Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

As pedras máxicas é o episodio 15 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 171 en total. Estreouse o 28 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no planeta Pyros dende un volcán, onde as Winx teñen que tomar unha decisión: deixaren Kalshara que marche, ou deixaren os dragóns que morran. Aos pés do volcán, Brafilius está a atacar tódolos animais máxicos das Winx cos seus xigantes de fogo.

Mentres tanto, a saúde dos dragóns está a empeorar. Stella ten a idea de utilizar a Chama do Dragón de Bloom para curalos. Entón Bloom lémbrase do adestramento con Maia, a sabia que a axudou a obter a transformación Enchantix hai algúns anos no mesmo planeta.

Na lembranza de Bloom, Maia dille a Bloom que ela non pode reavivar o fogo de Pyros coa Chama do Dragón. No entanto, Bloom dilles ás Winx que ten outra idea mellor: cos seus novos poderes Tynix poden apartar o vampiro de fogo mesmo da fonte. Entón as Winx viaxan ao Mini-Mundo das Pedras Preciosas.

Neste mini-mundo atópanse cos seus animais máxicos, que tamén viaxaron cara a este mini-mundo por mor da ligazón máxica entre eles. Xuntos deciden investigar e descobren uns pequenos dragóns chamados Clankies.

As Winx achéganse aos dragóns Clankies e tentan gañar a confianza deles. Grazas ás pulseiras máxicas Tynix, os dragóns Clankies poden entendelas e falar con elas. Mib, un dos dragóns Clankies, fala sobre o vampiro de fogo e di que non pode facer nada contra el.

As Winx queren axudalos. Mib lévaas cara ao corazón do volcán, onde atopan a fonte do fogo máxico de Pyros. Xuntos tentan activar o corazón de novo, para restauraren de volta toda a forza vital dos dragóns.

Entón esperta o vampiro de fogo e sae do corazón. No entanto, aínda posúe o fogo. Elas ségueno, pero a esencia deste é demasiado forte, xa que vén a través do fogo máxico e sempre se rexenera. Bloom e Elas unen as súas forzas e tentan illar o fogo máxico do vampiro de fogo e destrúeno. Mib pode devolver o fogo ao corazón, que empeza a latexar de novo.

O corno de Elas cambia a súa cor e vólvese prateado, é un sinal a indicar a avaliación do nivel dos seus poderes. Mentres tanto, Brafilius vén atacalas de novo coa súa irmá Kalshara. Co diamante negro comproba se os dragóns son o animal coa primeira cor do universo.

Tamén, as Winx e mailos seus animais máxicos regresan e os dragóns de Pyros espertan de novo. Estes opóñense contra os invasores para defendérense, mentres que Kalshara e Brafilius foxen derrotados.

Feitos importantes[]

  • Esta é a primeira aparición do mini-mundo das pedras preciosas.

Curiosidades[]

  • Este episodio é a primeira aparición de Maia, a última vez sendo na tempada 3. Pero neste episodio Maia só aparece nas lembranzas de Bloom.
    • Tamén esta é a segunda aparición da illa Pyros noutra tempada da serie. A súa última aparición sendo na tempada 3.
  • En italiano, unha nova parte da canción Tynix óese; mentres que en inglés, non sucedeu esta cousa.
  • Nunha escena, as ás de Stella son violetas en vez de rosa.
  • Nunha escena, as ás de Tecna son verdes en vez de violetas.
  • Nunha escena, as ás de Flora son violetas en vez de verdes.
  • Nunha escena, as ás de Flora son verde escuro en vez de verde claro, e as ás de Tecna son verdes en vez de violetas.

Galería[]

Advertisement