Wiki Winx Club
Registrarse
m (Bot: Engado: de:Winx Club - Folge 210)
(No se muestra una edición intermedia del mismo usuario)
Línea 64: Línea 64:
 
[[en:Winx Club - Episode 210]]
 
[[en:Winx Club - Episode 210]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 210]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 210]]
  +
[[it:La Cripta Del Codice]]
 
[[pt:A sala do códice]]
 
[[pt:A sala do códice]]
 
[[pt-br:A Cripta do Codex]]
 
[[pt-br:A Cripta do Codex]]
 
[[ro:Cripta codului]]
 
[[ro:Cripta codului]]
  +
[[ru:Тайник для Кодекса]]

Revisión del 23:08 18 sep 2019

A sala do códice é o episodio 10 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 36 en total. Estreouse o 19 de maio do 2005 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Fonte Vermella, onde Sky chama Bloom, e ela informa que Avalon lle ensinou cousas do seu pasado, pero Sky di que Bloom xa non pregunta por el. Entón empezan a discutir por Avalon, e Bloom enfádase. Sky queda encerrado no ascensor, e chama Bloom pero ela segue enfadada.

Vai empezar unha clase de autodefensa. Stella cre que haberá un profesor atractivo, pero a profesora é Griselda e di que sen ela, as Winx non poderían facer nada contra as Trix. Mentres tanto, Lord Darkar informa que baixou a vixilancia en Fonte Vermella e é hora de atacar e roubar o Códice.

Griselda está a facer a clase, e Stella di que parecen estar no exército. Griselda di que Stella a ataque, pero Griselda neutraliza todos os ataques de Stella. Logo Griselda di que a ataquen todas as fadas, pero Griselda tamén neutraliza todos os ataques de todas as fadas. Griselda di que reserven as preguntas para a próxima clase.

Pola noite, Bloom non pode durmir. Flora pregunta que lle pasa, e Bloom di que lle pasa algo con Sky desde que veu Avalon. Mentres tanto, as Trix aparecen e atacan Fonte Vermella. Na escola, Sky tamén está preocupado, pero Brandon informa a Sky que apareceu unha bóla de enerxía e os dous alertan Codatorta que os atacan.

Bloom, para reconciliarse, vai a Fonte Vermella. No camiño, ela está a falar con Tecna dela e Timmy, cando se atopa que Fonte Vermella está a ser atacada. Na escola, Codatorta envía os Especialistas para defender Fonte Vermella, e saen en avións para afastar a bóla. Riven dáse conta que é unha distracción, e en realidade queren o Códice.

Codatorta envía aos Especialistas á cripta do Códice, e entón Bloom, Flora e Tecna veñen axudar. Pero as Trix entran na escola e van directas ao Códice. As Trix rompen o ascensor para que non veñan máis especialistas.

Os especialistas perseguen as Trix, e Timmy queda no computador co que Tecna ponse triste. As Trix atacan a Riven, e escápanse dos outros. Entón aparece Brandon co seu avión, pero as Trix tamén o atacan. Pero chegan as tres Winx e Sky. Bloom, Flora e Tecna transfórmanse.

As Trix evitan todos os ataques das fadas e os especialistas. Helia di que se ocupará dos outros e Sky, Bloom, Flora e Tecna diríxense á cripta. Stormy ataca a Flora, e ela di que continúen sen ela. Na cripta, os gardas empezan ver que neva, e aparecen as Trix e conxelan os gardas.

Sky, Bloom e Tecna están a chegar, e Sky non ten tempo para dicir ás fadas o que buscan as Trix. Na cripta, para obter o Códice hai unha balanza. Stormy ponse a destruíla, pero non serve e a balanza devolve o ataque. Icy di que teñen que equilibrar a balanza para abrir a porta e obter o Códice. Se non a equilibraren ben, activarase unha trampa letal.

Icy di que a opción máis lóxica sería a pedra, pero sería demasiado obvio. Entón deben pór a pluma. Darcy di a Icy que coloque ela, pero Icy dáse conta das súas intencións e ordena a Darcy que a poña ela. Entón aparece Sky e as fadas. Sky di ás Trix que se deteñan, pero elas atacan Sky, Bloom e Tecna. Entón aparece Timmy para loitar, e Stormy deixa fóra de combate ás fadas e Timmy. Logo Icy ataca a Sky, e todos quedan inconscientes.

Icy ve que a pluma non é tan adecuada, segue pensando e dáse conta que é o peso en forma de monxe. Pono, e ábrese unha escaleira no chan. As Trix baixan, e rouban a primeira cuarta parte do Códice. Unha Pixie ataca Icy, pero Darcy deixa á Pixie inconsciente e deciden saír de Fonte Vermella.

Timmy tenta deter ás Trix, mentres Bloom tenta que Sky esperte. Tecna di que Timmy ataque ás Trix, pero el queda pensando e non se atreve a atacar ás Trix e déixaas escapar. Tecna enfádase con el e vaise. Mentres tanto, Sky non esperta e Flora detecta que non ten pulso. Bloom non quere que morra, e dela sae un poder que resucita Sky. As outras non entenden como o fixo e nunca sentiran unha maxia tan poderosa. Sky esperta, e abraza Bloom.

Feitos importantes

  • Helia é inscrito en Fonte Vermella.
  • As Trix obteñen a primeira parte do Códice.
  • Bloom descobre os seus poderes de cura neste episodio.
  • A relación de Tecna e Timmy case se rompe.

Curiosidades

  • Bloom usa por primeira vez a Chama da Vida, un feitizo de resurrección.

Galería