Wiki Winx Club

A voda de Brandon é o episodio 6 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 32 en total. Estreouse o 5 de maio do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nos túneles de Grutas Profundas, onde Stella e o seu equipo están a buscar Brandon. Pero Stella quere seguir sexa como for, e segue enfadada.

Na cidade, Brandon está a esperar a que os outros cheguen pronto. Os gardas deixan a Brandon coa princesa Amentia, pero antes informan que haberá un atraso na voda. Brandon alégrase, pero Amentia quere a perfección.

O equipo pasa por unha zona onde hai uns cristais que se iluminan, e Stella localiza a cidade. Pero están polo outro lado. Un garda está a facer vixilancia, e Layla dá a Sky unha pedra para pasar. Stella cae, e Sky fai pasar ao equipo a unha casa.

Cando o garda vaise, todos saen da casa e as Pixies van metidas nunhas cuncas que están a voar. Unha muller descobre que son as súas cuncas, e as Pixies escapan e logran atoparse cos outros.

Un garda deixa inconsciente a Sky, e Bloom ataca ao garda. Pero veñen máis, e teñen que correr. Amore separouse do resto, e atopa Sponzus que di que a súa amada non lle quere. Logo explica que está namorada da princesa Amentia. Entón, Amore dá unhas flores a Sponzus.

A voda empeza, e Brandon non puido avisar a ninguén para escapar. Escribiu unha carta ao rei de Eraklyon, pero non a recibiron. Entón vén a nai de Amentia e raíña de Grutas Profundas, e di a Brandon que ten que subir 107 chanzos antes de casar.

Amore leva a Sponzus á voda, para colocar a súa flor no ramo de Amentia. Mentres tanto, Brandon está a subir os 107 chanzos e ouve outros prisioneiros que van casar con damas da corte e tampouco queren.

Na voda, sae a princesa Amentia e o rei de Grutas Profundas. Brandon segue pensando no que lle pasará, mentres os outros son perseguidos por gardas.

Stella, Bloom, Layla e Sky seguen correndo, e os gardas chaman un monstro. Mentres tanto, Brandon ouve que os outros chegaron. Pero foron capturados polos gardas. Brandon non sabe como escapar. Entón Amentia recibe as flores, e Layla recoñece unha das flores. Entón Amentia rexeita Brandon, e namórase de Sponzus, co que cancela a voda de Brandon.

O equipo, enteiro, volve coa nave a Magix. Riven pregunta de quen son unhas botellas, e Brandon explícalle que Sponzus llelas deu porque se sentía mal. Entón aparecen Sponzus e Amentia xuntos, e Sponzus está a gozar.

Feitos importantes[]

  • Sponsus e Amentia casan.
  • Brandon é rescatado.
  • O equipo volve a Magix.

Curiosidades[]

Galería[]