Wiki Winx Club
Advertisement

Honra por riba de todo é o episodio 15 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 15 en total. Estreouse o 1 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Alfea, onde o profesor WizGiz informa que terán un exame sorpresa ao día seguinte. Todas as fadas enfádanse, xa que teñen que estar a estudar toda a noite. Entón óuvese que Bloom está a durmir na clase, e Flora a esperta. Todas rin, e nese momento Griselda leva Bloom á oficina de Faragonda.

Bloom explica que durante a noite non puido durmir ben polo soño de Daphne, e aínda que Griselda non cre nela, Faragonda di que convoque o consello. Nos corredores, WizGiz está a buscar algo, saca uns papeis para buscar e cáelle un. Bloom veo e quere devolverllo, pero WizGiz xa non está. Na súa habitación, Flora tenta converter Mirta á súa forma humana, sen éxito. Tras unha discusión, Bloom chega e di que ten as respostas do exame sorpresa.

Stella quere abrilo, pero as outras din que non o faga. Musa di que debería devolvelo, xa que terán moita tentación de abrilo. Despois di que quere ir á cama, pero Bloom xa está a durmir. Ela está a soñar que está nunha vivenda escura, e alguén quere dicirlle algo. Bloom é espertada por Griselda, que di que Faragonda quere vela. As outras Winx pensan que é polas respostas do exame.

Faragonda di que tivo unha reunión co consello asesor, e Bloom ao principio tamén pensa que é polo sobre. Pero Faragonda non sabe nada disto, e di que a voz pertence a Daphne, a gardiá da Chama do Dragón e vive no lago Rocha Luz. E entón aparecen no lago como imaxes, e entran nunha gruta. Alí aparece Daphne, que lle dá un baú. De volta á realidade na oficina da directora, Faragonda di a Bloom que o resto ten que descubrilo ela.

Na súa habitación, as Winx comezan a pórse nerviosas pola conversa de Bloom coa directora, pero Bloom di que só quería castigala por durmir na clase. Bloom vaise á súa habitación, preocupada por todo. Tamén lembra que hai tempo de Brandon non falou con ela, e Kiko suxire por sinais que Bloom chame a Brandon. Ela colle o seu móbil.

En Fonte Vermella, Brandon e Riven están a loitar como exercicio, e Codatorta fai que paren porque loitaban con moita ansiedade. En Alfea, Bloom ve que Brandon non responde. As Winx reúnense e Bloom decide esconder as respostas do seu exame na cociña, e se alguén tiver a tentación de ollar o exame ninguén o saberá. Musa di que se unha tiver unha nota máis alta será que o ollou. Stella decide colocalo cos nabos.

Pola noite, as Winx acércanse á cociña evitando facer ruído e pensando que van soas. Cando chegan, tentan evitar que as vexan, e todas ponse a dar voltas cando alguén abre a luz. Resulta que é Bloom, e Flora decide colocalo nun caixón. Entón Stella decide ir durmir. Bloom ve que na súa cama está a durmir outra persoa, pero resulta ser Kiko.

Ao día seguinte, todas están nerviosas polo exame. Cando entran na clase, atopan que todas as fadas están sucias. WizGiz entra, e di que todo saíu segundo o seu plan. Flora dá o sobre a WizGiz, e todas sorpréndense por isto. WizGiz vai abrir o sobre, e todas teñen medo menos as Winx, que din que está a pasar algo raro.

WizGiz explica que todas pensaron que tiñan as respostas do exame, pero era unha trampa. As que caeron na tentación ensuciáronse a cara, e suspenderon. As que teñen a cara sen manchas son as que resistiron, e por isto aprobaron coa nota máxima. Stella ponse moi contenta, e lanza WizGiz ao ar e cáese. Stella pídelle perdón polo golpe.

Griselda entra e dilles que haberá unha reunión de pais e profesores no auditorio, e Bloom preocúpase porque non sabe que farán os seus pais en Alfea, e ademais sempre odiaron as reunións de pais e profesores.

Feitos importantes[]

  • Bloom viaxa para un soño antigo en que ela se atopa con Daphne que lle dá un baúl a Bloom.

Curiosidades[]

  • Neste episodio é revelado que Musa é moi boa nos estudos.
  • As Trix non aparecen neste episodio.
  • Ninguén se transforma neste episodio.

Galería[]

Advertisement