Wiki Winx Club
Advertisement

Amor e Peluches é o episodio 4 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 82 en total. Estreouse o 22 de abril do 2009 en Italia.

Argumento

O episodio empeza nunha ponte de Gardenia, onde os Feiticeiros do Círculo Negro chegan. Uns policías preguntan aos Feiticeiros quen son, e os Feiticeiros atacan os policías e destrúen o seu coche. Os policías foxen asustados.

Tecna está a xogar nun videoxogo dun foro de Internet. Faragonda chama ás Winx, e elas din a idea dos animais máxicos para que os humanos crean na maxia. Pero que os peluches non esnaquicen a tenda.

Faragonda di ás Winx que teñen que atopar a última fada da Terra, e si ela caer en mans dos Feiticeiros, eles converteranse nos máis poderosos da Terra. Mentres tanto, unha rapariga co pelo rosa está a ter un pesadelo. As Winx están a preparar a tenda para abrila, e ponse uns vestidos.

Bloom abre a tenda, pero non hai ninguén. Pasa o tempo, e aínda non veu ninguén. Tecna crea unha páxina web para as Winx, onde a xente poderase descargar a mascota dende a súa casa. Unha nena di á súa nai que hai unha tenda duns animais con ás, e na súa casa descárgase un. A súa nai non cre que o animal saia do computador.

Entón as mascotas empezan a desaparecer porque aparecen en casa de varias nenas, e outra nena entra na tenda. As Winx informan sobre a tenda, e entón fórmase unha cola de persoas para entrar na tenda. Bloom ouve que alguén a chama, e resulta ser o seu ex-noivo Andy. El informa que ten un grupo de música e tocan nun bar chamado Frutti Music.

Os Especialistas chegan ata algún lugar da Terra, e teñen problemas co portal. Timmy logra pechalo. Pero moita xente comeza a ollar os Especialistas. Sky empeña o anel de Eraklyon nunha tenda, e conseguen diñeiro.

Mentres tanto, as Winx están a escoitar o grupo de Andy. Musa fala cun mozo da banda, e Bloom dá un bico na fazula de Andy. Riven e Sky, respectivamente, ponse celosos.

As Winx están a comer zumes, e o dono da tenda revela que a rapariga do pelo rosa se chama Roxy e é a súa filla. Andy presenta Musa ao público, e Riven enfádase. O can de Roxy empeza a ladrar, e Roxy cálmao cunha enerxía que as Winx senten e atopan a última fada da Terra.

As Winx non se atreven a dicir a Roxy que é unha fada, cando os Feiticeiros do Círculo Negro aparecen e atacan unha rapariga. As Winx transfórmanse, e os Feiticeiros capturan esta rapariga. Pero ela non é a última fada. Stella e Bloom atacan Ogron, sen éxito.

Cando as Winx están a piques de ser derrotadas, aparecen os Especialistas. Os Feiticeiros do Círculo Negro atacan aos Especialistas, e entón Ogron di que paren porque están a buscar á última fada da Terra, e non teñen que perder tempo cos Especialistas.

Os Feiticeiros do Círculo Negro desaparecen, e as Winx enfádanse porque están os Especialistas, e porque as espiaron no bar. Entón os Especialistas e as Winx vanse por camiños diferentes, e Bloom e Sky quedan tristes.

Feitos importantes

  • Os Especialistas chegan á Terra.
  • Amor e Peluches ten moito éxito.
  • As Winx e os Especialista entran nunha pelexa.
  • Musa comeza a ter o cabelo solto.

Curiosidades

  • Neste episodio é revelado o nome de Roxy e o seu can, Arthur.

Galería

Advertisement