Wiki Winx Club
Advertisement

Batalla no planeta Eraklyon é o episodio 14 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 40 en total. Estreouse o 2 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento

O episodio empeza en Alfea, onde unhas fadas están a discutir. Musa pasa camiñando entre as dúas fadas, e elas esquécense da discusión. En Eraklyon, un home informa a uns Ninjas sobre o secuestro de Diaspro, e esperan a chegada de Sky. Nunhas covas, Diaspro está atada e atópase cos Ninjas.

Nunha clase de Palladium, Bloom fixo un feitizo que provoca que chova só sobre ela, e Palladium informa que os feitizos de choiva foron os primeiros na historia da maxia. As Pixies enfádanse polo comportamento das Winx cara a Palladium.

Cando acaba a clase, Bloom está preocupada por algo, e entón vén Sky e informa que el e Brandon teñen que irse ao seu planeta, Eraklyon, por un problema. As Winx queren ir, e aínda que Sky di que este planeta pode ser perigoso, acepta que Bloom e Flora os acompañe. Unha Pixie segue aos catro cunha corda.

No auditorio de Alfea, Musa ten que organizar un concerto. Layla ensina a Musa a bailar. No espazo, Sky di que a misión non irá moi ben. Cando chegan ao planeta, o pai de Sky di ao seu fillo que Diaspro foi secuestrada por un grupo de Ninjas, e o secuestrador piden un rescate que arruinaría o reino. Sky quere ir rescatala sexa como for.

As dúas Winx están a buscar unha flor, pero teletranspórtase cando a tocan. En Alfea, Musa atopa uns feitizos e Palladium di que é maxia negra. Musa cre que poderían aparecer as Trix. En Eraklyon, aparecen uns Ninjas. Eles din que non foron eles os que secuestraron a Diaspro, e foi un chamado Yoshinoiya e un equipo especial de Ninjas.

Sky explica que Yoshinoiya sempre vai tras Sky e o seu trono, e por iso Sky e Brandon cambiaron os seus nomes. Entón unha pluma aparece e ataca ao equipo. As dúas Winx deciden facer un feitizo de localización. Empezan a camiñar, e entón volven ser atacados. Logran protexerse, e entón aparecen uns Ninjas diferentes do resto que din os seus nomes.

En Alfea, Stormy está a pronunciar unhas palabras cando Musa tenta detela. En Eraklyon, as dúas Winx transfórmanse. Pero os Ninjas deixan inconscientes ao catro. En Alfea, Musa transfórmase e empeza a facer unha danza de choiva, pero Stormy atácaa.

En Eraklyon, os Ninjas informan a Diaspro que venceron a Sky. Mentres tanto os catro están encerrados, e as Pixies queren axudar. En Alfea, Musa continúa a facer o feitozo da choiva. En Eraklyon, os catro escaparon, pero localizan a Diaspro. Flora di que usará a flor teletransportadora e dúas persoas da mesma altura e peso cambiarán de lugar.

En Alfea, Musa continúa a cantar, e Stormy ri. En Eraklyon, un Ninja vai pór un casco a Diaspro, pero nese momento é intercambiada con Bloom. Diaspro escapa e explica a Flora que ela sempre quixo casar cun príncipe. Bloom tamén logra escapar aínda que é perseguida polos Ninjas.

Musa fixo que a maxia de Stormy desapareza, e entón Musa ataca Stormy. Entón as xanelas de Alfea ilumínanse e os profesores ollan o que pasa, e Stormy vaise. En Eraklyon, os Ninjas acurralaron aos catro. Pero eles capturan unha nota de Yoshinoiya, co que os Ninjas se pasan ao lado de Sky e as Winx.

Os Ninjas e os catro reúnense con Flora e Diaspro, e volven co rei. Pero o rei di que non poden quedar neste planeta porque poden volver ser enganados. Fóra do palacio, os Ninjas están a confundirse, e entón Bloom di que a Terra foi invadida, co que os Ninjas van cara á Terra. Ao final, o rei queda contento con Bloom.

Feitos importantes

  • Diaspro é secuestrada.
  • Sky presenta Bloom aos seus pais.
  • Musa é convidada para un concerto en Fonte Vermella.

Curiosidades

Galería

Advertisement