Wiki Winx Club
Wiki Winx Club

A proba de Bloom é o episodio 10 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 10 en total. Estreouse o 18 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento[]

No principio do episodio Bloom lanza unha moeda nunha fonte, e olla para a auga. Alí ve de novo Daphne, pero chámalle a atención Stella dicindo que non está a escoitar. Musa di que o profesor Palladium levará as súas alumnas ao novo simulador de Alfea. Flora ten medo do simulador, e Tecna dille que non pode pasar nada alí. Stella presume, e as outras Winx dinlle que cale.

En Torre de Nubes, as Trix queren saber máis de Bloom, e conxuran os seus obxectos máxicos para examinar Bloom. Knut pregunta por que están a buscar ese fogo, e comeza a dicir tolerías. En Alfea, Palladium ensina o simulador, dicindo que crea hologramas para simular calquera local ou situación. Stella di un comentario, pero acaba mal para ela. Palladium di que simularán o seu exame final.

Na cámara de control, Palladium explica que poden ver todo o que pasa. Di que poderán escoller dúas opcións: usar maxia para combater os feitizos dunhas bruxas, ou salvar un medio ambiente que foi danado.

En Fonte Vermella, Bloom e Brandon saen por primeira vez xunto ao can de Brandon, e Bloom explica o problema do exame. Mentres tanto, Riven está a espiar a parella e comunica a Darcy que Bloom irá ao simulador. Ela aparece no simulador pola noite, e comeza a manipular o computador.

Ao día seguinte comeza o exame, e Faragonda está a observar todo. Ninguén quere ser a primeira, e por tanto, Palladium elixe Bloom. Ela di que elixiu salvar un medio ambiente, e quere que estea o máis desolado posíbel. Entón Palladium di que simulará Domino, o local máis triste da dimensión máxica. Bloom chega á simulación de Domino, e ela ten frío polo clima. Faragonda sorpréndese por elixir Domino.

Bloom abre a mochila e sae Kiko, que entrara nela antes. Bloom deixa que estea, e tira unhas sementes para crear plantas. Entón aparecen as Trix, que atacan Bloom. Ela transfórmase e loita contra as Trix, aínda que sabe que son hologramas. As verdadeiras Trix están a controlar os hologramas mediante monicreques delas, e cos seus obxectos máxicos. E tamén están a analizar Bloom.

Bloom continúa a loitar, e case é derrotada. Entón atacan Kiko, e lánzano ao río de lava. Con isto, Bloom desencadea o poder da Chama do Dragón, que é o que querían as Trix. E así descobren que realmente é Bloom quen ten este poder tan poderoso da dimensión máxica.

Mentres tanto, todo o simulador sae fóra de control, e Palladium apenas pode facer nada. Bloom está moi débil porque esgotou o seu poder, e comeza a ver moitas copias de Kiko. Pero ao final atopa o verdadeiro Kiko, e descobre que se salvou.

Palladium vese obrigado a usar maxia, e poden sacar Bloom e Kiko do simulador. Palladium di que adiará os exames porque Bloom esnaquizou sen querer o computador. Stella di a todas de broma que grazas a Bloom foi adiado este exame, e lanzan a rapariga no ar como un líder. Faragonda viuno todo, e está satisfeita con Bloom.

Feitos importantes[]

  • Bloom e Brandon (Sky) teñen o seu primeiro encontro como parella.
  • Bloom fai un novo feitizo e salva Kiko.
  • Bloom aproba o exame do simulador.

Curiosidades[]

  • Timmy e Sky non aparecen neste episodio.

Galería[]