Wiki Winx Club
m (1 revisión)
(No se muestran 2 ediciones intermedias del mismo usuario)
Línea 48: Línea 48:
 
Winx-1x07-6.jpg
 
Winx-1x07-6.jpg
 
</gallery>
 
</gallery>
  +
 
[[Categoría:Episodios]]
   
 
[[ca:Amigues amb dificultats]]
 
[[ca:Amigues amb dificultats]]
Línea 53: Línea 55:
 
[[en:Winx Club - Episode 107]]
 
[[en:Winx Club - Episode 107]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 107]]
 
[[es:Winx Club - Episodio 107]]
[[nl:Winx Club - Aflevering 107]]
+
[[fr:La Tour Nuage]]
  +
[[it:A Che Servono Gli Amici?]]
  +
[[nl:WC107]]
  +
[[pl:Przyjaciół poznaje się w biedzie]]
 
[[pt:Amigas em apuros]]
 
[[pt:Amigas em apuros]]
 
[[pt-br:Amigos em Necessidade]]
 
[[pt-br:Amigos em Necessidade]]
 
[[ro:Prieteni în pericol]]
 
[[ro:Prieteni în pericol]]
  +
[[ru:Друзья познаются в беде]]
[[Categoría:Episodios]]
 

Revisión del 22:42 18 sep 2019

Amigas en apuros é o episodio 7 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 7 en total. Estreouse o 11 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento

O episodio comeza en Alfea, onde as Winx están sen os seus poderes porque entraron en Torre de Nubes sen permiso. Van á oficina de Griselda, e ela dilles que ademais de non ter poderes, terán que pasar todo o día en Alfea e limpar toda a escola con vasoiras e fregonas. Tecna abre o seu computador portátil pequeno, pero Griselda di que tampouco poderán usar aparellos tecnolóxicos. Tecna fai un comentario e todas rin, e Tecna enfádase.

Nos corredores, Flora pregúntalle a Tecna se precisa de axuda, pero Tecna rexéitaa. Comeza a usar a vasoira, e fai caer un cadro, e di que na verdade vai precisar de Flora. No auditorio, Stella non quere limpar nada, e Bloom lánzalle auga. Ao final comezan a lanzarse auga, pero chega Griselda e dilles que pola tarde haberá un concerto, pero elas non poderán ir porque teñen que limpar. As alumnas e os profesores collen o autobús para ir á cidade de Magix, e as Winx quedan en Alfea.

Stella e Bloom queren pedir axuda aos Especialistas, aínda que as outras tres non lles parece boa idea. Entón os Especialistas veñen, e pensan que haberá unha festa. Mentres tanto, en Torre de Nubes, as Trix queren vinganza por colarse as Winx na escola, e queren destruír Alfea. Mirta, unha bruxa, di que as fadas non son tan más e deberían levarse ben, pero todas as bruxas ponse a rir e lanzan unha burbulla a Mirta. Entón aparece Griffin, e di que non haberá descanso esta tarde.

En Alfea, as Winx din aos Especialistas como limpar, pero Riven non quere facelo. Bloom di que despois da limpeza haberá unha verdadeira festa, e toca música para entretelos. Pero Riven non face nada, enfadado. Despois de limpar, comeza a festa, e Stella comeza a dicir a Bloom que faga algo con Brandon. Tecna e Timmy comezan a falar, e Musa ponse a bailar. Entón aparecen as Trix, e ven que a escola non está baleira. As outras queren volver a Torre de Nubes, pero Icy quere quedar e usar os seus obxectos máxicos.

As Trix comezan a conxurar os seus obxectos máxicos, e saen deles uns elementos que se xuntan nun triángulo e comezan a guiar ás Trix ao poder do dragón. Entran en Alfea, e sacan un monstro que destruirá Alfea. Mentres tanto, as Winx senten que todo comeza a tremer. Saen á xanela, e ven que algunha cousa saíu doutra xanela. Todo o mundo queda nunha situación de combate, e descobren como pode ser o monstro. Riven di que isto é cousa dos Especialistas, pero Musa decide ir con eles para buscar o monstro.

As Trix danse conta que os obxectos máxicos pararon, e nese momento aparece Peppe. Icy conxela o pato, mentres que os Especialistas entran nunha habitación que tamén está esnaquizada. As Winx chegan ata un corredor e atopan o monstro, e teñen que correr porque non teñen poderes. Cando se pon a atacar a Tecna, consegue escapar. Stella lanza un perfume que aínda o pon máis furioso. As Winx corren outra vez, e o monstro lanza Musa cando Riven salva a rapariga e lánzase contra o monstro. Entón aparecen os outros Especialistas, pero o monstro lanza Riven cara a outra habitación e aparecen as Trix, e Darcy di que Riven ten unha gran forza negativa. Icy di que podería ser útil, pero non por agora.

As Winx queren loitar contra o monstro, pero non saben a maneira. Stella di que atopou as ferramentas de limpeza, e Bloom di que poden ser útiles. Comezan a facer ruído con elas, ata que as lanzan e ponse a correr. Bloom lanza un líquido que fai que o monstro caia e arrastre Peppe. Agora que teñen o monstro baixo control, as Winx pregúntanse de onde saíu, cando descobren Peppe. Bloom di que teñen que ir á oficina de Faragonda, porque coa súa bóla de cristal sabe o que está a pasar en toda Alfea. As outras non concordan, pero Bloom di que non teñen escolla.

As Winx chegan á oficina, pero Riven ve que hai alguén e escóndense. As Trix chegan ata alí polos seus obxectos máxicos, e nese momento as Winx saen para atacar. Entón Faragonda chega, e pregunta que fan todas alí. Bloom di que llo pode explicar, e vanse da oficina. Entón os Especialistas volven a Fonte Vermella, e Faragonda di que agradecerá ao director Saladino a axuda dos seus alumnos. Pero fará unha queixa a Griffin pola intrusión das Trix en Alfea e ten a certeza que as castigará. Faragonda chama ás Winx de novo á súa oficina, e di que como todo o fixeron polo ben de Alfea, devolveralles os seus poderes. Despois, estando soa, di que as Winx aínda teñen un camiño para percorrer.

Feitos importantes

  • Mirta e Lucy aparecen por primeira vez.
  • Darcy é atraída polo corazón escuro de Riven.
  • As Winx obteñen os seus poderes de novo.

Curiosidades

Galería