Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement
Especialistas

Os Especialistas principais.

Os Especialistas son un grupo de estudantes dunha escola para rapaces preto de Alfea: Fonte Vermella, escola para expertos militares e loitadores. Varios expertos tornáronse os noivos das Winx.

Especialistas coñecidos[]

  • Sky: É o príncipe de Eraklyon, pero se sente sufocado pola súa posición. Ten un cabelo louro e medio e é o noivo de Bloom. Como el ama Bloom, el rexeitou casar coa princesa Diaspro, a rapaza que os seus pais escolleron. Se Sky casar con Bloom, ela converterase na raíña do planeta natal del, Eraklyon. É o líder do grupo. O seu dragón é azul. Ten unha cadela chamada Lady.
  • Brandon: É o escudeiro de Sky, é un gran espadachín. El é determinado como Stella, unha razón para que eles teñan unha boa relación. Ten un pelo curto e castaño. El é o noivo de Stella. O dragón é verde.
  • Riven: El actúa como un lobo, moi competitivo e bo en deportes radicais como surf. Ten un pelo curto vermello escuro. Parece un dura pero é sensible e acolledor. El ama Musa e é o seu noivo. Nas primeiras tempadas mantén unha rivalidade con Sky, máis logo se entenden. O dragón é vermello.
  • Timmy: El actúa como o xenio da tecnoloxía do grupo ás veces, dunha longa liñaxe de científicos. É moi intelixente, pero é tímido. El é o noivo de Tecna. O dragón é amarelo.
  • Helia: Vive en Fonte Vermella co seu avó Saladino, director da escola. Xa foi un bo alumno, pero decidiu dedicarse á arte e á poesía, así afastándose da escola de especialistas. Pero cando coñece Flora, volta. Usa unha luva-láser. Ama Flora e é o seu noivo. Non adestra dragóns.
  • Nabu: É un feiticeiro e, como tal, moi habilidoso, descoñecido que aparece na tempada 3. Igual que Layla, vén de Andros. El é o noivo de Layla, e na tempada 4 deciden casar. Porén, no episodio 24 da tempada 4 (O día da xustiza), el morre.
  • Roy: É o novo especialista, aparece na tempada 5. Foi mandado polo rei Teredor para conducir o iate para as Winx durante a súa busca polo Sirenix, o Explorador dos Mares. El parece ter sentimentos por Layla. Roy ten un pouco de maxia a si mesmo, que el chama de “Áurea de Tritón”. Roy ten cabelos louros e ollos escuros de grises.

Paladinos[]

Os Paladinos, igual cós Especialistas, son poderosos guerreiros, só que teñen armas mais avanzadas e os seus traxes non se comparan aos dos Especialistas. Tiveron a súa primeira aparición no terceiro episodio da tempada 6. Os uniformes dos Paladinos baséanse sobre todo nun traxe vermello e no seu peito teñen unha xema dalgunha cor.

Os Paladinos son vistos na tempada 6 nun campo de batalla da escola de Linphea no episodio 3 (A escola voadora). Están a practicar coas súas novas armas, xunto cos Especialistas, facendo duelos un contra o outro. Cando atacan os Treants, os Paladinos e os Especialistas tentan axudar ás fadas en derrotalos. No entanto, ao final do episodio, as Winx, os Paladinos e os Especialistas deixan Linphea, mentres os estudantes e os profesores da escola quedan para loitar contra os Treants.

Igual cós Especialistas, os Paladinos teñen a capacidade de manipular unha arma. No entanto, a diferenza dos Especialistas, as armas teñen un elemento que se asocia con eles. Por exemplo, cando se lles dá a opción das armas, Thoren elixiu un martelo e utilizouno no chan creando fendas na terra.

Paladinos coñecidos:


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…
Advertisement