FANDOM


Estrela do pop!
Tempada 8, episodio 4
Winx186
Información do episodio
Número de episodio total 186
Data do trinque (Italia) 18 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano PopStar!
Nome en inglés (EUA) PopStar!
Sucesión de episodios
anterior
Ataque ao núcleo
seguinte
O segredo de Orion
Lista de episodios

Estrela do pop! é o episodio 4 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 186 en total. Estreouse o 18 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza nunha nave estelar chamada Peripla, onde Obscurum e os seus Staryummys se coan nesta nave a través duns portais, accedendo á estrutura principal polos condutos do sistema de distribución do aire, xa que o seu tamaño lles permite ir por estes condutos.

En Alfea, Bloom está a esperar impacientemente a atopar o seu príncipe Sky, que di que organizou para ela unha sorpresa. No entanto, as Winx tentan distraer e ter Bloom ocupada para permitirlle a Sky que prepare o seu pícnic no xardín coa axuda de Knut e Kiko. Cansa de esperar, Bloom tenta baixar ao xardín para velo, pero é obstaculizada por Tecna e Stella, mentres que Layla, Flora e Musa se dirixen ao xardín para tentar entender por que o mozo se está a esforzar tanto nesta cita.

Mentres tanto, no xardín, Kiko e Knut están con Sky, pero acaban por arruinar todo, creando unha gran desorde. Pero grazas ao toque feminino de Layla, Flora e Musa, Sky consegue organizar a cita perfecta. No entanto, infelizmente, o mozo vese obrigado a retirarse porque Brandon lle vén dicir cunha nave de Fonte Vermella que teñen unha nova misión de máxima urxencia, polo tanto Sky vese obrigado a pospor a súa cita con Bloom. No seu cuarto, Bloom está furiosa polo que acaba de acontecer, pero Stella lémbralle que sempre terá as súas mellores amigas.

Na súa escura fortaleza, Valtor di que sempre precisa de absorber nova enerxía estelar para volver ser o feiticeiro máis potente do Universo Máxico, de modo que lle encarga a Obscurum a misión de absorber todos os raios de luz do núcleo de Peripla, a estrela nave na que Obscurum e os seus Staryummys se infiltraron.

Á noite, Twinkly vén informar as Winx que a raíña Dorona lle regalou un novo poder: a capacidade de evocar un mapa astral, que Tecna identifica como un “holomapa” de todo o Universo Máxico. Grazas a este, as Winx e Twinkly poderán reaccionar aos movementos de Valtor, interceptando instantaneamente as estrelas en perigo, que serán indicadas no mapa. Este é o caso de Peripla, unha estrela moi especial porque sempre se está a mover, unha “estrela nave” única no seu xénero capaz de desprazarse dunha galaxia á outra para iluminar o camiño das naves espaciais.

Seguindo a idea de Musa, as Winx, para moverse sen que os Lumens sospeiten e para continuar a pescudar, toman a identidade dun pequeno grupo musical en xira e a idea pon Twinkly tan eufórica que a pequena Lumen se presenta como representante do grupo ante o capitán da estrela nave. Dela aprenden que o núcleo de Peripla é un rubí, un verdadeiro motor de luz estelar que canaliza a enerxía luminosa que alimenta a nave. De súpeto outra nave achégase a Peripla e o capitán ordena aos seus Lumens que abran unha canle con esta. Trátase da nave dos Especialistas, que chegou a Peripla para pescudar sobre un misterioso ladrón de rubís que se atopa nas veciñanzas da estrela.

As Winx e os Especialistas garántenlle ao capitán que ninguén nunca se achegará ao rubí que alimenta así Peripla, e mentres que os guerreiros Especialistas partirán para perseguir o ladrón, as Winx terán os Lumens ocupados entreténdoos cun concerto musical. Os Especialistas son atacados por unha nave misteriosa e os seis guerreiros enseguida empezan a perseguila. Pero esta nave consegue atacalos e facelos acabar nun buraco negro. Mentres tanto, Obscurum manda a un puñado de Staryummys que distraian as Winx causando un apagamento, mentres que el e os Starchomps ocuparanse de absorber a luz do núcleo.

As Winx usan os seus poderes Cosmix para dirixirse á proa do barco e pescudar sobre o misterioso apagamento, pero é tarde cando se decatan da trampa. Despois de chegar á estación de control, comprenden que os Staryummys xa absorberon toda a luz de Peripla e agora están a piques de fuxir. Pero mentres que Flora, Bloom e Layla tentan contelos, á nave chega unha chamada de axuda de Sky: sen a luz de Peripla que ilumine o seu camiño, os Especialistas xa non serán capaces de alcanzala e acabarán sendo aspirados dentro do buraco negro. No entanto, para recuperar a luz do núcleo de Peripla grazas aos seus poderes Cosmix, as Winx son obrigadas a deixar fuxir Obscurum e os Staryummys coa luz roubada.

Feitos importantes Editar

  • Orion aparece por primeira vez.

Curiosidades Editar

  • Regresan os problemas da relación entre Bloom e Sky.
  • Orion é presentado neste episodio como un misterioso ladrón de rubís perseguido polos Especialistas.

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.