Wiki Winx Club
Advertisement

A filla do Fogo é o episodio 13 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 13 en total. Estreouse o 25 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza na Terra, na cidade de Gardenia, onde Bloom está a cortar unhas cenorias. A súa nai, Vanessa Peters, axúdaa. De súpeto, o forno comeza a incendiarse, pero Bloom apaga o fogo con maxia. Entón sae á rúa coa súa bicicleta, e atópase co seu pai, Mike Peters, nun camión de bombeiros. El dille que xa se verán na cea.

Bloom continúa pola rúa, e atópase coa súa antiga rival Mitzi. Ela comeza a preguntar por que mudou de escola e se está nunha escola de persoas con problemas mentais, e Bloom di que é unha escola de raparigas especiais e vaise. Entón dáse conta que pode ver a aura das persoas cos seus verdadeiros pensamentos. Tamén descobre que pode facer isto só na Terra.

Bloom atópase cun home nun coche que a olla, pero o ignora e vaise. Na tenda de Vanessa, hai uns homes que están a falar con ela. A nai de Bloom di que serán os seus futuros socios, pero as súas auras din que queren fechar a tenda e facer un supermercado. Bloom ponse a axudar á súa nai, e explícalle o novo poder que descubriu e que os dous homes son uns estafadores. Despois di que confíe nela.

Ao día seguinte, Vanessa rexéitase a traballar con estes homes. Entón un deles lanza ao chan unha flor facendo ver que foi un accidente, e despois vanse con rabia. Cando non hai ninguén, Bloom arranxa a flor con maxia. E despois Bloom e os seus pais pasan o día en familia, ata que van durmir.

Ao día seguinte, alguén lanza un ladrillo e quebra o cristal da tenda. Pero Bloom converte o ladrillo nunha esponxa máxica e arranxa o cristal. Despois Vanessa di Bloom que leve unha flor a fóra, e un condutor pasa cun martelo e quebra o vaso. Cando xa están lonxe, Bloom arranxa o vaso con maxia.

Bloom e Vanessa volven de comprar á tenda, e descobren que a fechadura foi forzada e a tenda enteira está esnaquizada, pero non roubaron diñeiro. Mike quere denunciar eses homes á policía, pero non teñen probas. Entón o que decide facer é pór unha alarma, pero primeiro os tres van á cama.

Pola noite, Bloom ten un pesadelo onde hai un incendio na tenda, e esperta os seus pais. Entón deciden ir ver o que acontece, e descobren que o pesadelo en realidade foi unha visión, a tenda está en lumes. Mike avisa os seus homes, pero Bloom quere entrar porque é unha fada e pode facer algo. Mike di que estará con ela.

Entran cun campo de forza que os rodea e os protexe das chamas, e entón ten unha especie de lembranza onde ela é un bebé e o seu pai atópaa nun incendio. Despois da lembranza, Mike di Bloom que ouve un home que está entre os lumes. Bloom recoñéceo como o condutor do coche onde ían os homes que querían enganar a súa nai. Mike axúdao a saír ao condutor, mentres que Bloom axuda co fogo mediante maxia.

O condutor explica que el comezou o fogo, pero a situación quedou fóra de control e quedou prendido alí. Tamén explica que os homes que querían enganar Vanessa fixéronlle facer isto, e sempre están a enganar a donos de tendas. Bloom pode ver que está arrepentido mediante a súa aura, e despois lévanllo coa policía. Mentres tanto, en casa de Mitzi, ela está a ver a televisión e sae Bloom pola súa fazaña no incendio.

En casa de Bloom, Mike e Vanessa explican que mellorarán a seguranza da tenda. Entón Bloom explica a visión de cando era bebé, e os seus pais revelan un gran segredo: Bloom é adoptada, e Mike rescatouna dun incendio. Non saben de onde vén, e Mike di que ela estaba soa pero a salvo dos lumes. Bloom di que aínda que non son os seus pais, eles sempre serán os seus mellores pais do mundo.

En Alfea, Bloom explica ás Winx que ela é adoptada, e as outras din que é o mellor do mundo. Bloom está moi decidida a atopar respostas, aínda que Flora di que pode ser doloroso. Stella di que a axudará en todo o que for preciso, e despois Musa e Tecna tamén queren axudala. As Winx xuntan as mans, e así termina o episodio.

Feitos importantes[]

  • Bloom recibe o poder de ver a verdadeira personalidade das persoas.
  • Bloom ten unha visión cando ela foi un bebé e estivo entre o fogo.
  • Bloom descobre que ela non é da Terra.

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement