Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

A torre máis aló das nubes é o episodio 19 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 201 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza coas Winx que se atopan en Monoceros e continúan a súa cabalgata polas nubes cos unicornios voadores. De súpeto un berro desesperado de axuda chama a atención das fadas. Bloom atopa Diaspro, e cando lle pregunta que fai alí, atopa tamén Sky, a ser perseguido polo unicornio voador negro que o está a atacar…

Coa súa maxia, os seis unicornios voadores cos que as Winx se ligaron, conseguen acougar o unicornio negro. Elas decátanse de que este non é malo, só se defende porque é o único unicornio que non se fía de ninguén, xa que alguén lle partiu unha parte do seu corno. Mentres tanto, Tecna arranxa o traxe de Sky utilizando un feitizo.

Cando o perigo parece dar rematado, Bloom e Sky peléxanse por causa de Diaspro. Sky tenta dicirlle a Bloom que Diaspro o enganara e por isto non lle respondía ás mensaxes porque ela llo impedía. Entón o unicornio negro sorprendentemente lígase maxicamente con Diaspro. A moza regresa cara a Eraklyon voando sobre o unicornio negro, e promételle a Sky que se atoparán de novo en breve.

Sky decide seguir as Winx para o resto da súa misión, malia que Bloom está moi enfadada con el e non lle quere falar. Cando atopan a barreira máxica de protección, os unicornios ábrena e as Winx atravésana. Con todo e as Trix séguenas, e estas, as Winx e Sky chegan á torre máis aló das nubes, onde a terceira estrela se atopa custodiada.

Mentres Darcy e Stormy loitan contra as Winx utilizando os seus propios ataques, Icy tenta empoderarse co poder da estrela sen que as demais se decaten, pero Sky impídelle os plans. Cando Bloom os intercepta, tódolos tres son postos a proba pola estrela e son pechados nunha dimensión alternativa. No seu interior, Icy atrapa Sky nun bloque de xeo, e dálle a Bloom unha escolla: salvarse o seu querido príncipe, ou obter a Estrela Primaria.

Sky anímaa a fiarse del para que colla a estrela antes de que Icy a colla, xa que el se pode liberar utilizando o seu traxe. Tan só confiando en Sky, Bloom consegue obter a estrela e estes fan as paces. Bloom descúlpase polo seu comportamento esaxerado, mentres que Sky se desculpa porque non lle dixo nada da misión del e Diaspro. Icy, Darcy e Stormy prepáranse para atacaren as Winx e Sky, pero as bruxas son derrotadas pola acción combinada de Stella e mais Flora.

Feitos importantes[]

  • As Winx obteñen a terceira Estrela Primaria (grazas a Bloom).
  • Bloom e Sky reconcílianse.

Curiosidades[]

  • Ata agora, as Winx obtiveron dúas Estrelas Primarias: a primeira foi conquistada polas fadas no episodio “A festa do Sparx”; a segunda foi conquistada polas Trix no episodio “O vestido da raíña”; e a terceira foi conquistada polas Winx neste episodio, no entanto, as outras catro estrelas aínda se atopan desaparecidas.
  • Neste episodio tampouco aparece Valtor, pero nunha escena vese que este está a ollar todo o que as Winx e as Trix están a facer dende o seu acocho (nesta escena só se ven unhas imaxes da misión vistas na pantalla máxica de Valtor).
  • Neste episodio Diaspro aparece por última vez.

Galeria[]

Advertisement