Wiki Winx Club
Advertisement

A caída das bruxas é o episodio 26 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 26 en total. Estreouse o 26 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Alfea, onde as fadas e os especialistas prepáranse para a batalla. Entón, o Exército da Escuridade coas Trix chegan a Alfea, e empezan a atacar. Faragonda e Griffin fan unha barreira para protexer Alfea do ataque, pero as Trix rómpena e continúan a atacar.

O ataque das fadas e os especialistas parece que é inútil contra as Trix, pero entón aparece Bloom e os seus poderes da Chama do Dragón. Sky tamén volve. As Trix non entenden o que pasa. Bloom ataca Icy, pero ela evita o ataque. Entón todas as Winx únense a Bloom, e comeza unha batalla entre as Trix e as Winx.

O Exército da Escuridade continúa a atacar, mentres Sky e Riven falan do que aconteceu na cidade de Magix. E Brandon axuda Sky e Riven no ataque. Mentres tanto, Bloom e Icy continúan a loitar no ceo de Magix, e as outras Trix loitan contra as outras Winx.

A batalla en Alfea está a ser cada vez máis intensa. As fadas, os especialistas e o tres directores están a loitar contra o Exército da Escuridade. Logo aparece Fonte Vermella destruído, e máis tarde a cidade de Magix. No ceo de Magix, Icy conxela Bloom. E Darcy e Stormy loitan contra as outras Winx.

Un tornado absorbe as Winx, pero as mozas logran que o tornado ataque Darcy e Stormy. Entón Faragonda e Griffin encerran Darcy e Stormy nunha bóla, co que desaparecen algúns monstros do Exército da Escuridade. No bosque de Magix, Bloom consegue liberarse do iceberg e ataca Icy, co que o resto de monstros tamén desaparecen.

Stella vai con Brandon, Tecna con Timmy e Musa con Riven. Entón sae unha luz no ceo, e sae Bloom con Icy inconsciente. Sky achégase a Bloom e os dous bícanse. Na cidade de Magix, todos os habitantes volven á vida. O sol volve saír en toda a dimensión máxica.

Griffin decide que ela e as súas alumnas bruxas teñen que volver a Torre de Nubes, aínda que será difícil que todas as cousas volvan á normalidade. Griffin tamén di que as Trix serán enviadas á prisión que hai no lago Rocha Luz. Knut quere dicir algo a Faragonda, e non se atreve pero logo dio: quere quedar en Alfea. Faragonda e Griffin aceptan.

As Winx din que haberá unha festa. Mirta dille a Lucy que quede con ela en Alfea, pero Lucy non quere. Flora vaise con Mirta. Griffin e Faragonda despídense, e Griffin vaise coas bruxas por un portal cara a Torre de Nubes. As Trix aparecen detidas para seren enviadas á prisión que hai no lago Rocha Luz. Stella di adeus, e entón Peppe vaise con Icy e deixa Kiko.

Pola noite, Faragonda anuncia que haberá unha festa para lembrar a súa vitoria. Logo di que cambiará o concepto de Fada Moderna, e agora esta transformación chamarase “Winx”. Na festa, todos están a celebrar a vitoria. Faragonda di a Saladino que beba unha cervexa, aínda que el non o fixo nunca.

Stella di que vai celebrar “Brandon e Stella”, e di que Brandon non é un príncipe pero a ela non lle importa. Flora di que volverán celebrar algo con Tecna e Timmy. Entón aparecen as ninfas de auga que deixan a escola. Bloom segue preocupada porque continúa a pensar no seu pasado e os seus pais biolóxicos, e Sky di que a apoiará en todo.

Feitos importantes[]

  • Bloom e Sky chegan á batalla final.
  • Bloom loita contra Icy.
  • Stella, Flora, Tecna e Musa loitan cara a cara contra Darcy e Stormy.
  • Stella, Flora, Tecna e Musa gañan Darcy e Stormy.
  • Bloom gaña Icy.
  • Bloom e Sky bícanse.
  • A cidade de Magix é revivida.
  • Griffin e as súas alumnas bruxas volven a Torre de Nubes.
  • Saladino e os especialistas volven a Fonte Vermella e restaurarán a escola.
  • Knut queda en Alfea como asistente.
  • Mirta irá estudar en Alfea.
  • Icy, Darcy e Stormy son enviadas ao lago Rocha Luz e Peppe vai con Icy.
  • Esta é a última aparición de Peppe e das ninfas.
  • Stella e Brandon comezan a ser unha parella.
  • Bloom e Sky comezan a ser unha parella.
  • Tecna e Timmy comezan a ser unha parella.

Curiosidades[]

  • Neste episodio revélase que Kiko pasou a barreira máxica porque ten poderes, e que el é un animal que ten unha relación coa natureza, e é por iso polo que nunha escena aparece el a voar con Peppe.
  • Este é o último episodio da tempada 1.

Galería[]

Advertisement