Wiki Winx Club
Línea 75: Línea 75:
 
[[pt-br:Butterflix (episódio)]]
 
[[pt-br:Butterflix (episódio)]]
 
[[ro:Butterflix (episod)]]
 
[[ro:Butterflix (episod)]]
  +
[[ru:Баттерфликс (серия)]]

Revisión del 23:47 18 sep 2019

Butterflix é o episodio 3 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 159 en total. Estreouse o 22 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza no mesmo punto onde as Winx están no pasado de Alfea; as raparigas falan con Faragonda respecto á súa toupa que acaba de desaparecer durante o incidente e as Winx prometen que a axudarán a atopalo, no entanto Griselda avisa que era hora das clases de metamorfose de WizGiz e Faragonda vai á présa.

Durante as clases, WizGiz fala sobre a transformación animal, pero cando Faragonda chega accidentalmente transforma WizGiz nun caracol, logo rífaa dicindo que a ouviu dicir que ocuparía o posto como directora e que non a decepcione, e ten que ser como Kalshara (unha das estudantes que axudou ás Winx no episodio anterior) que mostra a súa transformación nunha aguia.

Bloom sospeita que era a mesma quen atacou no futuro a toupa, mentres tanto WizGiz dille a Faragonda que atope a súa toupa e retírase tamén Kalshara. Nos corredores Kalshara cóntalle que o Libro da Natureza pode servirlles de axuda.

Ao chegar, non atopa Mavila e colle o Libro da Natureza para atopar o animal máxico, unha vez que colleu o libro esquiva os animais que custodiaban a oficina e acode con Kalshara que estaba a falar telepaticamente mediante unha xoaniña con alguén dicindo que cedo se apoderará do poder dos animais máxicos. Despois dálle o libro ao cal atopa a localización do Bosque de Froitas.

Faragonda quere regresar o libro pero Kalshara dille que ela o fará. Mentres Faragonda vaise, Kalshara rompe unha páxina do libro onde está a localización da sala dos animais máxicos. As Winx atopan Faragonda quen lles avisa que atopou o local para buscar as toupas, e as raparigas sospeitan como atopou a localización.

Na sala Kalshara atopa un gran campo de poder e absórbeo, facendo que nun instante se converta nun tigre, sobre todo cos coñecementos de cada un dos animais máxicos. O seu obxectivo é atopar unhas toupas no bosque e despois colle o fragmento para levarllo a Brafilius.

Fóra varios animais afástanse da escola, mentres que Faragonda pensa que de novo xa o fixo polo que Mavila aparece moi sorprendida e di que atopou o Libro da Natureza no seu cuarto. Faragonda coméntalle que tentaba facelo mas Kalshara díxolle que regresaría o libro.

Mavila dúbida acerca da acción de Kalshara e as Winx observan que Kalshara transformada en aguia foxe. Entón as Winx, Mavila e Faragonda acoden ao bosque de froitas para poñer orde aos animais máxicos.

No bosque, Kalshara transforma Brafilius nun can humanoide e ordénalle que busque as toupas cos seus novos poderes, aínda que é infame non os colle, e son sorprendidos polas Winx, Mavila e Faragonda.

Kalshara fala con Faragonda porque colleu o poder salvaxe e pídelle que se xunte con ela, pero ela non quere. Máis tarde Brafilius convoca un xigante de rochas para coller as toupas, as Winx transfórmanse aínda que non teñen vantaxe e entón tentan atacalo, pero como é forte e as toupas están nas súas mans, é difícil. Por desgraza, o xigante afúndese e case lévase as toupas.

Brafilius ordénalle que vaia con el, pero atácao cun puño e enfadado pregunta por que o ataca. Kalshara chega con Mavila e tenta matala, no entanto Faragonda utiliza un feitizo que a converte nunha gata e Brafilius cólleo e vanse. As Winx entón decátanse que as toupas poden defenderse, entón utilizan os seus ataques para vencer o monstro de rochas mentres as toupas foxen do derrube.

Parecía que xa salvaron os animais, pero as gretas que quedaron do xigante transfórmanse en bolboretas e unhas auras de enerxía rodean as Winx sorprendendo Mavila e Faragonda. Foi entón cando obteñen a transformación Butterflix.

Mavila dá os parabéns ás Winx e sobre todo a Faragonda que actuou con gran valor e descúlpase pola maneira como a tratou, mentres tanto ela despídese da súa toupa e as Winx terán agora máis respostas dos animais máxicos. A directora explícalles que só quería que os animais máxicos vivisen en Alfea, pero co poder dos animais máxicos que sobrou usarao para borrar os recordos e así ninguén se poderá aproveitar dese poder. As Winx retíranse, pero antes Stella di que verá Faragonda máis tarde na súa inauguración do parque, cousa que a fada queda en dúbida.

Feitos importantes

Curiosidades

  • Este episodio marca a aparición final da transformación Bloomix.
  • Revélase que Kalshara e Brafilius xa foron seres humanos antes que eles se transformaron en criaturas que cambian de forma.
  • Este episodio marca a primeira aparición da Sala dos animais máxicos.
  • Revélase que WizGiz xa era un profesor cando Faragonda, Kalshara e Griselda aínda eran estudantes de Alfea, tornándoo máis vello ca Faragonda.
  • Nunha escena, unha parte do vestido Bloomix de Layla falta.
  • Nunha escena, unha das pulseiras Butterflix de Layla é roxa en vez de azul-turquesa.

Galería