Acheron | |
---|---|
Tempada 6, episodio 25 | |
![]() | |
Información do episodio | |
Número de episodio total | 155 |
Data do trinque (Italia) | 3 de agosto do 2014 |
Data do trinque (EUA) | 15 de novembro do 2015 |
Nomes originais | |
Nome en italiano | Acheron |
Nome en inglés (EUA) | Acheron |
Sucesión de episodios | |
anterior Afrontando campións | seguinte Winx inesquecibles |
Lista de episodios |
Acheron é o episodio 25 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 155 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2014 en Italia.
Argumento
Editar
O episodio comeza en Alfea, onde as Winx están a debater o que poden intercambiar pola chave do Legendarium con Rumpelstiltskin. Stella comeza a facer propostas, e primeiro crea un xeado con sabores interminables, e dállo a Musa. Pero Musa non pode suxeitar o xeado, e cae sobre ela. Despois propón un chapeu para todas as estacións e dállo a Layla, pero o chapeu queda descontrolado e Layla enfádase. Stella quere propor unha cousa máis, pero Bloom fai que pare.
Entón aparece Eldora contenta e vén darlle ás Winx unha caixa chamada “Caixa Infinita”, e poderán trocala con Rumpelstiltskin. Eldora di que nesa caixa poderán gardar todo o que quixeren. Mentres tanto, Daphne está a ollar pola xanela. Bloom pregúntalle o que está a pasar, e Daphne di que está emocionada porque casará con Thoren. As Winx din que lle prepararán un vestido e elas planearanlle a mellor voda.
No cuarto das Winx, Stella dálle a Daphne un vestido para a ocasión, Layla decórao con cintas Morphix, Bloom ponlle unha diadema celeste mentres Tecna ilumínaa, Musa pon unhas zapatillas musicais, e Flora dálle un ramo de flores rosas. Daphne dilles que se cadra todas estas decoracións son demasiado bonitas para ela, pero as Winx din que o merece. Entón todas van para Domino para a súa voda.
En Domino, as Winx, as Pixies, os Especialistas e os Paladinos prepáranse todos para a voda, e Thoren olla ao ceo mentres Daphne está nun carro que leva Peg (cabalo que os pais de Bloom regalaron á súa filla na película Winx Club II: A aventura máxica). Daphne baixa do carro, e Musa pon uns obxectos para que as zapatillas de Daphne non soen pero forte. Thoren está a esperar á súa noiva, e toda a xente, incluíndo os pais de Bloom e Daphne, están entusiasmados coa voda.
En Torre de Nubes, as Trix ven Selina e Icy pregúntalle que pasa, Selina coméntalles que ten un pouco da Chama do Dragón que lla tiña roubado a Bloom na batalla que fixo contra ela, sorprendendo a Icy. Entón di que fará os seus propios plans de liberar Acheron. Despois Selina libérao e o feiticeiro preséntase ás catro bruxas dicindo que el creou o Legendarium e explícalles que ten a súa intención de conquistar a dimensión máxica.
As Trix pensan que el sería bo para elas e para os seus plans, pero Acheron non quere compartir os seus poderes con ninguén, e quere dominar a dimensión máxica só. Selina ten medo e dille que lle tiña prometido ser forte, pero Acheron di que agora pensa o contrario e tenta coller Selina. As Trix descobren que Selina xa tiña intención de apartalas dos seus planos, e enfádanse con ela despois do que tiñan feito por ela.
Cando as Trix se dispuñan a atacar Selina, Acheron cólleas e encérraas no mundo do Legendarium, na páxina baleira que estaba antes prendido el. Selina corre o máis que pode, mentres Acheron búscaa pero de paso ela observa que as Trix quedaron prendidas no libro e vai cara á oficina de Griffin para contactar telepaticamente con Bloom sobre Acheron, pero el descóbrea e cos seus poderes fai que Torre de Nubes caia, e sobre todo bloquea todos os poderes máxicos.
Na voda, Eldora estaba a piques de casar a parella, pero unhas correntes de enerxía de Acheron pasan por diante deles. Daphne tenta crear unha esfera de poder pero non pode, o que significa que os poderes máxicos se bloquearon debido á forte enerxía de Acheron. Bloom ouve a mensaxe telepática de Selina e descobre que Acheron está libre. Eldora confírmao. As Winx, como teñen parte da Chama do Dragón, son as únicas que a súa maxia non bloquea o efecto de Acheron, entón deciden transformarse e diríxense a Torre de Nubes.
Como resultado Acheron obriga a Selina darlle o libro pero ela perde o equilibrio e cae da torre co libro. Bloom rescátaa xusto a tempo, mentres as Winx crean unha converxencia para facer un círculo ao redor da escola para deixar a torre no seu lugar, deixando ás bruxas asustadas porque non teñen habilidades de voo. A torre volve ao seu local, mentres as bruxas ven como as Winx conseguiron facer que a escola estea segura.
Acheron está sorprendido e invoca un espírito con forma dun lagarto para atacar ás fadas. As Winx tentan atacalo pero a criatura é forte e resiste os ataques das Winx. Bloom e Selina están no chan e Acheron tenta acabar coas dúas. Entón Selina descúlpase con Bloom e ela dille que a envíe ao Legendarium mentres o vence. Entón transfórmase en Mythix e é enviada ao labirinto de Rumpeltilstskin.
No mundo do Legendarium, Acheron tamén entra para loitar contra Bloom e teñen un combate, e Bloom descobre que tamén ten os mesmos poderes dela (a Chama do Dragón). Bloom consegue derrotar Acheron usando as trampas de Rumpeltilstskin, e aproveitando a distracción, encerra Acheron na Caixa Infinita. Ao final Rumpelstiltskin sae e Bloom intercambia a chave pola caixa que contén Acheron. Rumpelstiltskin sorpréndese e acepta.
Bloom dá a Rumpelstiltskin a caixa con Acheron e el dálle a chave do Legendarium, e coa chave, Bloom poderá fechar o libro. Parece que terminou a misión, pero as Trix achéganse a Bloom, mentres Rumpelstiltskin entra na súa casa. Icy di a Bloom que Acheron as enviou ao mundo do Legendarium porque Selina as traizoou. Aproveitando que Bloom non está coas Winx, as tres deciden loitar contra ela.
Feitos importantes
Editar
- Acheron é liberado do Legendarium.
- As Trix son prendidas no Lengadarium por Acheron.
- Acheron é prendido na Caixa Infinita.
- Bloom consegue a chave do Legendarium de novo, cando intercambia con Rumpelstiltskin a chave por Acheron.
- As Winx conseguen estabilizar Torre de Nubes.
Curiosidades
Editar
- Peg reaparece despois de estar ausente desde a película Winx Club II: A aventura máxica. Agora o seu deseño foi mellorado.
- Esta é o primeiro e única aparición física de Acheron.
- Roy non aparece neste episodio.
- Esta é a segunda vez que as Trix entran no mundo do Legendarium.