Wiki Winx Club
Advertisement

O Fénix é revelado é o episodio 26 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 52 en total. Estreouse o 14 de xullo do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no castelo de Lord Darkar, onde as Winx van buscar Lord Darkar e Dark Bloom, e os profesores quedan a loitar contra Kerbog. Os Especialistas están a loitar contra uns monstros, e Sky di aos outros que volvan. Timmy detecta unha nave de Fonte Vermella, coa que viñeron os profesores.

Lord Darkar e Dark Bloom prepáranse, mentres as Winx continúan a loitar contra os monstros. Tecna sepárase do resto, e activa o seu Charmix. Mentres tanto, as Trix fusiónanse nunha criatura chamada Megatrix. Musa e Flora quedan a loitar co seu Charmix, e Stella e Layla continúan a buscar Lord Darkar.

Stella e Layla atópanse cunhas Pixies que poden abrir a porta a Realix con copias do Códice. Tecna reúnese cos Especialistas. Helia envía un paxaro de papel para saber onde están os outros. Para ir a Realix, as Pixies con Stella e Layla teñen que resolver un enigma cunhas cartas de cores, pero Stella resólveo rapidamente por estética.

A entrada é inestable, pero Layla e Stella deciden entrar e atópanse con Lord Darkar e Dark Bloom. Layla e Stella fan unha converxencia, pero non serve. Logo activan o seu Charmix para atacar Lord Darkar e parece que o derrotan, pero o Fénix lanza unha substancia pegañenta para deixar atrapadas ás dúas fadas.

Os Especialistas e as outras Winx chegan, pero Lord Darkar tamén os ataca. Os profesores atacan Kerbog, e Faragonda e Griffin fan un feitizo sobre Codatorta para facelo máis forte e rápido, e el devolve a Kerbog ao seu aspecto de paxaro, e Faragonda e Griffin destrúeno.

Dark Bloom continúa a facer o feitizo, e Lord Darkar ataca Flora e Musa. Riven colócase no medio para salvar Musa. Megatrix aparece, e ataca Lord Darkar. Dark Bloom continúa a facer o feitizo, e Lord Darkar xúntase a ela. Sky tenta falar con Dark Bloom, e empeza a dicirlle que a ama. Pero Sky cae ao chan.

Cando parece que Lord Darkar gañará, Bloom empeza a lembrar as súas aventuras con Sky e de súpeto Bloom usa a súa poder de cura nela e no resto do equipo, e Bloom esperta. Entón veñen os profesores, e todos atacan Lord Darkar. As Winx deciden combinar o Charmix e a converxencia.

Lord Darkar ataca, e entón as profesoras fan unha barreira. As Winx activan os seus Charmix, e logo fan a converxencia. Con este poder, destrúen Lord Darkar, pero todo derrúbase e teñen que volver ás naves. As Trix quedan no castelo.

As fadas e os Especialistas están a facer unha festa pola súa vitoria, e Layla leva Riven con Musa. Mentres tanto, Flora está con Helia e el está a escribir algo. Sky busca Bloom, e ela di que o ouviu cando estaba en transo. E Sky e Bloom bícanse. Entón Timmy chama aos outros para facer unha foto, pero todas quedan tapadas por alguén.

Feitos importantes[]

  • Kerbog, o paxaro de Lord Darkar, é derrotado e destruído.
  • Icy, Darcy e Stormy fusiónanse en Megatrix.
  • Dark Bloom usa todo o seu poder.
  • Sky axuda Bloom a romper o feitizo de Lord Darkar.
  • Lord Darkar é derrotado e destruído.

Curiosidades[]

  • Neste episodio desaparecen Lord Darkar e Dark Bloom.
  • Neste episodio desaparece o Gloomix porque é un poder da dimensión Realmix.
  • Este é o último episodio da tempada 2.

Galería[]

Advertisement