Wiki Winx Club
Cosmix

As Winx co Cosmix.

Cosmix é a transformación que as Winx obteñen na tempada 8, xunto con outra transformación. Está relacionada coas estrelas e coas galaxias. As Winx gañan este poder a través da raíña de Lumenia, Dorona.

Aparencia[]

O vestido dunha fada Cosmix caracterízase por traxes luminosos e luvas brillantes que deixan os seus dedos descubertos. As roupas enteiras son enriquecidas por saias curtas sobre máis capas que lembran as nubes, estrelas decorativas e redes espaciais. As ás son de tamaño medio, e tamén estas partes luminosas son enriquecidas por estrelas pintadas. Os cabelos son moi simples. O cabelo está recollido nunha cola de cabalo ou solto ao longo das cadeiras. Cada pelo é decorado con pedras preciosas ou glitter luminoso, que lembra un ceo estrelado.

Requisitos[]

O Cosmix é unha maxia creada pola Raíña Dorona para axudar as Winx a defender o reino de Lumenia. Este inmenso poder permitiralles restaurar a luz dos núcleos de todas as estrelas.

Poderes[]

O poder Cosmix orixínase da luz. Grazas ao poder do Cosmix, unha fada pode devolver a luz ás estrelas que probabelmente se apagarán. Designadamente, as Winx utilízano para devolveren a luz perdida aos núcleos de todas as estrelas. Cando unha fada obtén o Cosmix, libera rastros de maxia de cores no ceo. Grazas ao Cosmix, as Winx viaxan por todas as galaxias do Universo Máxico, descubrindo mundos nunca antes vistos e visitando as estrelas, a partir da estrela máis grande e brillante: Lumenia.

Curiosidades[]

  • O Cosmix é a primeira transformación a ser animada exclusivamente no novo estilo de animación da tempada 8.
  • O Cosmix é a segunda transformación cuxo modelo das ás non difire entre as fadas, sendo a primeira o Sirenix.


Transformacións de Winx Club
Winx (fada normal) • CharmixEnchantixBelievixHarmonixSirenixBloomixMythixButterflixTynixCosmix