FANDOM


Entre terra e mar
Tempada 8, episodio 23
Winx205
Información do episodio
Número de episodio total 205
Data do trinque (Italia) 14 de setembro do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Fra terra e mare
Nome en inglés (EUA) Between the Earth
and the Sea
Sucesión de episodios
anterior
O segredo da harmonía
seguinte
Entre os xeos de Dyamond
Lista de episodios

Entre terra e mar é o episodio 23 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 205 en total. Estreouse o 14 de setembro do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde as Winx están nun exame de Pocionoloxía co profesor Palladium, e só teñen cinco minutos para completar unha poción. É a quenda de Tecna e Layla, pero vendo que Tecna vai moi amodo, Layla decide ir rápido e suspenden o exame. Nos corredores, Tecna e Layla enfádanse debido á impulsividade de Layla e á razón lóxica de Tecna.

O Cofre das Estrelas aparece para informar as Winx dunha nova misión, e Bloom decide saír ao patio para escoitar a mensaxe do cofre nun lugar tranquilo. O cofre di que a sexta Estrela Primaria se atopa en Coralia, unha estrela en forma de illa cun volcán, e atoparán a estrela nun lugar no que a luz e a sombra están en simetría. Stella está contenta, porque poderá gozar dunhas vacacións nunha praia.

Na gorida escura de Valtor, el e as Trix están a ollar as Winx, pero esta vez, Valtor di que está cansado de que as Trix fallan moitas misións, eles só teñen dúas estrelas e as Winx teñen tres, polo tanto di que as Trix tamén estarán de vacacións, xa que esta vez el mesmo irá obter a estrela en Coralia no canto de enviar as Trix.

As Winx chegan a Coralia, onde atopan uns cangrexos que se asustan ao ver as Winx. O compás deixa de funcionar, e non saben onde teñen que ir. Entón empeza outra discusión entre Layla e Tecna, xa que Layla quere buscar no mar e Tecna quere ir ao volcán. Musa decide dividirse, pero Bloom di que teñen que estar xuntas porque as Trix poderían vir atacalas.

As Lumens de Coralia veñen dar a benvida ás Winx, xa que lles gusta moito ter convidados. As Winx cambian as súas vestimentas e van coas Lumens de Coralia ata a cidade principal na que se atopa a xefa destas Lumens, a duquesa Carolyne. As Lumens dan ás Winx hamacas e bebidas de coco, e as Winx din que están a buscar a estrela. Pero as Lumens non saben onde se podería atopar.

Continúa a discusión entre Tecna e Layla sobre o lugar no que teñen que buscar a estrela, polo tanto Bloom, Stella e Tecna van cara ao volcán mentres que Layla, Musa e Flora buscarán no mar. Stella está enfadada porque ela quería ir ao mar, pero as demais cren que Stella se ten que apartar do mar. Tecna di que o volcán está inactivo desde hai moito tempo. Despois de escalar o volcán, uns monstros de lava veñen atacar as tres fadas, e as Winx transformaranse para loitar contra eles.

No corazón do volcán de Coralia, unhas Lumens están a protexer o núcleo, cando Valtor sae dun portal, mete as Lumens nunha bóla escura e ataca o núcleo coa súa maxia escura. No mar, o outro equipo pregunta a uns cangrexos se viron a estrela, pero eles tampouco as poden axudar. Tecna vén dicir que teñen problemas, cando ela e Layla atopan unha cuncha na que se atopa a estrela.

Tecna e Layla non poden abrir a cuncha, pero cando elas dúas se poñen de acordo, a cuncha ábrese e a estrela sae. No entanto, cando a estrela está a piques de entrar no cofre, unha bóla escura atrápaa. Entón atopan Valtor, que di que non pode tocar a estrela, por iso utilizou as Winx para que atopen a estrela e despois roubárllela. Layla suxeita a bóla cunha corda de Morphix, pero Valtor revela que atacou o núcleo de Coralia e dálles unha elección: obter a estrela ou salvar a illa.

Tecna di a Layla que todas teñen que estar unidas para salvar a illa, polo tanto Layla decide que teñen que salvar a illa e deixa que Valtor se vaia coa estrela. Cando Valtor marchou, as Winx tentan facer que o volcán volva á normalidade, e van á cidade das Lumens para protexelas. Despois de facer que as Lumens estean nun lugar seguro, as Winx deciden baixar ao corazón do volcán para arranxar o núcleo.

As Winx deciden usar os seus poderes Cosmix para baixar a temperatura do núcleo, e o núcleo volve á normalidade. Cando fixeron que Coralia estea a salvo, descobren que os monstros de lava só protexían o núcleo. As Lumens de Coralia agradecen a axuda das Winx, aínda que as Winx están tristes porque perderon. E Tecna e Layla volven ser amigas. Mentres tanto, na gorida de Valtor, o feiticeiro volve coa estrela e di que están nun empate, porque el ten tres estrelas e as Winx tamén teñen tres, e planea obter a última estrela; mentres que Icy está a velo dende unha esquina, con rabia polo éxito de Valtor.

Feitos importantes Editar

  • Valtor obtén a sexta Estrela Primaria (el só).

Curiosidades Editar

  • Esta vez, Valtor decide obter a estrela el mesmo no canto de enviar as Trix, porque as bruxas fallaron moitas veces.
  • Ao final do episodio, Icy olla Valtor con rabia dende unha esquina, considerando vingarse contra el.

Galeria Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.