FANDOM


A sombra de Valtor
Tempada 8, episodio 13
Winx195
Información do episodio
Número de episodio total 195
Data do trinque (Italia) 29 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Ľombra di Valtor
Nome en inglés (EUA) Valtor’s Shadow
Sucesión de episodios
anterior
Festa sorpresa na Terra
seguinte
A estrela dos desexos
Lista de episodios

A sombra de Valtor é o episodio 13 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 195 en total. Estreouse o 29 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza con Valtor que lle revela a Bloom a razón do seu misterioso regreso. Cando o feiticeiro foi derrotado, o que quedou da súa forza vital dispersouse polo universo. Entón o príncipe Argen de Lumenia, irmán da raíña Dorona, cegado pola rabia, invocouno. Coa súa maxia escura, Argen usou o poder das estrelas para dar ao feiticeiro un novo corpo. Valtor deulle os seus poderes escuros, transformándoo en Obscurum. Pero, sendo demasiado débil, precisou continuamente de nutrirse da luz das estrelas para recuperar a súa forza e Obscurum ofreceuse a axudalo no seu plan de conquista, a cambio do trono de Lumenia.

Mentres os Staryummys invaden Lumenia secando o seu núcleo, Obscurum ataca o castelo de Dorona, reclamando o seu trono. A soberana tenta defenderse e a criatura revélalle que é Argen, o seu irmán perdido. No seu laboratorio, Orion, coa axuda de Twinkly, terminou o seu prototipo de núcleo estelar. Tecna contacta co científico, porque no Sol, precisan urxentemente do núcleo para salvar a estrela apagada e ao mesmo tempo o planeta Terra. Mentres tanto Layla, Flora e Stella conseguen derrotar o Starchomp enorme. As cinco fadas converxen os seus poderes Cosmix para reter a enerxía estelar.

Os Especialistas chegan a Gardenia e enfróntanse coas gárgolas evocadas por Valtor. Mentres Riven e Nex ocúpanse de evacuar os civís da praia, Sky protexe Mike e Vanessa, mentres Brandon, Helia e Timmy loitan con ánimo contra as perigosas criaturas. Mike e Vanessa dan as grazas aos mozos por salvar a vida deles, pero agora, pregúntanse como loitarán contra os dous xigantes escuros que, dende as profundidades dos océanos, están a piques de alcanzar Gardenia.

Para salvar os seus seres máis queridos, Bloom ten que aceptar a chantaxe de Valtor. Pero no momento en que a fada tenta cederlle os seus poderes Cosmix, estes néganse a abandonar a súa lexítima propietaria, reaccionando negativamente contra Valtor e botándoo á deriva no espazo. Bloom volve así á súa realidade, onde se atopa con Twinkly, que estaba a viaxar á velocidade da luz para chegar coas Winx ao Sol xa apagado e levarlles o prototipo de núcleo creado por Orion. Bloom, no entanto, dille que ten que levar o núcleo aos Especialistas, co que conseguen derrotar un dos dous xigantes ameazadores.

A través da súa luz radiante, Dorona consegue convencer Obscurum a abandonar o escuro camiño de vinganza que emprendeu aliándose no pasado con Valtor, prometéndolle que de agora en diante Lumenia terá dous soberanos. Argen volve así ao seu aspecto orixinal e reúnese coa súa irmá que, durante todos estes anos, fíxolle sentir cada vez menos importante. Vendo este xesto de amor, os Lumens de Lumenia deciden demostrar todo o seu agarimo cara aos Staryummys, facendo que volvan ser Lumens.

Despois de reunirse coas outras Winx no Sol, Bloom une os seus poderes Cosmix á Converxencia. As seis, que non son capaces de aguantar durante máis tempo este feitizo que está a ser dificultoso e esgotador, reciben xusto a tempo a visita de Orion, que lles dá un segundo núcleo. Recollendo o po estelar restante e alimentándoo a través dos seus poderes Cosmix, as Winx conseguen devolver a luz do Sol e salvar a Terra. O segundo xigante é derrotado e destruído pola nova luz do Sol e Gardenia sálvase.

Despois de quedar afligido e perder a maioría dos seus poderes máxicos, Valtor entende que a súa natureza escura non lle permitirá nunca reter os poderes Cosmix de Bloom, xa que son incompatibles. Sen unha maxia que sexa compatible co poder das estrelas o feiticeiro nunca conseguirá apoderarse da Estrela dos Desexos. Determinado a atopar alguén compatible, cuxos poderes teñan o mesmo orixe dos das Winx, Valtor libera tres vellas aliadas, as Trix, da súa prisión espazo-temporal na que quedaron atrapadas ao final da tempada 7, e pediralles que tomen o control da estrela por el.

Feitos importantes Editar

  • Obscurum recupera a súa forma orixinal, Argen.
  • As Trix volven neste episodio.

Curiosidades Editar

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.