Wiki Winx Club
Advertisement

A torre máis aló das nubes é o episodio 19 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 201 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2019 en Italia.

Argumento

O episodio empeza coas Winx que están en Monoceros e continúan a súa cabalgata polas nubes cos unicornios voadores, cando de súpeto uns berros desesperados de axuda chaman a atención das fadas. Bloom atopa Diaspro, e cando lle pregunta que fai alí, atopa tamén Sky, sendo perseguido polo unicornio voador negro que o está a atacar…

Coa súa maxia, os seis unicornios voadores cos que as Winx se conectaron, conseguen acougar o unicornio negro, xa que se decatan que non é malo, só se defende porque é o único unicornio que non se fía de ninguén, xa que alguén lle rompeu parte do seu corno. Mentres tanto, Tecna arranxa o traxe de Sky utilizando un feitizo.

Cando o perigo parece acabar, Bloom e Sky peléxanse por mor de Diaspro, aínda que Sky tenta dicir a Bloom que Diaspro o enganara e non contestaba as mensaxes de Bloom porque ela llo impedía. Entón o unicornio negro sorprendentemente conéctase maxicamente con Diaspro, e a rapariga regresa cara a Eraklyon voando sobre o unicornio negro, e promételle a Sky que se atoparán de novo moi en breve.

Sky decide seguir as Winx polo resto da súa misión, a pesar de que Bloom está moi enfadada con el e non quere dirixirlle a palabra por ningunha razón. Cando atopan a barreira máxica de protección, os unicornios ábrena e as Winx atravésana, pero as Trix séguenas, e elas, as Winx e Sky chegan á torre máis aló das nubes, onde a terceira estrela se atopa custodiada.

Mentres Darcy e Stormy loitan contra as Winx utilizando os seus propios ataques, Icy tenta apoderarse da estrela sen que as demais se decaten, pero Sky interfere nos seus plans. Cando Bloom os alcanza, os tres son postos a proba pola estrela e acaban nunha dimensión alternativa. No seu interior, Icy atrapa Sky nun bloque de xeo, e dá a Bloom dúas opcións: salvar o seu querido príncipe, ou obter a Estrela Primaria.

Sky anímaa a fiarse del para que colla a estrela antes que Icy a colla, xa que el se pode liberar utilizando o seu traxe. Só confiando en Sky, Bloom consegue obter a estrela e fan as paces. Bloom descúlpase polo seu comportamento esaxerado, mentres Sky se desculpa por non contarlle nada da misión oculta con Diaspro. Icy, Darcy e Stormy prepáranse para atacar as Winx e Sky, pero as bruxas son derrotadas pola acción combinada de Stella e Flora.

Feitos importantes

  • As Winx obteñen a terceira Estrela Primaria (grazas a Bloom).
  • Bloom e Sky reconcílianse.

Curiosidades

  • Ata agora, as Winx obtiveron dúas Estrelas Primarias: a primeira foi conquistada polas fadas no episodio “A festa do Sparx”; a segunda foi conquistada polas Trix no episodio “O vestido da raíña”; e a terceira foi conquistada polas Winx neste episodio, no entanto, as outras catro estrelas aínda se atopan desaparecidas.
  • Neste episodio tampouco aparece Valtor, pero nunha escena vese que el está a ollar todo o que as Winx e as Trix están a facer desde a súa fortaleza (nesa escena só se ve unhas imaxes da misión vistas na pantalla máxica da fortaleza de Valtor).

Galeria

Advertisement