FANDOM


Festa sorpresa na Terra
Tempada 8, episodio 12
Winx194
Información do episodio
Número de episodio total 194
Data do trinque (Italia) 28 de abril do 2019
Data do trinque (EUA) 2019
Nomes originais
Nome en italiano Festa a sorpresa
Nome en inglés (EUA) Surprise Party on Earth
Sucesión de episodios
anterior
O tesouro máxico de Syderia
seguinte
A sombra de Valtor
Lista de episodios

Festa sorpresa na Terra é o episodio 12 da tempada 8 da serie Winx Club e o episodio 194 en total. Estreouse o 28 de abril do 2019 en Italia.

Argumento Editar

Mentres Valtor está a ollar o universo enteiro dende a súa gorida, ve como cruza o espazo a estrela dos desexos, un astro que cruza só unha vez os ceos da dimensión máxica cada mil anos. Se Valtor conseguise apoderarse dela, podería expresar o desexo de ser o feiticeiro máis poderoso do universo.

Mentres Valtor está a contemplar a estrela dos desexos, Obscurum dille que os poderes escuros de Valtor non lle permiten a Obscurum que se achegue á estrela dos desexos para conquistala. No entanto, determinado a tomar o control desta estrela, Valtor decide que roubará os poderes Cosmix de Bloom, e quitarallos atacando os seres máis queridos da rapariga.

As Winx van ao laboratorio de Orion para entregarlle o anaco de cristal que obtiveron en Syderia, co que o mozo poderá crear núcleos artificiais e volver acender todas as estrelas apagadas. Deste xeito poderá devolver a luz a Iridia e Prometia salvarase. Sky chama Bloom porque quere organizar unha cita romántica con ela, pero a rapariga é obrigada a rexeitar a cita polo aniversario da súa nai Vanessa.

Mentres Bloom vai a Gardenia, na Terra, para organizarlle unha festa sorpresa á súa nai, as outras Winx van a Lumenia para informar Dorona sobre o seu último descubrimento. En Gardenia, Bloom organiza para Vanessa a festa perfecta sen utilizar maxia, pero a feliz unión cos seus pais é arruinada porque Valtor, atacando o Sol, deixa a Terra no frío e na escuridade. Ademais, a continuación, evoca monstros xigantes escuros para que destrúan o planeta.

Para salvar a Terra, Bloom convoca os guerreiros Especialistas, mentres ela e as outras Winx voan cara ao Sol para salvar o seu núcleo. Mentres as Winx se enfrontan ao Starchomp enorme que devorou o núcleo do Sol, Valtor sae da súa gorida e aparece detrás das Winx. Stella non sabe por que el veu en persoa, pero Valtor mete Bloom nun portal e a continuación o feiticeiro tamén entra nel.

Bloom enfróntase cara a cara con Valtor nunha dimensión alternativa creada expresamente para ela. No seu interior, Valtor dálle unha elección: salvar as súas amigas, ou ben salvar a Terra e todos os seus habitantes, entre eles os seus pais, e Bloom é consciente que non poderá facer nunca ambas as cousas. Só se a rapariga lle entregar os seus poderes Cosmix, Valtor retirará os seus exércitos escuros, polo tanto os seus pais e as súas amigas salvaranse.

Feitos importantes Editar

  • O Sol é atacado e un Starchomp enorme devora o seu núcleo.

Curiosidades Editar

Galería Editar

O conteúdo da comunidade está disponível sob CC-BY-SA salvo indicação em contrário.