Wiki Winx Club
Advertisement

As bágoas do salgueiro negro é o episodio 12 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 64 en total. Estreouse o 23 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento

O episodio empeza nos bosques de Alfea, onde as Pixies están a coidar o carballo da directora Faragonda. As Pixies din que as Winx vaian cara a Linphea, o planeta de Flora, para buscar un remedio do feitizo. E Lucy que está posuída, ouviu todo.

Lucy vai falar con Valtor. Mentres tanto, el dá a Stormy un novo poder para crear electricidade. Lucy chega e di a Valtor que as Winx van a Linphea, e Valtor di ás Trix que se encarguen elas de deter ás Winx.

En Linphea, as Winx chegan co teletransporte de Stella, e Flora alégrase de estar no seu planeta. Entón chega a irmá de Flora, Miele, e ela explica que as Winx teñen que ir á cidade das árbores, e ela acompañaraas.

En Torre de Nubes, Stormy crea unha pasaxe dimensional, e Icy quere ir con ela. En Linphea, as Winx atopan a cidade das árbores está nunha zona máis alta, e para subir teñen que coller unha folla de árbore grande como para caber todas as Winx.

Stormy espía as Winx, e cos seus novos poderes convoca a monstros. As Winx seguen na folla, cando atopan os monstros. As Winx transfórmanse. Stella cae, pero ela pode voar porque as súas ás Enchantix son máis fortes.

Un monstro tenta derrubar a folla, e entón Musa vai con Stella e Layla para combinar os seus Enchantix. As Winx logran destruír os monstros e volven á folla. Stormy enfádase porque o seu plan non funcionou.

As Winx chegan á cidade das árbores, e atopan a sabia de Linphea. Ela di ás Winx que a maxia de Valtor é moi poderosa, e a única maneira é reverter o curso do tempo. Tamén explica a historia do salgueiro negro, que formou un río que a auga corre ao revés.

Para salvar Faragonda, as Winx teñen que regar a árbore coa auga das bágoas do salgueiro e investir o feitizo. Pero esta auga só se pode recoller cun cáliz. Darcy ve ás súas irmás, e logo decide ir tamén a Linphea.

Miele quere ir coas Winx, e Flora pon Miele nunha xoaniña para que a devolva á súa casa. As Winx sóbense nas outras xoaniñas, pero teñen que continuar camiñando porque chegaron a unha zona que non poden pasar as xoaniñas.

Darcy atópase con Icy, e resulta que Icy quere ser a bruxa preferida de Valtor. Entón empezan a pelexar, ata que aparece Stormy. As tres empezan a pelexar, ata que Darcy se dá conta que pelexan por un mozo. Stormy di que teñen que unir os seus poderes.

As Winx entran na cova do río, mentres que as Trix as seguen. As Winx localizan o salgueiro negro, e Bloom quere ir coller auga ela mesma, pero Flora advirte a Bloom que se ela tocar a auga, volverá ser unha nena.

Entón aparece Miele, e di que esta auga se pode obter só cun cáliz. Stella transforma unha pedra nun cáliz e ela recolle auga, pero aparecen as Trix. As Winx transfórmanse, e empezan a loitar contra as Trix.

Por un ataque das Trix, o cáliz cae ao chan e rómpese. Entón as Trix ponse a ensuciar o río, e atacan Flora. Entón Miele ponse no medio dun ataque das Trix cara a Flora, e cae na auga. Flora fai unhas plantas carnívoras que capturan as Trix, e salta a buscar Miele.

Flora salva Miele e ela sobe á superficie, pero Flora queda atrapada nunhas algas na auga. Miele ponse a chorar, e as Trix escapan das plantas. O salgueiro deixa caer unha bágoa, e limpa a auga. E Flora obtén o seu Enchantix por salvar Miele.

Flora sae da auga, e as Trix están enfadadas. Co po de fada de Flora, cura o salgueiro e fai que o salgueiro capture as Trix. Entón da auga saen as Trix que se converteron en nenas, e vanse. As Winx volven con Faragonda, e fan que o carballo desapareza e salvan a Faragonda. Mentres tanto, descóbrese que o mozo con capa busca Layla.

Feitos importantes

  • Flora salva a vida da súa irmá de afogarse na auga, e recibe o seu Enchantix.
  • Rómpese o feitizo de Valtor, e Faragonda é liberada.

Curiosidades

  • Por primeira vez fala Nabu.
  • Darcy tiña unha clase de Griffin chamada “Como destruír un ambiente perfecto”.

Galería

Advertisement