Wiki Winx Club
Advertisement

Alianza coas bruxas é o episodio 17 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 43 en total. Estreouse o 14 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no bosque, onde Bloom está preocupada. En Alfea, Faragonda propón a Griffin que vaian a Torre de Nubes as Winx para estar un tempo coas bruxas, aínda que Griffin di que as bruxas non queren traballar con fadas. Logo Faragonda chama as Winx e Mirta, e infórmaas que teñen que ir estudar un tempo a Torre de Nubes para protexer o códice. Faragonda di que as profesoras de Torre de Nubes as axudarán se as Trix atacaren.

As Winx chegan con Mirta a Torre de Nubes, e obsérvao Lucy. Esta vez as Pixies non van coas Winx, só Zing. Máis tarde, Musa lembra que as bruxas quixeron pegala. Cando cheguen á porta, as profesoras de Torre de Nubes preséntanse ás Winx, e din que Torre de Nubes é unha escola con raíces e ramas. Entón aparecen as Trix.

Griffin empeza a primeira clase, e as Winx quéixanse da opinión das bruxas. Flora propón traballar en grupos, e as outras rin, co que Griffin di que os membros do equipo poden traizoarse e por iso non hai grupos. Mirta vai á súa antiga habitación e atopa que Lucy non quere ser máis a súa amiga.

Nunha clase, Bloom di que se pode saír do edificio cando termine a clase. En Torre de Nubes, as Trix puideron entrar e Stormy di que como teñen o control da torre, poden dicir que lles traia o códice. As outras lle din que Griffin recuperou case todo o control da torre. E van buscar outros agochos. Fóra da habitación, ven a Mirta.

As Winx reuníronse coas bruxas, pero empeza unha discusión entre as bruxas e as Winx. Mirta chega, e quere pór fin á discusión. Bloom di que teñen que facer que Faragonda e Griffin se sentan orgullosas. Mentres tanto, as Trix ven que as Winx e as fadas están moi separadas.

Mirta e Lucy están a falar na súa habitación de recordos cando estaban xuntas, e elas dúas din que aínda que Mirta xa non sexa unha bruxa, poden ser amigas. No corredor, as Trix atópanse con Lucy, e esíxena que colabore con elas.

Nunha clase, a profesora está a facer unha clase de xuntar pensamentos escuros. Pero Mirta detecta que antes non había unha clase así, e está a facérllela só ás Winx. Entón a profesora pon un 10 a todas e a Mirta un 0.

Unha profesora está a explicar a Griffin cousas do códice, pero Griffin detecta que Lucy está a escoitar. Lucy sae correndo e ao final atópase coas Winx e Mirta. Entón decide contar a Mirta que as Trix chegaron e están a perseguir a Lucy. Bloom di que Mirta quede con Lucy e as Winx atopen ás Trix.

Stella discute coas Winx, e ao final vai buscar as Trix pola súa conta. Stella está no comedor, e Tecna está na biblioteca. Entón Tecna descobre que o Cócide está na biblioteca, pero as Trix aparecen e Icy conxela Tecna.

Mentres as Winx chegan a unha sala, as Trix tentan chegar até o Códice. Pero instalou un escudo, e deciden usar a forza. Bloom e Flora atopan a Tecna conxelada por Icy, e Bloom decide ir a por as Trix pola súa conta. Layla e Musa están a facer preguntas ás bruxas, e aparecen as Trix.

Musa e Layla transfórmanse, e as bruxas tamén loitan. Flora atopa Stella, mentres as Winx e as bruxas loitan contra as Trix. Entón as Trix aprovéitanse de controlar parte de Torre de Nubes e o edificio empeza a atacar ás Winx. As Trix vanse, mentres Stella tenta desconxelar Tecna.

Bloom é a primeira en atopar o Códice e transfórmase. Musa e Layla discuten contra as bruxas, ata que veñen Flora, Stella e Tecna e informan que é ese sitio que as volve nerviosas. As Trix atopan a Bloom e loitan contra ela, pero véncena. As fadas e as bruxas chegan, pero as Trix abren o corazón de Torre de Nubes e parece que alí hai alguén.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Musa lémbrase do seu mao momento coas bruxas no episodio 9 (Traizoados).
  • Stella continúa a ser unha má alumna, mesmo cando non está na súa propia escola. A ela non lle importa se fai erros nas súas clases de Torre de Nubes, e ela admite ter un mao rexistro permanente de calquera maneira.

Galería[]

Advertisement