Wiki Winx Club
Advertisement

Ataque ao núcleo é o episodio 3 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 185 en total. Estreouse o 17 de abril do 2019 en Italia.

Argumento

O episodio empeza con Obscurum que lles ordena aos seus Staryummys que sequen o núcleo de Lumenia ata a última faísca. Deste xeito, Lumenia afundirase na escuridade e el volverase o novo soberano de Lumenia. Para paralo, usando os seus novos e potentes poderes Cosmix, as Winx chegan.

As Winx empezan a atacar os Staryummys, pechando os portais que os conectan coa dimensión escura na que Valtor vive. No entanto, cada vez que elas pechan un portal, Obscurum usa a súa maxia e sempre consegue abrir outro portal para os seus Staryummys, por tanto consegue permitirlles aos Staryummys que leven todas as faíscas de luz que roubaron do núcleo directamente a Valtor.

No seu escuro castelo, Valtor prosegue a absorber todas as faíscas de luz que lle trouxeron os Staryummys, incrementando notablemente o seu poder. Obscurum consegue distraer as Winx suficiente para permitirlles aos seus Staryummys que absorban toda a enerxía luminosa do núcleo e a continuación consegue fuxir.

O núcleo apagouse. No entanto, concentrando todos os seus poderes Cosmix sobre o núcleo, as Winx finalmente conseguen devolverlle a súa luz e facelo brillar de novo por todo Lumenia, devolvendo a forza aos Lumens. Cando Valtor descobre o que fixeron as Winx, castiga Obscurum severamente (facéndolle pasar por uns portais de dor), e despois, xura vinganza contra as fadas do Winx Club.

Mentres tanto, as Winx están a facer un concerto para todos os Lumens, dándolles as grazas deste xeito por confiar nelas. Xusto cando se achega o fin do concerto, Bloom recibe unha mensaxe de Faragonda, que lle advirte que en Alfea lles espera unha sorpresa, un exame de Pocionoloxía co profesor Palladium preparado recentemente. As seis fadas son obrigadas a darse présa en volver a casa.

Durante o camiño de volta a Alfea, as Winx están a correr para chegar a tempo ao exame, cando de súpeto Bloom se atopa co príncipe Sky, o seu noivo, quen está decepcionado porque a moza se esqueceu completamente da súa cita romántica. A moza promételle que a farán canto antes, no entanto, agora ten que ir enseguida á clase sorpresa que Faragonda e Palladium lles prepararon.

Durante a proba sorpresa de Pocionoloxía, Palladium ordena a Bloom, Stella, Flora, Musa, Tecna, Layla, Lexi, Naomi, Diana, Lori e Kelli a construír un Destilado de Herba-gato. Pero as Winx teñen soño e non o fan ben, e o exame acaba nun desastre. Á noite, Riven chama Musa por teléfono, pero a moza rexeita a súa chamada. Véndoa un pouco triste, Tecna pon para ela un pouco de música e as dúas empezan a bailar para expulsar os pensamentos negativos, mentres que as demais Winx descansan en casa. Bloom mira ao ceo e ve unha estrela, pero resulta que é unha nave brillante. Valtor di que atacará esta nave, e termina o episodio.

Feitos importantes

  • Revélase que Valtor prometeu a Obscurum o trono de Lumenia a cambio da súa axuda e o seu exército de Staryummys.

Curiosidades

  • Se o núcleo de Lumenia se apagar e a estrela caer na escuridade, Obscurum volverase o lexítimo soberano do planeta.

Galería

Advertisement