FANDOM


Entre os xeos de Dyamond
Tempada 8, episodio 24
Winx206
Información do episodio
Número de episodio total 206
Data do trinque (Italia) 15 de setembro do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Tra i ghiacci di Dyamond
Nome en inglés (EUA) Dyamond on Ice
Sucesión de episodios
anterior
Entre terra e mar
seguinte
O raposo branco
Lista de episodios

Entre os xeos de Dyamond é o episodio 24 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 206 en total. Estreouse o 15 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde as alumnas están nunha clase de Metamorfosimbiose, na que o profesor WizGiz anuncia que farán un exame sorpresa: as estudantes terán que transformarse nun animal para pasar o exame. Mentres tanto, Stella inexplicablemente empeza a comer unhas cenorias dunha cesta.

Bloom toma o aspecto dun gato pequeno, Layla toma o aspecto dunha bolboreta, Tecna transfórmase nunha ovella e Musa transfórmase nun paxaro. Cando Flora se transforma nun tigre, olla Stella, pero entón Stella asústase e empeza a correr, saltando polas mesas da aula. WizGiz decátase que o comportamento de Stella é sospeitoso, fai un feitizo e revela que ela non é a verdadeira Stella, senón Kiko.

No seu cuarto, Stella está a descansar, cando as demais Winx veñen dicirlle que WizGiz descubriu que Stella fixo trampa e enfádanse con ela porque, por culpa dela, Wizgiz deu a todas as Winx unha chea de deberes. Entón o Cofre das Estrelas vén informar as Winx sobre a súa próxima misión nun mundo deserto e xeado, un planeta chamado Dyamond. Alí atópase a sétima Estrela Primaria, e alí descubrirán o segredo dunha irmá.

O Cofre das Estrelas tamén di que quen coller a última Estrela Primaria, obterá tamén todas as outras, polo tanto as seis fadas teñen que obter esta estrela sexa como for. Tecna explica que Dyamond é un mundo de cristal cuxa superficie está envolvida de xeos máxicos. Mentres tanto Icy, espiando a conversación das Winx, descobre que a sétima Estrela Primaria se atopa en Dyamond, un planeta que ela coñece moi ben xa que alí garda un segredo.

Icy está disposta a manter este segredo e a non ir a este planeta, polo tanto di ás demais Trix que esta vez deixarán que as Winx collan a última Estrela Primaria e despois atacaranas para quitárllela. Valtor vén dicir que el está ao comando no canto de Icy, polo tanto o feiticeiro ordena ás Trix que vaian a Dyamond, ameazándoas de envialas ao limbo do cal as liberou se non obedeceren as súas ordes.

Mentres as Winx están a piques de ir a Dyamond, Sky chega a Alfea para convidar Bloom a cear nun encontro romántico. Bloom di a Sky que lle gustaría ir, pero tendo en conta que a súa misión é máis importante porque o destino do universo está en xogo, vese obrigada a rexeitar a proposta do seu noivo. Sky, que só quere pasar un pouco de tempo coa súa noiva, decide seguir as Winx en segredo na súa próxima misión, nun novo vehículo de Fonte Vermella.

As Winx e as Trix chegan a Dyamond e atopan un misterioso raposo branco que Icy tenta protexer con todas as súas forzas dos ataques escuros das súas irmás Darcy e Stormy. No entanto, cando un raio de Stormy golpea un glaciar, o raposo atópase en perigo nun glaciar. Felizmente, Sky chega a Dyamond e observando o animal en perigo, sálvao. Icy, ao ver que Sky está a interactuar coa criatura, enfádase e empeza a atacalo cos seus dardos máxicos, facéndoo caer nun lago xeado.

As Winx deciden utilizar os seus poderes Sirenix para salvalo, pero entón descobren que a súa transformación Sirenix evolucionou no “Crystal Sirenix”, un nome inventado por Tecna, que explica ás súas amigas que os seus poderes Sirenix reaccionaron aos xeos máxicos de Dyamond, evolucionando nun novo poder máxico que as protexerá do xeo do lugar. Bloom quere atopar Sky, pero infelizmente as profundidades do lago son tan escuras que non lles permiten ver nada. Entón o seu Crystal Sirenix adáptase tamén á escuridade do lugar e as Winx empezan a desprender luz dourada das súas ás.

Feitos importantes Editar

  • O Sirenix das Winx evoluciona no “Crystal Sirenix”.
  • Revélase que Icy ten un pasado e un segredo en Dyamond.

Curiosidades Editar

  • Revélase que Icy viviu en Dyamond cando era pequena, pero as súas irmás Darcy e Stormy non están con ela.
  • Neste episodio aparece unha terceira versión da secuencia da transformación Sirenix, esta vez chamarase “Crystal Sirenix”.

Galeria Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.