Wiki Winx Club
Advertisement

O segredo escuro de Bloom é o episodio 14 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 14 en total. Estreouse o 25 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Torre de Nubes, onde Griffin está a falar con Mirta, e outras bruxas están a lembrar a Lucy o que lle pasou no concurso de Miss Magix. En Alfea, Bloom está a facer un exame de Faragonda cunha flor e cuns obstáculos, e apróbao. Nun encontro con Brandon, ela explícalle que quere saber quen son os seus pais e algunhas respostas máis que están en Torre de Nubes, e el quere axudala a pesar dos perigos.

En Fonte Vermella, Timmy prepara Brandon para ir a Torre de Nubes. Sky preocúpase por el, e nese momento aparece Riven facendo espionaxe e informa Darcy. En Alfea, Bloom está na cama, e aparece Brandon escondido e despois de Bloom quitarse o pixama, eles dous van na súa misión.

En Torre de Nubes, Lucy está enfadada, e Mirta téntaa consolar dicindo que as Trix teñen a culpa do que aconteceu na competición de Miss Magix, pero Lucy quere ser máis poderosa, e concretamente quere ser apreciada e tomada en consideración polas Trix. Mirta preocúpase e quere vinganza porque a súa amiga está a cambiar. Despois de que Lucy marcha, Mirta sae fóra do castelo e comeza a facer algúns feitizos contra as Trix. Mirta descobre o plan das Trix, que queren enganar Bloom co seu pasado. Mirta disponse a axudar a Bloom sen coñecela.

Brandon e Bloom chegan ata Torre de Nubes, e atopan unhas nubes que comezan a derrubar a súa moto. Eles caen, pero sálvanse e entran no castelo. Grazas a un GPS de Timmy, atopan a biblioteca e uns libros que responden todo. Ela pregunta quen é en realidade, e aparecen unhas imaxes dunhas antigas bruxas, Domino e Bloom de bebé saíndo das bruxas. Bloom ponse triste e volta a Alfea.

En Alfea, Flora di a Stella que Bloom non está, e Tecna e Musa tampouco a atopan. Brandon dixen que el levou Bloom de volta, pero nunca entrou no edificio. No bosque, Bloom e Kiko espertan, e ela está desorientada. Bloom comeza a camiñar, e atopa Mirta, que lle di que as Trix a enganaron. Pero as tres bruxas aparecen e ponse a buscar Bloom, aínda que non están moi unidas como equipo.

As Winx, para buscar Bloom, transfórmanse. Flora pregunta á herba onde pode estar, e indican un camiño. Musa fai unha onda de son, e Tecna analiza os datos. Stella fai luz, e con isto comezan a busca. Mentres tanto, as Trix atopan Bloom e Mirta, e ponse a afrontalas cando aparecen as Winx. Darcy dáse conta que foi un truco de Mirta, e Icy conxela as dúas. Pero as verdadeiras Winx aparecen.

Stormy ataca ás Winx, e para salvalas Bloom transfórmase. Mirta lanza unha ilusión dun monstro, pero Icy fíxase no debuxo da cabaza da súa camisa e transforma a bruxa nunha cabaza. Bloom desencadea o seu poder do dragón, e Peppe está a loitar contra Kiko pero vaise con Icy.

Bloom di que ela gañou ás Trix, pero se preocupan por Mirta, convertida nunha cabaza cunha cara. Bloom volve para Alfea, e Flora di a Bloom que ten que descansar ben. Despois di a Mirta que ata que consigan combater o feitizo coidará dela, e di que é palabra de Winx.

Feitos importantes[]

  • Mirta deixa Torre de Nubes.
  • Mirta coñece Bloom e as Winx.
  • Mirta é convertida nunha cabaza.
  • Mirta queda en Alfea.

Curiosidades[]

  • Mirta non ten os seus pantalóns vermellos cando ela sae atrás da árbore cando Bloom a atopa.
  • Cando Bloom pasa o seu exame, as mangas de Faragonda faltan.
  • Os pantalóns de Musa transfórmanse en rosa nunha escena.
  • Kiko non foi con Bloom e Brandon a Torre de Nubes, pero el apareceu no bosque con Bloom despois de deixar o castelo.
  • Cando Stella se prepara para lanzar o seu feitizo, as mangas de Tecna faltan.
  • Cando Icy vai lanzar un feitizo para transformar Mirta nunha cabaza, as mangas de Flora faltan.

Galería[]

Advertisement