Faragonda que a criatura pequena en cuestión é unha Lumen, unha criatura de pura luz que habita nas estrelas e que provén de Lumenia, a estrela que ilumina Solaria. Faragonda pregúntase que puido facer que a pequena criatura deixe a mesma estrela, mentres que no medio do bosque, entre as árbores, Obscurum e os Staryummys están enfadados porque non conseguiron impedir que a Lumen se atopase coas fadas de Alfea.

Ao día seguinte, cando a Lumen se esperta, descobren que perdeu a memoria, decatándose de que non consegue lembrar a razón pola que veu a Alfea. Para tentar axudala, as Winx piden axuda aos Especialistas, que volveron dunha misión en Andros. Tecna e Timmy, grazas a un aparello coñecido como “Memocronovisor”, conseguen recuperar algunhas lembranzas da pequena criatura, intuíndo que alguén ou algo a perseguiu polo espazo. No entanto a Lumen, revivindo as súas mesmas lembranzas, cede á emoción e sobrecargándose de enerxía luminosa, causa o involuntario estalido do Memocronovisor.

De volta en Fonte Vermella, os Especialistas lamentan o cansazo deste día que foi longo e estresante, pero entón atopan Riven (non se lle ve a cara). O mozo conseguiu o permiso de parte de Codatorta de volver formar parte do equipo, agora composto por Sky, Brandon, Nex, Helia e Timmy, e así se reúne cos seus vellos amigos. Para animar a pequena e esquecediza Lumen, as Winx organizan un concerto máxico para ela. Pero durante a exhibición, a escola Alfea é atacada por un exército de Staryummys, que se unen entre eles para formar un único e grande monstro.

Mentres que Faragonda pon a salvo as estudantes, a Lumen recobra a memoria ao ver ás criaturas. As Winx utilizan os seus poderes Butterflix para tentar derrotar a criatura. No entanto, polo que parece, só a maxia de luz de Stella parece funcionar contra esta, a diferenza dos outros feitizos das demais Winx. Intuíndo iso, Bloom ordena a Stella sobrecargar a Lumen a través da súa maxia de luz, causando un estalido co que conseguen destruír a criatura escura. O plan ten éxito e as Winx e a Lumen conseguen salvar a escola Alfea.

Unha vez reunidas no despacho de Faragonda, a Lumen, que revela que se chama Twinkly e que é a mensaxeira de Lumenia, explica ás Winx e á directora as razóns polas cales veu á escola Alfea. A raíña Dorona encargoulle de pedir axuda ás fadas máis poderosas da Dimensión Máxica cando foi atacada polos Staryummys. Ela revela que as estrelas do ceo se están a apagar misteriosamente una a unha por mor dos Staryummys, e se suceder isto, todos os mundos do universo máxico aos poucos quedarán na escuridade. Determinadas a axudar a súa nova amiga, as Winx establecen que á mañá seguinte partirán enseguida cara a Lumenia para axudar a raíña Dorona.

Feitos importantes Editar

  • Twinkly chega a Alfea.
  • As Winx coñecen a Twinkly e descobren que é unha Lumen que vén de Lumenia.
  • As Winx realizan o seu primeiro concerto en Alfea dedicado á súa nova amiga, Twinkly.
  • Twinkly revela que ela é a mensaxeira de Lumenia e que acudiu a Alfea baixo o chamado de axuda da raíña Dorona.

Personaxes Editar

Curiosidades Editar

  • Twinkly, Obscurum e os Staryummys aparecen por primeira vez na serie.
    • A raíña Dorona é mencionada neste episodio pero non aparece en persoa.
  • Neste episodio volven Riven e Knut á serie.
  • Kiko e Knut son chamados por Griselda como os “encargados” de Alfea.
  • As vestimentas de Faragonda e Griselda sofren algunha lixeira variación a partir desta tempada.
  • A secuencia de transformación Butterflix foi redeseñada para esta tempada, sufrindo modificacións e cortes significativos.
    • Ao final da transformación tamén se inclúe unha nova pose de grupo.
    • A partir deste episodio, Musa é a única Winx que ten unha pulseira na súa forma Butterflix.
  • Este episodio revela que Alfea e Fonte Vermella teñen un novo cambio de imaxe.
  • Este é o primeiro episodio que é animado nun novo estilo de animación.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.