Wiki Winx Club
Advertisement

Escrito nas estrelas é o episodio 26 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 208 en total. Estreouse o 17 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no tobo escuro de Valtor, onde o feiticeiro está a falar cuns seres da Dimensión das Tebras. Se obtivese a cuarta Estrela Primaria, obtería tamén as estrelas das Winx porque, ao ter máis estrelas cás Winx, podería facer que as demáis estrelas viñesen a el. Os seres da Dimensión das Tebras din que se cansaron das promesas de Valtor. Pero este di que cando viñeren as Trix, daranlle a estrela, unirá as sete estrelas e poderá pedirlle á Estrela dos Desexos ser o feiticeiro máis poderoso da Dimensión Máxica.

En Alfea, Kiko está a escoitar música no cuarto das Winx, cando ve as Trix que entran no cuarto. Kiko asústase, pero logo decide atacalas con froitas. Bloom, Tecna e Musa veñen ver que sucede. Cando Bloom se prepara para atacar as Trix, as bruxas revelan que son Stella, Flora e Layla, que se transformaron por mor dun feitizo creado por WizGiz. As Winx agradécenlle ao profesor pola súa axuda, de novo WizGiz marcha feliz transformado nun paxaro.

As Winx están a prepararse para entraren no tobo de Valtor cos feitizos de transformación de WizGiz. Xusto entón Bloom recibe unha chamada de Sky, dicindo que el e mailos Especialistas as poden axudar. Con todo Bloom di que esta é unha misión tan só para as Winx. Cedo o Cofre das Estrelas vén dicirlles ás Winx que esta será a misión máis importante. No tobo de Valtor, Darcy e Stormy non teñen a certeza de que sexa unha boa idea enfrontárense co feiticeiro, pero Icy lémbralles que teñen a estrela primaria e todo depende delas.

Darcy e Stormy deciden seguir o plan de Icy. Icy dilles ás demáis que se algo for mal, teñen que abandonala e marchar. Icy abraza Darcy e Stormy, de novo as tres bruxas chegan á sala na que se atopa Valtor. Cando Icy se prepara para dicirlle que non lle darán a estrela, todo empeza a tremer. Valtor dilles ás Trix que saian do tobo para veren que sucede. El descobre que as Winx están a atacalos. Pero é unha trampa, mentres que tres Winx están a distraerlles a atención ás Trix, as demáis Winx entran no tobo disfrazadas das Trix.

Stella, Flora e Layla teñen dificultades co seu novo aspecto, polo tanto deciden voar. Cando entran na sala principal do tobo, prepáranse para colleren as estrelas, pero entón ven Valtor que está a falar cos seres da Dimensión das Tebras. Estes seres dinlle a Valtor que as Trix chegaron, de novo as tres Winx que se disfrazaron das Trix non saben que dicir. Entón as verdadeiras Trix veñen dicirlle a Valtor que todo é unha trampa. As tres Winx quitan os seus disfraces e reúnense coas demáis Winx.

Valtor ordénalles ás Trix que lle dean a estrela, pero estas non lla queren dar. As Winx dinlles tamén que non lla dean. Valtor dilles ás Trix que el é o seu amo, pero as bruxas revelan que xa non teñen a Marca de Valtor, polo tanto xa non están baixo o control do feiticeiro. Bloom tenta convencer Icy a que non lle dea a Valtor a estrela, de novo Valtor tenta convencer Icy que as Winx son as súas peores inimigas. Bloom di que Icy ten que decidir. Valtor non está contento e empeza a atacar as Winx. El transfórmase nunha das súas tres transformacións: o demo xigantesco.

A transformación do feiticeiro sae de control, e as Winx e as Trix deciden saír do tobo. No espazo, Valtor empeza a atacar as Winx. Xusto entón unha nave de Fonte Vermella con tódolos Especialistas vén deter Valtor. Bloom di que os Especialistas só axudarán se for unha urxencia. Darcy di que teñen que marchar, pero Icy lémbrase da súa infancia e di que non quere ver a destrución do universo tal como viu a destrución do seu planeta, Dyamond, nas mans da Bruxa-Chamán. Polo tanto, non fuxirán. As Trix volven á batalla, de novo Icy decide darlle a sétima Estrela Primaria a Bloom.

Cando as Winx teñen catro estrelas, o Cofre dos Desexos aparece, absorbe as estrelas de Valtor e a Estrela dos Desexos recomponse. A Estrela dos Desexos dilles ás Winx que lle poden pedir calquera cousa, e as Winx piden protexer todo o universo máxico. Entón a Estrela dos Desexos dálles ás Winx a luz e a enerxía necesaria para destruíren Valtor.

As Trix marchan, pero antes, Icy sorrille a Bloom. A Estrela dos Desexos voa polo espazo, de novo tódalas Lumens de tódolos planetas e as estrelas vena pasar. Twinkly vén dicirlle a Dorona e a Argen que as Winx gañaron, e tódolos tres van a Alfea. En Alfea, as Winx dan un concerto, ao que van tódalas alumnas, os profesores, os Especialistas, Twinkly, Lumilla, Kiko e Knut. No ceo aparece unha nova constelación, a constelación das Winx, e o episodio e a tempada rematan.

Feitos importantes[]

  • Esta é a única aparición dos seres da Dimensión das Tebras.
  • As Trix traizoan Valtor, xa que xa non teñen a Marca de Valtor.
  • Icy decide darlle a estrela a Bloom, e as sete Estrelas Primarias únense.
  • A Estrella dos Desexos recomponse.
  • Valtor é destruído.

Curiosidades[]

  • Neste episodio aparecen por última vez as Lumens, Twinkly, Dorana e Argen.
  • Neste episodio aparece por última vez Valtor.
  • Sapphire continúa a ser un raposo branco, ou sexa, a tempada termina sen que Icy consiga devolverlle a súa forma humana. Polo tanto, é posible que as Trix aparezan nunha tempada 9, na que a historia de Icy podería continuar.
  • Este é o último episodio da tempada 8.

Galeria[]

Advertisement