Wiki Winx Club
Advertisement

Roy é un novo Especialista que aparece na tempada 5.

Características[]

Roy traballa para o pai de Layla, o rei Teredor. El dirixe un iate para que as Winx poidan viaxar a calquera corpo de auga na dimensión máxica durante a súa busca polo Sirenix, o Explorador dos Mares. El parece ter sentimentos por Layla. Roy ten o cabelo louro escuro e ollos grises. Ten un pouco de maxia, que el chama “Áurea de Tritón”.

Historia[]

Roy non apareceu nas tempadas 1, 2, 3 e 4.

Tempada 5[]

Roy aparece por primeira vez no episodio 6 da tempada 5 (O poder do Harmonix), onde dirixe un iate para que as Winx poidan viaxar a calquera corpo de auga na dimensión máxica. Entón, Layla e as Winx puideron chegar ata Andros. A continuación, el apareceu no episodio 7 (As cunchas relucentes), onde el dixo que quería ir coas Winx pero Layla rexeitou isto.

Roy, entón, apareceu na festa de Alfea do episodio 8 (A canción do rubí) con dúas bebidas para compartilas co Layla, pero os seus plans cambiaron cando Stella levou tres especialistas con ela e Layla estaba con rabia porque eu non tiña ganas de bailar con rapaces.

No episodio 9 (A xema da empatía), Roy axudou ás Winx a atopar a xoia da empatía no castelo Ponte de Datos en Zenith, o planeta natal de Tecna. Como se ve nos episodios 24 (A alma do océano) e 25 (O último descubrimento), Layla e Roy desenvolveron sentimentos románticos un polo outro.

Tempada 6[]

Na tempada 6 tamén aparece, e Roy podería substituír Nabu como o noivo de Layla. Roy, os outros especialistas e as Winx (menos Bloom) chegan a Domino para a festa do renacemento de Daphne. Na festa, os Especialistas axudan ás Winx cando Domino foi invadido pola Besta das Profundidades que enviaron as Trix. Máis tarde, Roy e os Especialistas tiñan unha formación de batalla na escola de Linphea. Foi moi celoso cando un dos Paladinos chamado Nex, que é o seu opoñente, tenta seducir a Layla.

El recibe unha nova arma que é unha espada verde que lle permite absorber os raios. Pero nun duelo, cae e perde a súa formación de batalla, pero foi salvado por Layla. Entón, cando Linphea é atacada polos Treants, el axuda aos Especialistas durante a batalla coas Winx. Logo, Roy vai a Alfea para axudar ás Winx na súa formación. Con todo, desátase unha pelexa entre Nex e el, xa que Nex trata de conseguir o afecto de Layla. Despois da súa pelexa, axuda á batalla coas Winx entre os Treants pero un Basilisco petrifícao en pedra.

Imaxes[]


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…
Advertisement