Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

Encontro co desastre é o episodio 5 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 5 en total. Estreouse o 6 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza na cociña de Alfea onde están a facer a comida, e Bloom preferiría facelo con maxia que facelo manualmente. Entón aparece o profesor de cociña, que di que teñen que virar as tortillas que están a preparar. Ás outras sáelles ben, pero a tortilla de Bloom vai parar ao ventilador do teito. Flora vai apagalo, e o ventilador comeza a ir máis rápido. Cando Flora consegue desconectar o ventilador, a tortilla vai parar á cara do profesor. El enfádase e vaise. Entón aparece Stella, que informa que terá unha cita co príncipe Sky.

Na súa habitación, Stella non sabe o que se ten que pór. Bloom pregunta se estará Brandon, e Stella di que non virá “o seu servo”, e Bloom enfádase por isto. Entón Stella descobre que Bloom está namorada del. Entón abre unha caixa de xoias, e ponse o seu anel máxico de Solária. Tecna ve que hai algo raro na cita, cando Musa comeza a sentir o cheiro do asado que está a queimarse. Van á comida, e entón aparece Griselda. Flora aparece co extintor, e pola sorpresa cae e a fumareda do extintor vai parar á cara de Griselda. Ao final, todas volven ás súas habitacións cansadas. Entón Bloom e Musa insinúan que a Tecna lle gusta Timmy.

Ao día seguinte, as Winx ouven ruído na habitación de Stella. Abren a porta, e Stella di que todo vai ben. Bloom pregunta como foi a cita, e Stella enfádase, di que non pasou nada e fecha a porta. Na clase de WizGiz, todas están convertidas en cabazas. Cando tentan converter as súas carar ao seu estado natural, só unha rapariga segue coa cara de cabaza. WizGiz colle unha rata, e automaticamente volve ter cara humana polo susto. Cando saen de clase, as Winx descobren que Stella non saíu da súa habitación. Bloom vai vela, e descobre que todo está destrozado. Sae Stella, que quere con furia o seu anel. Cando Bloom quere calmala, Stella ataca Bloom e vaise.

Bloom cóntallo ás outras Winx restantes. As raparigas comezan a pescudar, e para isto van a Fonte Vermella. Alí, descobren que Sky non escribiu nada, e nin esa é a súa letra. Entón un can comeza a ladrar a Tecna, e Brandon consegue calmalo. Entón Codatorta chama aos Especialistas, e teñen que volver ao seu traballo. Entón as Winx van á cidade de Magix para buscar onde está o restaurante A Lagoa Negra. O holograma de Tecna non deteta en ningún sitio ese restaurante, e entón Bloom ensina ás outras raparigas que preguntando á xente poden atopalo.

Tras preguntar aos que poden, parece que se renden. Entón un home vén dicirlles onde está A Lagoa Negra, e desaparece. Pero nun canto, vese o home rindo maliciosamente. Cando as Winx chegan, Flora ve que a árbore que hai diante do restaurante non está vivo, e entón comeza a escurecerse todo. Ábrese a porta, e aparece o home de antes. Entón ven que todo é unha trampa, e aparece Stella outra vez con furia, que comeza a atacar ás outras.

Tecna transfórmase, e Bloom descobre que non é a verdadeira Stella. Entón Stella revela que é Darcy, e aparecen as Trix. As outras Winx transfórmanse, e o home resulta ser Knut. Entón revelan a verdadeira Stella atada. As Trix fanlle tomar unha decisión a Bloom: o anel ou a vida de Stella. As outras Winx queren loitar, pero Bloom toma a decisión de dar o anel ás Trix. Entón elas liberan Stella, e vanse co anel.

Tras a derrota, Bloom di que a loita non acabou, compárao co fútbol e di que as Trix marcaron un gol, pero o partido non acabou. As outras Winx non saben que é o fútbol, e Bloom ensínalles que teñen que coller unha bóla. Pero como non teñen ningunha bóla, collen unha lata do chan e Bloom lanza a lata como unha bóla. E así termina o episodio.

Feitos importantes[]

  • Bloom troca o anel de Stella coas Trix para salvar a vida desta.

Curiosidades[]

  • Esta é a primeira vez que un membro do Winx Club é raptada (Stella).
  • Bloom tórnase a líder non oficial do Winx Club.
  • Neste episodio Bloom é máis vista con Flora.

Galería[]

Advertisement