As cunchas relucentes é o episodio 7 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 111 en total. Estreouse o 24 de outubro do 2012 en Italia.
Argumento[]
O episodio empeza no océano de Andros, onde Layla atopa unha das Selkies, Lemmy, e enlázanse. Lemmy di que recuperou os seus poderes enlazándose con Layla, porque Tritannus roubou os seus poderes. Mentres tanto, no simulador, tres Winx están a buscar pistas.
Layla pensa que teñen que entrar nun labirinto, e Lemmy indica o camiño a Layla, Stella e Bloom. Layla atopa que o mar está cheo de petróleo, e as Winx ouven unha canción. As Winx van ata a orixe da canción, e atopan as cunchas relucentes pero están sucias. Entón aparece petróleo, e deixa inconsciente ás tres Winx e Lemmy.
Bloom ten un pesadelo onde Diaspro di que Sky non quere Bloom. Stella ten un pesadelo onde ela mesma di que non ten talento para ser deseñadora de moda. E Layla ve a Nabu que di que ela deixou que el morrese. Layla descobre que el non é Nabu, e di ás outras Winx que todo é unha ilusión. Entón as tres Winx espertan.
As Winx pensan que as ilusións veñen das cunchas relucentes, e fan que volvan brillar. Entón as cunchas relucentes din que como teñen confianza, dan un novo enigma para que atopen a xema da confianza. En Alfea, Stella decide preguntar á súa gardiá, e a gardiá chámaa “Princesa de Solaria”.
Stella pensa que a xema está en Solaria, mentres Tritannus tenta entrar en Solaria. A súa Selkie, Illiris, tenta que Tritannus non pase a Solaria, pero Tritannus absorbe os poderes de Illiris e entra en Solaria, contaminando todo. Pero queda sen toxinas, e volve ao seu aspecto normal. Tritannus di que as Trix teñen que ir á Terra.
Sky di a Bloom que quere falar con Diaspro, pero di que ela só fala dela. Vanessa chama a Bloom, e di que os mares de Gardenia están a ser contaminados, e acompañarana Musa, Tecna e Sky, mentres Stella irá a Solaria con Layla, Flora e Brandon.
Na Terra, uns homes hipnotizados están a tirar barrís de petróleo ao mar. Pero non é suficiente para Tritannus, e un home abre un tubo de petróleo para lanzar máis petróleo, e Tritannus volve ter todo o seu poder. En Gardenia, as tres Winx aparecen, e os pais adoptivos de Bloom informan ás Winx que hai unha gran vertedura de petróleo.
Stella, Flora e Layla chegan aos mares de Stella, e transfórmanse. As Winx despídense de Brandon e Roy, e entran na auga. Entón Illiris enlázase con Stella, e Lemmy di que Illiris tamén perdeu os seus poderes pero tamén os puido recuperar enlazándose con Stella.
As Winx atopan contaminación, e logo entran nunha cova onde un obxecto de prata reflicte a luz do sol. Entón son atacadas por un monstro, e petrifica Flora. Na Terra, as Trix atopan as outras tres Winx, e transfórmanse e loitan contra as Trix. Pero Sky ten que loitar contra os mutantes, e non se lembra.
As Trix sorpréndense porque agora son máis fortes. Tecna evita que caia máis petróleo, e as Trix van atacar Bloom, pero Sky lembra como loitar e protexe Bloom. As Trix son derrotadas, e vanse. Os homes espertan, e atopan que todo é un desastre. As Winx propoñen axudar aos homes a limpar a vertedura.
As outras tres Winx están a ser atacadas polo monstro. Entón Stella di a Layla que axude Flora, e co obxecto de prata, Stella reflicte o raio e o monstro é petrificado, e logo salva Flora. Layla pregunta como o sabía, e Stella di que só confiou en que funcionaría.
A xema da confianza aparece, multiplícase e cada parte da xema colócase nas caixas do Sirenix. Na Terra, as outras Winx alégranse porque atoparon a xema da confianza. Mentres tanto, Tritannus di ás Trix que agora teñen que capturar a irmá de Bloom, Daphne, e descubrir o seu segredo do Sirenix.
Feitos importantes[]
- Layla e Stella rapidamente enlázanse coas Selkies do seus respectivos mundos de orixe, Andros e Solaria. Layla enlázase con Lemmy e Stella con Iliris.
- As Winx teñen éxito en gañar a xema da confianza.
Curiosidades[]
- Sky lémbrase só de como loitar, mais continúa sen lembrar toda a súa vida e a súa relación con Bloom.
- Neste episodio Flora, Musa e Tecna transfórmanse en Harmonix xunto ás outras tres Winx.