A princesa Amentia é o episodio 4 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 30 en total. Estreouse o 28 de abril do 2005 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza nas covas onde o equipo que foi rescatar ás Pixies. Sky salva a Layla dunha substancia pegañenta, e logo Bloom informa que Brandon e Stella caeron por un precipicio. Layla non pode voar para baixar, pero crea unha corda co seu poder do Morphix e as tres baixan.
Unha vez están a baixo, Stella e Brandon non están, co que os dous están vivos. Logo Bloom localiza un río subterráneo, e resulta que a parella foi arrastrada polo corrente deste río. Un pouco máis lonxe, Brandon está agarrado a unha roca, pero el non pode máis e sen querer, solta Stella. El segue para rescatala.
En Alfea, Tecna está a falar con Timmy e el di que confía no equipo. Pero Riven non pensa o mesmo, e Flora pregúntalle por Musa. Pero Riven non sabe de que fala, e vaise. No río, Brandon evita que Stella caia ao remoino e ata unha corda á roca, pero a roca cede e son absorbidos polo remoino. Pero van parar a unha praia.
Bloom quere tirarse á auga, pero Sky di que estarán ben e que terminen a misión. Na praia, un home de alí atópase coa parella. Stella e Brandon espertan, pero outro home déixanos inconscientes e lévanllos. Cando os dous volven espertar, resulta que Stella está débil.
O primeiro home di que se atopan en Grutas Profundas e que está namorado da princesa de Grutas Profundas, aínda que ela non corresponde o seu amor. E os dous lévanos á cidade de Grutas Profundas. Unha vez na casa, o home pon auga sobre Stella, e logo descobre que a súa poder é oposto ao de Grutas Profundas. Stella segue débil e pálida.
En Alfea, Musa ponse a chorar sobre Riven e pensa no equipo. E Flora atópase con Kiko, que está a chorar pola falta de Bloom. En Grutas Profundas, despois dun desfile, aparece a princesa Amentia. Sponzus, o home, dá unhas flores a Amentia, pero ela rexéitaas porque un pétalo está caído. Logo Sponzus presenta os invitados, e deseguido Amentia namórase de Brandon e quere que sexa o seu marido.
O resto do equipo segue andando, mentres o Fénix continúa a observar todo e envíalles monstros. En Grutas Profundas, Amentia quere que Stella se vaia e deixe Brandon. No palacio, Amentia quere casar con Brandon, e el négase e di que ama Stella. Entón chama aos gardas e di que se Brandon non casar con ela, impedirá que Stella suba á superficie.
Stella recibe a luz do sol e pódese volver transformar, mentres o resto do equipo atopa os monstros. Stella teletranspórtase á velocidade da luz para atopar aos outros, mentres os monstros atacan a Sky e Bloom. Layla decide usar as sementes para destruír aos monstros, pero non teñen luz para que crezan. Entón aparece Stella e as sementes crecen.
O Fénix enfádase porque han destruído os seus monstros, e fai tremer o castelo. O equipo empeza a correr, mentres a princesa Amentia prepara a súa voda con Brandon.
Feitos importantes[]
- Brandon e Stella chegan a Grutas Profundas.
- Amentia, a princesa de Grutas Profundas, namórase de Brandon e quere casar con el.
- Stella é feble porque non hai sol.
- Stella encontra Bloom, Sky e Layla.
Curiosidades[]
- As Trix non aparecen, mais poden ser ouvidas a rir.
- Layla abraza Sky en sinal de gratitude porque o sacou fóra da parede, o que provoca un pouco de celos en Bloom. Layla rapidamente garantiu que ela simplemente estaba a darlle as grazas.