A pedra misteriosa é o episodio 7 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 33 en total. Estreouse o 10 de maio do 2005 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza en Alfea, onde as Pixies están a facer unha obra de monicreques. Logo explican que pasou unha historia, que empezou unha noite cunha tempestade, e que unha pedra apareceu da nada.
Bloom, Stella e Layla volveron da súa misión e atópanse con Flora, Musa e Tecna. Unha Pixie chamada Digit enlázase con Tecna, e xa se coñeceron nun Chat sen saber que Digit era unha Pixie. Outra Pixie chamada Tune enlázase con Musa, e unha Pixie chamada Chatta enlázase con Flora. Bloom fai entrar ás Pixies ao edificio.
Faragonda chama ás Winx e informa que o seu inimigo é moito máis forte do que pensaban. Logo explica que en realidade, o Fénix foi quen mandou ás tres antigas bruxas que destruísen Domino, e chámase Lord Darkar. Logo explica que el quere posuír todo o poder do Universo, e que as Pixies teñen algo de moito valor para el na aldea.
Tecna sospeita que Faragonda oculta algo. Layla quere volver con Piff á aldea das Pixies, pero Faragonda non a deixa volver porque Lord Darkar espía os seus movementos e volver á aldea sería enviar ao Fénix un mapa. Por iso convida a Layla a estudar en Alfea.
As Pixies están na habitación das Winx. Bloom está a xogar con Lockette e deixa de lado a Kiko, e o coello séntese triste. Pola noite, un home cuberto por unha capa chega a Alfea, e uns animais danse conta da súa chegada.
As Winx preocúpanse porque Faragonda non dixo que quere Lord Darkar das Pixies, e empezan a mencionar o que por agora saben. Entón Faragonda chama á Pixie mensaxeira para que as Winx vaian con ela ao lago de Magix.
As Winx cóbrense cunha capa e van cara ao lago. Alí, Faragonda informa que apareceu unha pedra da nada. Tecna non pode escaneala, e Faragonda di ás Winx que usen os seus poderes para destruír esta pedra como sexa.
Ao día seguinte, as Winx transfórmanse e cada unha usa os seus poderes para destruír a pedra, pero non poden. Entón o home con capa aparece e ri maliciosamente. As Winx vólvense á súa habitación, e Bloom queda tentando destruír a pedra.
En Fonte Vermella, que está esnaquizada por un ataque de as Trix, Sky tenta chamar a Bloom e non responde o seu teléfono, porque está a tentar destruír a pedra. Ao final cae inconsciente ao chan.
Faragonda chama ás Pixies e dilles algo, e logo di que ten que ser un segredo. Na habitación das Winx, resulta que se produce un apagamento. Daquela alguén chama á porta, e resulta ser o home con capa que trae a Bloom inconsciente.
Faragonda revela que o home con capa é o ser con ás que salvo a Bloom, Stella e Layla das Trix. El revélase como profesor Avalon. Entón Avalon destrúe a pedra moi facilmente cun feitizo que teñen que dicir unhas palabras antes. Logo Faragonda di que ela mesma creou a pedra.
Lockette ponse triste porque Bloom só fai caso a Avalon, e Kiko vén. Pero o coello sácalle a lingua e vaise. Bloom pensa que Avalon pode axudala coa súa procura dos seus pais biolóxicos. Flora enfádase porque ela e Bloom tiñan que saír. Sky está celoso por Bloom con Avalon, e Brandon di que non terían que espiar Bloom. Pero Sky di que o verá todo desde unha árbore.
Na festa, Avalon informa que el examinou todos os seus intentos de destruír a pedra. Mentres tanto, Sky e Brandon están a espiar Bloom e Avalon desde unha árbore, pero uns castores tiran á árbore ao chan. As Pixies terminan de explicar a historia, e logo sae Kiko con debuxos das Pixies, os Especialistas e as Winx, e Kiko tíraos ao chan.
Feitos importantes[]
- Tecna lígase con Digit.
- Musa lígase con Tune.
- Flora lígase con Chatta.
- O ser con ás revela que el é un novo profesor chamado Avalon.
Curiosidades[]
- Este episodio foi narrado por Livy, na forma dun teatro de monicreques feito para Kiko e outros animais Pixies. Comicamente, Livy revela no final que ela estaba a falar principalmente sobre os castores.
- É revelado por Faragonda que a destrución do Domino foi debido a Lord Darkar que xurdiu a partir do baleiro e foi quen orixinalmente enviou as bruxas ancestrais para buscar a Chama do Dragón de alí, e que despois de que as bruxas foran derrotadas polos tres directores das escolas, o Señor dos Templarios de Rocha Luz loitou contra Darkar e lanzou ao Fénix nun sono profundo de 16 anos.
- Kiko fixo varias bonecas de papel das Winx, os especialistas, as Pixies, e os animais Pixie, axiña, usounas como pezas de dominó no final. A boneca de Bloom chisca o ollo para a cámara antes do final do episodio.